Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37862

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO de convocatoria de postos de persoal laboral temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne realiza a convocatoria selectiva para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de tres técnicos/as para o proxecto 0443_LAN_PYMEXPORT_1_E (REF.PER.-2011/09, REF.PER.-2011/10 e REF.PER.-2011/11), a través do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia n.º 4, San Cibrao das Viñas, Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 16 de decembro de 2011.

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne