Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37863

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral non fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir unha (1) praza mediante contrato de revezamento ao 75% da xornada.

1 praza de mariñeiro/a-concurso-oposición.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, n.º 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, este finalizaría no seguinte día hábil.

Vigo, 2 de decembro de 2011.

Ignacio López-Chaves Castro
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo