Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 23 de novembro de 2011 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea B.M. II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea B.M. II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 24.10.2011, Enrique Sánchez Abalo DNI 76778047-E, na representación da comunidade de herdeiros de Manuela Abalo Outeiral, solicitou autorización para transmisión da concesión da batea B.M. II.

Segundo. O interesado presentou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea, é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG n.º 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG n.º 243 do 15 de decembro), y coa Orde do 25 de novembro de 2009 de delegación de competencias nos xefes das xefaturas territoriais da Consellería do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, por el que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Enrique Sánchez Abalo (76778047E) 1/2 privativa e Ángel Manuel Sánchez Abalo (78780634E) 1/2 privativa, da concesión que se indica a continuación:

Identificación.

Tipo: batea.

Nome: B.M. II.

Ubicación:

Cuadrícula n.º: 168.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 5.11.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Manuela Abalo Outeiral (33112436A) 2/4 privativos, Enrique Sánchez Abalo (76778047E) 1/4 privativa e Ángel Manuel Sánchez Abalo (78780634E) 1/4 privativa.

Novos titulares: Enrique Sánchez Abalo (76778047E) 1/2 privativa e Ángel Manuel Sánchez Abalo (78780634E) 1/2 privativa.

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de novembro de 2011.

P.D. (Orde 25.11.2009; DOG n.º 235, do 1 de decembro)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña