Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2011 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión dun parque de cultivo pola adquisición das accións da sociedade Mar-Casal, S.L. Unipersoal por Rosa María Miras Antel.

Visto o expediente instruído a efectos de transmisión dun parque de cultivo e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 10.5.2011, Rosa María Miras Antel, en representación de Mar-Casal, S.L. Unipersoal, solicitou autorización para a transmisión de titularidade dun parque de cultivo con ocupación de 8.320 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. No expediente consta a seguinte documentación, referida ao resultado da información oficial:

  • Informe técnico da Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña.
  • A Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar (Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño) o 3.6.2011 emite informe favorable sobre a transferencia a Mar-Casal, S.L. (sociedade unipersoal, con accionista única: Rosa María Miras Antel) da concesión administrativa para a ocupación de 8.320 metros cadrados de terreos de dominio público marítimo-terrestre con destino a parque de cultivo de moluscos, sito entre Cadoleira e Furna do Corvo, marxe esquerda do río Anllóns, Candua, Cabana (A Coruña).

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 25 de novembro de 2009 (DOG núm. 235, do 1 de decembro), de delegación de competencias no secretario xeral, nos directores xerais, nos xefes territoriais da Consellería do Mar e no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común e na Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG núm. 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), así como polo disposto no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e a concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mar-Casal, S.L. (CIF B-15213994) (sociedade unipersoal, con accionista única: Rosa María Miras Antel, DNI: 32770388B), da concesión administrativa do parque que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: parque de cultivo.

Localización: entre Cadoleira e Furna do Corvo, marxe esquerda do río Anllóns, Canduas, Cabana (A Coruña).

Especies autorizadas: ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), ostra xaponesa (Crassostrea gigas), ostra plana (Ostrea edulis) e berberecho (Cerastoderma edule).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 20.2.2009 (DOG n.º 89, do 8 de maio).

Remate da vixencia: 9.4.2019.

Actual titular: Mar-Casal, S.L. (CIF: E-15384092 ), sociedade unipersoal, único accionista Fidel Toimil Calza, DNI: 32775919E.

Novo titular: Mar-Casal, S.L. (CIF: E-15384092 ), sociedade unipersoal, única accionista Rosa María Miras Antel, DNI: 32770388B.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

  • Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais.

Segundo. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen se achegar a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 21 de novembro de 2011.

P.D. (Orde 25.11.2009, DOG núm. 235, do 1 de decembro)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña