Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CÉDULA do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de bens incautados do expediente sancionador PESAN1 2011/000302-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución sobre a denegación de devolución de bens incautados do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a continuación está á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000302-5.

Denunciado: Xosé Xulián Ferradas Vilas.

DNI: 53110808-J.

Dirección: lugar de Castrelo n.º 7 B, Cela-Bueu (Pontevedra).

Resolución: denegación de solicitude de devolución de bens incautados.

Vigo, 2 de decembro de 2011.

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo