Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CÉDULA do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2011/000118-2 e PESAN1 2011/000134-2).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a continuación están á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Lugo, avda. Ramón Canosa s/n, 27863 Viveiro.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000118-2.

Denunciado: Carlos Orbe Murias.

DNI: 53764129-L.

Enderezo: r/ Federico García Lorca, 28, 1.º A, Madrid.

Precepto infrinxido: 136.D.1, 137.D.11.

Sanción: 181 euros.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000134-2.

Denunciada: María Jesús Pérez Rodríguez.

DNI: 32781148-F.

Enderezo: Agro da Torna, 36, 6.º H, Foz.

Precepto infrinxido: 137.B. 2.

Sanción: 151 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Xefatura Territorial da Consellería do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Celeiro-Viveiro, 2 de decembro de 2011.

José Vicente Prieto González
Xefe territorial de Lugo