Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37724

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de decembro de 2011 pola que se nomean funcionarios do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado en virtude da Orde do 24 de outubro de 2008.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 28 de outubro de 2008 (DOG n.º 211, do 30 de outubro), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 7 de decembro de 2011 (DOG n.º 238, do 15 de decembro), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 24 de outubro de 2008, de acordo coa puntuación final obtida, e coa elección realizada no acto público que tivo lugar o 16 de decembro de 2011.

Segundo. Para adquiriren a condición de funcionarios/as do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, todos/as os/as aspirantes referidos no punto primeiro deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Grupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

Formación

Observacións

33275771S

Pousa Cobas, Ana María

ICC070000115770037

CU

Inspector de Turismo

22

A2

S. X. de Ordenación do Turismo

Dirección Xeral de Turismo

Santiago de Compostela

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

35303959V

Ferrero González, Felipe Paulino

ICC991000036001306

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos Periféricos

Pontevedra

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

16036847M

Martínez Sieira, Juan Luis

ICC991000015001318

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos Periféricos

A Coruña

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

34967000P

Álvarez Vázquez, M.ª Dolores

ICC991000036001307

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos Periféricos

Pontevedra

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

32818819G

Collazos López, Félix

ICC991000015001317

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos Periféricos

A Coruña

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

44448558T

González Álvarez, Eva Asunción

ICC991000032001310

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial Ourense

Servizos Periféricos

Ourense

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

76939555R

Vázquez Castiñeira, Samuel

ICC991000027001311

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial Lugo

Servizos Periféricos

Lugo

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

35459478X

Acha Landín, Eva María

ICC991000036001309

CU

Inspector de Turismo

22

A2

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos Periféricos

Pontevedra

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial