Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37633

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública dun comercio de ferraxería (clave MAS/293 2011).

Marcos Bello Loureiro, con DNI 32841521-M, presentou un proxecto de reforma para un local en que se pretende establecer unha actividade de ferraxaría, localizada na avenida de Galicia (Cerceda) (clave de expediente MAS/293 2011).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 3 de novembro de 2011.

José García Liñares
Alcalde