Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública dun local para tanatorio e servizos funerarios (clave MAS/273 2011).

José Carlos Ramilo Cancela, actuando en nome e representación de Pompas Fúnebres Ramilo Pallas, S.L, solicitou a esta alcaldía unha licenza municipal de obra e de actividade para a ampliación dunha actividade nun local que se vai destinar a tanatorio e servizos funerarios, localizado na rúa Xaquín Lorenzo núm. 36 baixo (A Silva-Cerceda) (clave de expediente MAS/273 2011).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste Concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideraren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 22 de novembro de 2011.

José García Liñares
Alcalde