Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 167/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación da L.M.T. e C.T. O Castro.

Situación: concello de Sada.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,037 km, con orixe en paso aéreo subterráneo que se vai realizar no apoio n.º 24/1 proxectado para intercalar na L.M.T. SAD-713, tramo na derivada ao C.T. O Castro e final no C.T. O Castro que se vai reformar, en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×95 Al).

Centro de transformación non prefabricado O Castro que se vai reformar, cunha potencia de 250 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de novembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial