Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete á información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Oza dos Ríos (expediente IN407A 160/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación da L.M.T. e o C.T. Oza ponte.

Situación: concello de Oza dos Ríos.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,028 km, con orixe e final en empalmes na L.M.T.S. BEG-706, entre o C.T. Castiñeiro e o C.T. Travesa, realizando entrada e saída no C.T.C. proxectado, en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al).

Centro de transformación non prefabricado Oza ponte, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Proxéctase ademais a reparación da caseta de obra civil, a retirada da porta exterior e realizar un foso de recollida de aceite. Concello de Oza dos Ríos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de novembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial