Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37294

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 13 de decembro de 2011 que modifica a Orde do 11 de maio de 2010 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento do Couto e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.

Por Orde da Consellería do Medio Rural do 11 de maio de 2010 aprobouse o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento do Couto e do seu Consello Regulador, e nomeouse o Consello Regulador provisional.

Por outra parte, na reunión do Pleno do Consello Regulador do 18 de outubro de 2011, aceptouse a renuncia, por motivos persoais, de Santiago Galego Castro como vogal dese consello regulador, así como a súa substitución por Marta Novoa Fernández.

Na súa virtude, por proposta do Pleno do Consello Regulador, tendo en conta as consideracións expostas e o disposto no artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase o artigo 2 da Orde do 11 de maio de 2010, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento do Couto e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador provisional, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 2. Nomeamento do Consello Regulador provisional.

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Pemento do Couto, con carácter provisional ata que se celebren eleccións na forma determinada pola normativa vixente.

Queda formado polos membros seguintes:

Presidente: José Manuel Castro Leirachá.

Vogais:

– Marta Novoa Fernández.

– Juan José Fraga Rico.

– Juan José Pita Casal.

– José Antonio Blanco Montero.

– Juan Fernández Veiga».

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural