Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37296

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 13 de decembro de 2011 que modifica a Orde do 23 de decembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.

Por Orde da Consellería do Medio Rural do 23 de decembro de 2009 aprobouse o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e nomeouse o Consello Regulador provisional. A devandita orde foi modificada posteriormente no seu artigo 2 pola Orde de 30 de abril de 2010 e pola Orde do 19 de outubro de 2010.

Por outra parte, na reunión do Pleno do Consello Regulador do 14 de outubro de 2011, aceptouse a renuncia, por motivos persoais, de Soledad Agra Fernández e Santiago Galego Castro como vogais dese consello regulador, así como a súa substitución por Ana Ledo Fernández e Beatriz Rodríguez Vieira, respectivamente.

Na súa virtude, por proposta do Pleno do Consello Regulador, tendo en conta as consideracións expostas e o disposto no artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase o artigo 2 da Orde do 23 de decembro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador provisional, modificado polas ordes do 30 de abril de 2010 e do 19 de outubro de 2010, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 2. Nomeamento do Consello Regulador provisional.

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia, con carácter provisional ata que se celebren eleccións na forma determinada pola normativa vixente.

Queda formado polos membros seguintes:

Presidente: José Luis Dadín Rivadas.

Vogais polo sector produtor:

-Begoña Gaute Verdes.

-Adalia Fraga Fraga.

-Secundino Oural Sanjurjo.

-Alejandro Dafonte Liste.

-Ana Ledo Fernández.

Vogais polo sector de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco:

-Javier Alvela Edreira.

-José Manuel Fraga Prieto.

-Álvaro Lis Fernández.

-Lorena López Rocha.

-Beatriz Rodríguez Vieira.

Vogais polo sector das industrias de procesamento:

-Divina Castelo Rey.

-Verónica Núñez López.

-Marcos Cid Cid.

-José Pousada González.

-Guillermo Díez Iglesias».

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural