Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37193

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de marzo de 2011 pola que se convocan para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas ao Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG n.º 63, do 30 de marzo de 2011, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 5551, no parágrafo segundo do punto primeiro logo de «RESOLVO:», onde di: «Este programa está cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no tramo da Administración xeral do Estado do Programa operativo Galicia 2007/2013, que corresponde ao eixe E2, tema prioritario 2.09, actuación Programa Innoempresa», debe dicir: «Este programa está cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no tramo da Administración xeral do Estado do Programa operativo Galicia 2007/2013, que corresponde ao eixe E2, tema prioritario 2.09, actuación Programa Innoempresa, ou ben, dependendo do orzamento dispoñible para a súa execución, polo tramo da Administración autonómica do Programa operativo Galicia 2007/2013, que corresponde ao eixe E2, tema prioritario 2.09, actuación 5».