Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de novembro de 2011 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/91/2010.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta a notificación persoal polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo do destinatario, publícase o emprazamento a Francisco Correa Rodríguez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/91/2010, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, que se levan a cabo no lugar de Randín, no termo municipal de Calvos de Randín, provincia de Ourense.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística