Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37201

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 25 de novembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 20 de setembro de 2011.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 20 de setembro de 2011 (DOG n.º 197, do 14 de outubro), de conformidade co disposto no artigo 29.2.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4.º do referido decreto lexislativo, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria, anunciada pola Orde do 20 de setembro de 2011 (DOG n.º 197, do 14 de outubro).

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se se trata da mesma localidade en que presta os seus servizos a funcionaria, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á funcionaria; nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A persoa titular do departamento de persoal en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Crespo González, Natalia.

NRP: 3275495524A 2069.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de químicos.

Denominación do posto: directora coordinadora do Laboratorio.

Código do posto: ICA010020015001001.

Nivel: 28.

Dependencia: Laboratorio de Consumo de Galicia.

Localidade: A Coruña.