Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37200

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 5 de decembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada interposto por Silvia Iglesias González.

Con data do 16 de novembro de 2011 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se desestima o recurso alzada formulado por Silvia Iglesias González contra a Resolución do 22 de setembro de 2011, do tribunal nomeado pola Orde do 4 de setembro de 2009 (DOG núm. 179, do 11 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, pola que se dá publicidade da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 189, do 3 de outubro) e a petición de suspensión de execución da resolución impugnada.

Tras os dous intentos de notificación da citada resolución realizada polo servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo, por estar ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Silvia Iglesias González a resolución antes referida.

A recorrente pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3.º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública