Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37121

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (840/2009).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 840/2009 por instancia de Elisabet Maceiras Quintela e Margarita Franco Lago contra Rubén Rodríguez Blanco (Café Bar A Gavota) sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 4.10.2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por instancia de Elisabeth Maceiras Quintela, que comparece representada polo letrado Miguel A. Nouche Ferreiro e, doutra, como demandado, Rubén Rodríguez Blanco (Café Bar A Gavota), o cal comparece persoalmente e sen asistencia letrada, condeno a empresa demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.304,16 euros co 10% de xuro por mora.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado e a consignación da suma de 150,25 euros preceptivos para interpoñer recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rubén Rodríguez Blanco (Café Bar A Gavota), expido e asino este edicto na Coruña, o 25 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial