Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37117

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (44/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Quintín Martínez González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Mutua Fremap, Nalco Española, S.A., Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), en reclamación por seguridade social, rexistrado co número 44/2009, acordouse notificar a Nalco Española, S.A., en ignorado paradoiro, as partes dispositivas dos autos de 8.8.2011 e 16.11.2011, cuxos contidos son os seguintes:

Parte dispositiva, auto do 8.8.2011.

Que rectifico o erro material que contén a parte dispositiva da sentenza, en canto que esta di:

«Que estimo a demanda presentada por Quintín Martínez González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a mercantil Nalco Española, S.A., declarando o dereito do demandante a percibir unha pensión de viuvez do 52% sobre unha base reguladora de 2.234,66 euros, en catorce pagas anuais, con efectos desde o 31.10.2006, cos aumentos, melloras e revalorizacións que legalmente procedan, e condeno as demandadas a estar e pasar por tal declaración, e o INSS a anticipar as ditas prestacións, todo iso sen prexuízo do seu dereito a repetir contra a empresa demandada como responsable empresarial, e con responsabilidade subsidiaria da TXSS, en canto ás cotizacións».

Debe quedar redactada da seguinte forma:

«Que estimo a demanda presentada por Quintín Martínez González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a mercantil Nalco Española, S.A., declarando o dereito do demandante a percibir unha pensión de viuvez do 52% sobre unha base reguladora de 2.234,66 euros, en doce pagas anuais, con efectos desde o 31.10.2006, cos aumentos, melloras e revalorizacións que legalmente procedan, e condeno as demandadas a estar e pasar por tal declaración, e a Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, a anticipar as ditas prestacións, todo iso sen prexuízo do seu dereito a repetir contra a empresa demandada como responsable empresarial, e con responsabilidade subsidiaria da TXSS, en canto ás cotizacións».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que, pode impoñerse recurso contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes deste auto.

Así o acordo, mando e asino, M.ª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Parte dispositiva, auto do 16.11.2011.

Que rectifico o erro material que contén a parte dispositiva da sentenza, en canto que esta di:

«Que estimo a demanda presentada por Quintín Martínez González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a mercantil Nalco Española, S.A., declarando o dereito do demandante a percibir unha pensión de viuvez do 52% sobre unha base reguladora de 2.234,66 euros, en catorce pagas anuais, con efectos desde o 31.10.2006, cos aumentos, melloras e revalorizacións que legalmente procedan, e condeno as demandadas a estar e pasar por tal declaración, e o INSS a anticipar as ditas prestacións, todo iso sen prexuízo do seu dereito a repetir contra a empresa demandada como responsable empresarial, e con responsabilidade subsidiaria da TXSS, en canto ás cotizacións».

Debe quedar redactada da seguinte forma:

“Que estimo a demanda presentada por Quintín Martínez González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a mercantil Nalco Española, S.A., declarando o dereito do demandante a percibir unha pensión de viuvez do 52% sobre unha base reguladora de 2.234,66 euros, en doce pagas anuais, con efectos desde o 31.10.2006, cos aumentos, melloras e revalorizacións que legalmente procedan, e condeno as demandadas a estar e pasar por tal declaración, e a Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, a anticipar as ditas prestacións, todo iso sen prexuízo do seu dereito a repetir contra a empresa demandada como responsable empresarial, e con responsabilidade subsidiaria da TXSS, en canto ás cotizacións».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que, pode impoñerse recurso contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes deste auto.

Así o acordo, mando e asino, M.ª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de citación a Nalco Española, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 25 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial