Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37115

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (714/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Oliva Lage Ferreiro contra Limpiezas Blancomar, S.L., Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., Lardy Ibérica de Servicios, S.A., empresa Eduardo Pujades Baña, Limpiezas Sor Mallos, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 714/2008, acordouse notificar a Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., Lardy Ibérica de Servicios, S.A., e Limpiezas Sor Mallos, S.L., en ignorado paradoiro, o ditame da sentenza recaída cuxo contido é o seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Oliva Lage Ferreiro debo declarar que a antigüidade da demandante é de 5.7.1991 e debo condenar e condeno a empresa Limpiezas Blancomar, S.L., a que lle aboe á demandante a cantidade de 463,40 euros polos conceptos reclamados en demanda, con absolución de entidades Inversiones Servicur, S.L., Lardy Ibérica de Servicios, S.A., Limpiezas Sor Mallos, S.L., e Eduardo Pujades Baña.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de citación a Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., Lardy Ibérica de Servicios, S.A., e Limpiezas Sor Mallos, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 23 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial