Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37112

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (168/2011).

Yolanda María Fernández Rodiño, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 do Porriño, fai saber que no xuízo ordinario 168/2011, seguido neste xulgado por instancia de Nuria Rajo Martínez contra Inversiones Dogalvi, S.R.L., se ditou a resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Vistos por min, Patricia López Arranz, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, os presentes autos de xuízo ordinario promovido pola procuradora Mercedes de Miguel González, en nome e representación de Nuria Rajo Martínez, coa asistencia da letrada Patricia Ramilo Cabral, contra Inversiones Dogalvi, S.R.L. (rebelde), procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar e admito parcialmente a demanda presentada pola procuradora Mercedes de Miguel González, en nome e representación de Nuria Rajo Martínez, declarando resolto o contrato de compravenda no que atinxe á praza de garaxe e condenando a Inversiones Dogalvi, S.R.L. a estar e pasar por esta declaración e a aboar á demandante a cantidade de 29.430 euros, máis os xuros legais desde a data de notificación da demanda, incrementados en dous puntos desde a data da sentenza.

Sen especial condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de 5 días desde o seguinte ao da súa notificación, debendo prepararse ante este xulgado, logo de depósito da cantidade correspondente na Conta de Depósitos e Consignacións.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

O Porriño, 2 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial