Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (777/2009).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 777/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fátima Martínez Bouzón contra a empresa María Luz Tato Formoso, Corpiño Téxtil, S.L., sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que, estimando a demanda formulada por Fátima Martínez Bouzón contra as empresas María Luz Tato Formoso e Corpiño Textil, S.L., condénoas a aboarlle a cantidade de 4.259,46 € que lle deben e os xuros conforme o artigo 29.3 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou seu habente-causa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta no Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.65.0777.09 e demostralo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co núm. 1533.0000.60.0777.09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificacion en legal forma a María Luz Tato Formoso, Corpiño Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 23 de novembro de 2011.

O secretario xudicial