Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36905

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña

EDICTO (524/2010-C).

Lourdes Villegas Castrillo, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, fai saber que neste xulgado e co n.º 524/2010-C se seguen autos de xuízo ordinario, entre as partes que logo se dirá, nos cales se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na Coruña o dezaseis de xuño de dous mil once.

Vistos por Eduardo Fernández-Cid Tremoya, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, os autos de xuízo ordinario n.º 524/2010-C, seguidos por instancia da entidade mercantil M. Pouso, S.L., con CIF n.º B-15134828 e domiciliada na r/ Enrique Dequidt Hevia, n.º 15, local 28, da Coruña, representada pola procuradora dos tribunais Mar Penas Francos e baixo a dirección letrada de Jorge Juan Souto Mariñas, contra a entidade Sondeos y Voladuras, S.L., con CIF n.º B-36436350 e domicilio en r/ San Pedro de Alcántara, n.º 8-2. º B, de Pontevedra, en situación procesual de rebeldía, e contra EDAR Bens, UTE, con domicilio na r/ Punta de Burro, s/n, Bens, A Coruña, representada polo procurador dos tribunais Javier Carlos Sánchez García e baixo a dirección letrada de José A. Fernández Martínez; a litis versa sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo aceptar a demanda interposta pola representación procesual de M. Pouso, S.L. fronte a Sondeos y Voladuras, S.L., condenándoa ao pagamento da cantidade de 12.662,35 €, IVE incluído, co xuro legal desde o 30 de decembro de 2008, e os xuros procesuais desde esta resolución ata o completo pagamento, con expresa imposición á demandada vencida das custas procesuais causadas.

Igualmente, debo absolver a EDAR Bens, UTE das pretensións deducidas de adverso, con expresa imposición á demandante das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interporá ante este xulgado, perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días conforme dispón o artigo 457 da Lei de axuizamento civil. Fágaselle saber á parte recorrente que co escrito de preparación deberá acreditar ter consignado na conta deste xulgado o importe de 50 euros en concepto de depósito, baixo apercibimento de que, de non o facer, se dará por non preparado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, que será arquivada no libro de autos e sentenzas deste xulgado e da cal se levará testemuño aos autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Eduardo Fernández-Cid Tremoya».

E para que conste, e lle sirva de notificación da anterior sentenza á entidade Sondeos y Voladuras, S.L., en rebeldía e paradoiro ignorado, expido e asino este edicto, na Coruña o dezaseis de xuño de dous mil once.

A secretaria xudicial