Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36903

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (864/2008-S).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 864/2008-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 352/2006 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra promovidos por María Jesús Iglesias Rosales contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a Pastelería Evosger, S.L., sobre accidente, con data do 15 de novembro de 2011 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Fallamos.

Que desestimando o recurso de suplicación formulado pola representación procesual de María Jesús Iglesias Rosales, contra a sentenza do vinte e un de decembro de dous mil sete, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, no proceso promovido pola recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega e a Pastelería Evosger, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na conta desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Una vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Pastelería Evosger, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Ramón y Cajal n.º 16 de Vilagarcía de Arousa, expido e asino este edicto na Coruña, 15 de novembro de 2011.

O/A secretario/a xudicial
Rubricado