Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36665

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (94/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 94/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Máximo Reyero Fernández contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Máximo Reyero Fernández, con DNI 10187973 P contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., debo declarar e declaro haber lugar a ela e condeno a entidade demandada a aboar ao demandante a suma de 2.372,41 € polos conceptos reclamados.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. Se a empresa demandada for recorrente, deberá demostrar, mediante a exhibición ante este xulgado do comprobante, ter depositado a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado, aberta no Banesto. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Débese tamén depositar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 150 euros, preceptivos para recorrer, sen o cal non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Na Coruña o catorce de novembro de dous mil once.

El secretario xudicial