Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2011 Páx. 34194

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de novembro de 2011 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes ás prórrogas dos programas María Barbeito (nova adxudicación do ano 2009), Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2008) e Isabel Barreto (nova adxudicación do ano 2009), ao abeiro das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2011, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria.

Mediante o Decreto 89/2011, do 31 de marzo, que modifica o Decreto 332/2009, do 11 de xuño, de establecemento da estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Decreto 324/2009, do 11 de xuño, de establecemento da estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria transfírenselle á Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria diversas competencias en materia de investigación universitaria.

O Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) recollía o Programa de recursos humanos (RHS), que ten o propósito de definir unha carreira científica que posibilite a formación e consolidación dos investigadores e investigadoras, e lles permita a integración estable dentro do sistema galego de I+D+i. Aínda que o devandito Plan xa non está en vigor, recollíase a posibilidade de convocar as prórrogas dos programas María Barbeito para as concesións de 2009, Isidro Parga Pondal para as concesións de 2008 e Isabel Barreto para as concesións de 2009.

Esta convocatoria quere, ademais, contribuír a reducir o desequilibrio entre homes e mulleres dedicados á investigación no Sistema Universitario de Galicia, en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre homes e mulleres que recolle o artigo 1 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de homes e mulleres. Por iso, as axudas que se regulan nesta convocatoria terán en consideración o peso relativo das mulleres nas propostas presentadas, de xeito que se potencie o seu número e a calidade do seu traballo.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria.

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas das prórrogas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Secretaría Xeral de Universidades, correspondentes a diversas accións de formación e incorporación de investigadores e tecnólogos, do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010), e se procede a convocar as axudas das prórrogas correspondentes aos seguintes programas:

a) Programa María Barbeito, de axudas a contratos predoutorais de formación en universidades do SUG concedidos en 2009 (anexo I).

b) Programa Isidro Parga Pondal, de axudas a contratación de doutores en universidades do SUG concedidos en 2008 (anexo II).

c) Programa Isabel Barreto, de axudas a incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D en universidades do SUG concedidos en 2009 (anexo III).

Artigo 2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas desta convocatoria as universidades do SUG que prorroguen os contratos aos candidatos e candidatas seleccionados, a través dun contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o/a candidato/a seleccionado/a quedará vinculado/a á universidade onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

Unicamente poderán prorrogarse os contratos que se subcribisen ao amparo dos seguintes programas:

a) Programa María Barbeito: as persoas que así o soliciten, con contrato vixente ao abeiro do programa María Barbeito, nova adxudicación do ano 2009.

b) Programa Isidro Parga Pondal: as persoas que así o soliciten, con contrato vixente ao abeiro do programa Isidro Parga Pondal, nova adxudicación do ano 2008.

c) Programa Isabel Barreto: as persoas que así o soliciten, con contrato vixente ao abeiro do programa Isabel Barreto, nova adxudicación do ano 2009.

Artigo 3. Conceptos subvencionables.

Os importes das axudas só poderán ir destinados ao financiamento das prórrogas dos contratos dos programas referidos no artigo 2 desta orde, incluíndo os seus custos sociais. En ningún caso serán exixibles á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

Nos contratos deberá facerse referencia expresa a:

a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa María Barbeito, Isidro Parga Pondal ou Isabel Barreto, segundo corresponda, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e, de ser o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) Data de incorporación efectiva do contratado ao seu posto de traballo.

c) A retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do contratado e a duración do contrato.

En todo caso respectaranse as condicións da Orde TIN/72965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, durante o período de programación 2007-2013, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

Artigo 4. Formalización e presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG.

As solicitudes axustaranse aos modelos oficiais que se achegan nos anexos IV, V e VI desta orde, que están ao dispor dos interesados na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades), e presentaranse no rexistro único da Xunta de Galicia ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a presentación de instancias. Se no uso deste dereito, a solicitude é remitida por correo, presentarase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de que proceda á súa certificación.

As solicitudes desta convocatoria poderán presentarse tamén nos rexistros das universidades do Sistema Universitario de Galicia. Estes rexistros deberán remitir as solicitudes á Secretaría Xeral de Universidades no prazo dos tres días seguintes ao da súa recepción, de acordo co establecido na Resolución do 25 de xuño de 2007 (DOG do 3 de xullo), da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración entre esta consellería e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo en materia de rexistros administrativos.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas ou polos seus organismos ou sociedades, consonte o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

b) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Consentimento expreso á Administración para incluír e facer públicos, nos rexistros regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas. A reserva que puidera facer o peticionario no senso de non autorizar a obtención dos datos ou a publicidade dos datos nos rexistros, que en todo caso terá que se expresar, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou a revogación do acto de outorgamento.

d) Documentación que se indique no anexo desta orde correspondente á axuda que se solicita.

De conformidade co artigo 13.4.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e contratados e da súa publicación na citada páxina web.

De conformidade co artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación das solicitudes comportará a autorización do solicitante ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, polo que queda liberado o solicitante de achegar a correspondente certificación.

Artigo 5. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades.

Os servizos da Secretaría Xeral de Universidades comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es/

Esta lista estará exposta por un período de 10 días naturais, os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que o interesado desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

Artigo 6. Avaliación e selección.

A selección dos contratados realizarase a partir da avaliación obtida pola aplicación dos criterios establecidos en cada un dos anexos desta orde.

A avaliación farase chegar á comisión de selección, que elaborará a proposta de resolución de acordo coas bases da convocatoria e a dispoñibilidade de recursos.

A Comisión de Selección estará constituída por sete membros:

– O titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en que delegue, que actuará como presidente da comisión.

– Serán vogais da Comisión:

O/a subdirector/a xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades.

Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas polo presidente da comisión de selección.

Un/unha subdirector/a xeral de Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria.

Un/unha xefe/a do servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da comisión.

Artigo 7. Resolución.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle ao titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A comisión de selección elevará a proposta de resolución, que incluirá a relación de candidatos seleccionados, ao titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Todas as solicitudes serán resoltas no prazo máximo de 6 meses, contados desde a publicación da presente orde. A non resolución en prazo faculta os interesados para entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co previsto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución expresa ou presunta que poña fin á vía administrativa poderá ser impugnada polos interesados mediante recurso potestativo de reposición ante o titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Os asinantes das solicitudes denegadas ou desestimadas poderán recuperar a documentación presentada, no prazo dun ano a partir da publicación da concesión das axudas no Diario Oficial de Galicia. Pasado ese prazo, aquela documentación que non fora recollida será destruída, agás a que fose obxecto de recurso.

A aceptación da axuda supón a publicación na lista de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) n.º 1828/2006, da Comisión Europea.

Artigo 8. Libramento da subvención.

As universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para proceder ao libramento das axudas.

Para o libramento dos fondos as universidades remitirán a documentación que a seguir se indica:

• No caso da prórroga do programa María Barbeito, da nova adxudicación do ano 2009:

– Copia cotexada dos contratos asinados ou do documento acreditativo da sinatura da prórroga, no prazo dun mes contado desde a publicación da resolución de concesión da prórroga.

– Na data límite do 10 de agosto de 2012 copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos contratados, correspondentes a toda a duración da prórroga.

• No caso da prórroga do programa Isidro Parga Pondal, da nova adxudicación do ano 2008:

– Copia cotexada dos contratos asinados ou do documento acreditativo da sinatura da prórroga, no prazo dun mes contado desde a publicación da resolución de concesión da prórroga.

– Na data límite do 10 de agosto, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos contratados correspondentes ao mes de decembro do ano 2011 e ás mensualidades de xaneiro a xuño de 2012, ambos os meses incluídos.

– Na data límite do 30 de decembro de 2012, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ás mensualidades de xullo a novembro de 2012, ambos meses incluídos.

– Na data límite do 10 de agosto de 2013, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ás mensualidades desde decembro de 2012 a xuño de 2013.

– Na data límite do 30 de decembro de 2013, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ás mensualidades de xullo a novembro de 2013, ambos meses incluídos.

– Na data límite do 10 de febreiro de 2014, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ás mensualidades pendentes ata a finalización do contrato.

• No caso da prórroga do Programa Isabel Barreto, da nova adxudicación do ano 2009.

– Copia cotexada dos contratos asinados ou do documento acreditativo da sinatura da prórroga, no prazo dun mes contado desde a publicación da resolución de concesión da prórroga.

– Na data límite do 10 de agosto de 2012, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ao primeiro semestre do ano 2012.

–Na data límite do 30 de decembro de 2012, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ás mensualidades de xullo a novembro de 2012, ambos os meses incluídos.

– Na data límite do 10 de agosto de 2013, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ás mensualidades desde decembro de 2012 a xuño 2013.

– Na data límite do 30 de decembro de 2013, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ás mensualidades de xullo a novembro de 2013, ambos os meses incluídos.

– Na data límite do 10 de febreiro de 2014, copia de nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ás mensualidades pendentes ata a finalización dos contratos.

O cofinanciamento co Fondo Social Europeo (FSE) implica que os perceptores dos fondos deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Achegar copia do contrato, nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos contratados.

b) Manter unha separación contable adecuada dos gastos da subvención que facilite a pista de auditoría, así como conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do Programa operativo 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006, do Consello.

c) Cumprir as obrigas de información e publicidade establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 e comunicar aos contratados o cofinanciamento polo FSE do custo subvencionado do contrato.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Para efectuar o último pagamento, o contratado presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 9. Modificación da resolución de concesión de axudas, renuncias e réxime de concorrencia.

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais.

As axudas concedidas serán compatibles con outras axudas ou subvencións, de acordo co establecido na normativa aplicable. Esta compatibilidade estará limitada nos seguintes casos:

a) Cando o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concordancia con outras, supere o custo elixible da actividade subvencionada. Por iso, cando o beneficiario reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá poñelo en coñecemento da Secretaría Xeral de Universidades.

b) Cando o beneficiario teña concedida outra axuda desta consellería para a mesma actividade.

c) Cando o beneficiario teña concedida outra axuda para a mesma actividade ao abeiro das convocatorias da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, salvo a correspondente a estas prórrogas.

d) Cando o beneficiario teña concedida outra axuda na cal os mesmos gastos sexan cofinanciados por fondos procedentes do mesmo ou outro instrumento financeiro comunitario.

No caso de que a persoa contratada renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, a renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixido ao secretario xeral de Universidades, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se produza. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación da universidade, ou cargo equivalente.

Se a comunicación da renuncia se efectuase con posterioridade ao prazo mínimo citado na alínea anterior, descontarase a mensualidade completa correspondente á data en que debería ter realizada a comunicación escrita da renuncia ou, de ser o caso, as mensualidades completas se a renuncia tivera que terse realizado no mes ou meses anteriores. Se xa estivesen realizados os pagamentos, procederá a súa devolución, así como, á dos xuros de demora xerados.

Artigo 10. Incumprimento, reintegros e sancións.

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 11. Control.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. En particular, as universidades perceptoras das axudas desta convocatoria deberán remitir, no prazo de seis meses contado desde a data límite de xustificación da última anualidade, coa finalidade de comprobar o impacto das axudas concedidas, a seguinte documentación:

• No caso da prórroga do Programa María Barbeito, nova adxudicación 2009:

As universidades enviarán unha relación de contratados con cargo ao programa que realizaron a lectura da tese e a data desta, así como dos que a teñen pendente e dos que abandonaron, con indicación da causa da non lectura desta.

• No caso da prórroga do Programa Isidro Parga Pondal, nova adxudicación 2008:

As universidades enviarán unha breve explicación do traballo realizado por cada contratado, indicando o grupo, departamento e facultade a que está adscrito e a situación laboral en que queda ao remate do contrato.

Unha vez finalizado o contrato Isidro Parga Pondal, os contratados serán sometidos a unha avaliación para conceder a acreditación previa á estabilización nos termos que regulamentariamente se determinen. A documentación utilizada para tal acreditación será a que acheguen coa solicitude desta prórroga, máis a documentación complementaria que se achegue no prazo que se estableza ao remate desta prórroga.

• Para a prórroga do Programa Isabel Barreto, nova adxudicación 2009:

As universidades enviarán unha breve explicación do traballo desenvolvido por cada contratado e a situación laboral en que quedan tras a súa finalización.

2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos autonómicos, estatais e europeos con funcións de control sobre os fondos de cohesión e, en particular, de FSE.

Artigo 12. Dotación orzamentaria.

As axudas imputaranse á aplicación orzamentaria 09.02.561B.444.0 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 e anos sucesivos, en que existe crédito axeitado e suficiente, coa seguinte distribución entre modalidades e por anos:

Programa

N.º prazas

Crédito (en euros)

2011

2012

2013

2014

Prórroga María Barbeito, NA.2009

66

5.124,30

635.669,70

0

0

Prórroga Isidro Parga Pondal, NA 2008

20

4.560,00

627.000,00

684.000,00

52.440,00

Prórroga Isabel Barreto, NA. 2009

29

0

745.433,33

813.200,00

67.766,67

Total

9.684,30

2.008.103,03

1.497.200,00

120.206,67

As axudas concedidas poderán ser financiadas polo FSE, no eixo 3, tema prioritario 74, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80%.

Polo tanto, as universidades beneficiarias destas axudas deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) n.º 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) n.º 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

En virtude do R.D. 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para redución do déficit público e que desenvolve para o ámbito galego a Lei 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a Lei 9/2009, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, as contías do conxunto das axudas recollidas nesta orde de convocatoria experimentan unha redución do 5% en termos anuais, respecto ás que se estableceron para cada programa na súa orixinaria orde de convocatoria.

Disposición derradeira primeira.

Esta orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde poderá ser recorrida mediante recurso potestativo de reposición perante o titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Prórrogas do Programa María Barbeito, nova adxudicación do ano 2009

1. Requisitos dos destinatarios das axudas.

Poderán ser destinatarios das axudas desta convocatoria aquelas persoas que teñan un contrato predoutoral de formación de doutores nas universidades do SUG do Programa María Barbeito de 2009, adxudicadas pola Resolución do 31 de decembro de 2009 (DOG do 15 de xaneiro de 2010), que na data de peche desta convocatoria se encontren en activo no dito programa e non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. Duración das axudas.

A duración das axudas será dun máximo de 6 meses a partir da data que se indique na resolución de adxudicación, e sempre que os seus destinatarios non rematasen a súa tese de doutoramento.

3. Dotación e número.

O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 66.

A axuda concedida para cada contrato será de 19.418 € anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais. Se a universidade perceptora dos fondos formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 19.418 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

4. Formalización das solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse no prazo e forma sinalada no artigo 4 desta convocatoria, xunto coa seguinte documentación:

a) Memoria (extensión de 800-1.200 palabras), do estado actual do proxecto de tese do destinatario da axuda. A memoria deberá estar asinada e contar co visto e prace do director do proxecto de investigación.

b) Certificación (en papel oficial e co selo do correspondente departamento) do director da tese en que conste que esta non está rematada e se atopa en avanzado estado de execución.

c) As declaracións a que se refire o artigo 4, letras a), b) e c) desta convocatoria.

5. Avaliación e selección dos destinatarios das axudas.

A selección será realizada nos termos establecidos no artigo 6 desta convocatoria, e será necesario, para que o candidato sexa seleccionado, que a comisión de selección outorgue a calificación de «apto» á actividade realizada, segundo a memoria a que se fai referencia no número anterior deste anexo. A calificación de «apto» será concedida a aqueles candidatos que amosen un avance significativo no seu traballo de tese.

6. Formalización das prórrogas dos contratos e pagamento das axudas.

Publicada a resolución no DOG, as universidades beneficiarias procederán á contratación dos destinatarios das axudas mediante a formalización de contratos de traballo en prácticas ou, na súa falta, de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. O pagamento das axudas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ás universidades beneficiarias realizarase nun único pagamento, correspondentes aos 6 meses de contrato no ano 2012, unha vez presentada a documentación xustificativa establecida no artigo 8 da convocatoria.

7. Condicións de aproveitamento.

As axudas son incompatibles coa realización, por parte dos seus destinatarios, doutro traballo remunerado ou do aproveitamento doutras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

No momento en que algún dos contratados con cargo a estas axudas realice a lectura da súa tese de doutoramento, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Universidades; se o escrito vén acompañado dun informe do director da tese, dando conta de que o doutorando participa noutras tarefas de investigación do grupo, poderase autorizar, por parte da Secretaría Xeral de Universidades, a continuación do aproveitamento da axuda ata o remate do período para o cal se lle concedeu, sempre que as disposicións legais e as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan.

8. Obrigas dos contratados.

Ademais das obrigas de carácter xeral que se sinalan no artigo 6 do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, os contratados con cargo a estas axudas terán as seguintes obrigas:

a) As universidades beneficiarias poderán adscribir aos destinatarios das axudas, a petición dos mesmos, ata un máximo de 20 horas durante a prórroga, á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias non superiores neste caso a 3 horas, logo da conformidade, entre o director do traballo e o departamento implicado.

b) A universidade beneficiaria está obrigada a notificarlle á Secretaría Xeral de Universidades a data de defensa da tese e a cualificación obtida polo destinatario da axuda. No suposto de que non realice a defensa da tese, deberá notificarllo igualmente á Secretaría Xeral de Universidades indicando as causas que motivaron tal circunstancia.

9. Obrigas das universidades de acollida.

Ao abeiro do artigo 7 do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do persoal investigador en formación, son obrigas xerais das universidades de adscrición do persoal investigador en formación, ser prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resulten precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Designar un titor, co grao de doutor, para a coordinación e orientación da actividade dos contratados.

d) Velar polo adecuado desenvolvemento do programa de formación do contratado, sen que se lle poida exixir a realización de calquera outra actividade que non estea relacionada co desenvolvemento da súa investigación ou da formación específica requirida por esta, durante o seu transcurso. Non obstante, o persoal investigador en formación con contrato que desenvolva a súa actividade nunha universidade poderá colaborar en tarefas docentes, dentro dos límites establecidos nestas bases, sen que en ningún caso se poida desvirtuar a finalidade investigadora e formativa das axudas. En todo caso, non se lle poderán atribuír obrigas docentes superiores a 20 horas anuais.

e) Permitir a súa integración nos departamentos en que leven a cabo a súa investigación. As universidades onde se integren os contratos María Barbeito estarán obrigadas a garantirlles os dereitos e prestacións de que desfruta o persoal da universidade de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

ANEXO II
Prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal, nova adxudicación do ano 2008

1. Requisitos dos destinatarios das axudas.

Poderán ser destinatarios das axudas desta convocatoria aqueles doutores que, na data de peche desta convocatoria, teñan en vigor un contrato das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal de 2008, adxudicadas pola Resolución do 5 de decembro de 2008 (DOG do 18 de decembro).

2. Duración das axudas.

A duración das prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal será dun máximo de dous anos. Os contratos establecidos ao abeiro das ditas axudas terán a mesma duración máxima, e desenvolveranse nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, que terán que ser entre o 29 de decembro de 2011 e o 28 de decembro de 2013.

3. Dotación e número das axudas.

3.1. O número máximo de prórrogas que se poderán outorgar será de 20.

3.2. A axuda concedida para cada contrato será de 34.200 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais. Se a entidade perceptora dos fondos formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 34.200 euros anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

3.3. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na data que se indique na resolución desta convocatoria, que non será anterior ao 29 de decembro de 2011.

4. Formalización de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse no prazo e forma sinalada no artigo 4 desta convocatoria, xunto coa seguinte documentación:

4.1. Currículo actualizado do destinatario da axuda no modelo normalizado en soporte CD ou similar (formato pdf), acompañado dos documentos xustificativos (copia cotexada) dos méritos alegados no currículo que se obtivesen durante o contrato Parga Pondal. As copias de publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos, etc., deberán incluírse no soporte CD ou similar.

4.2. Memoria (extensión de 1.000-2.000 palabras), asinada polo destinatario da axuda, relativa á actividade investigadora desenvolvida nos anos que foi contratado no Programa Parga Pondal. Nela deberase facer fincapé expreso nos seguintes aspectos:

a) Achegas en forma de artigos orixinais, libros ou capítulos de libro, sobre todo naquelas achegas en que o solicitante sexa responsable do traballo ou principal executor. Deberase facer unha breve recensión (de non máis de 500 palabras) da relevancia das achegas deste punto.

b) Capacidade do destinatario da axuda para liderar grupos de investigación, liñas de traballo ou de obter financiamento en convocatorias públicas competitivas das administracións públicas ou de entidades privadas sen ánimo de lucro, sinalando ademais os resultados do grupo investigador que dirixe.

c) Patentes en explotación, destacando especialmente a extensión da protección da patente nacional, europea ou polo Tratado de Cooperación de Patentes (PCT).

d) Actividade formativa do destinatario da axuda, especialmente a relacionada coa formación de doutores e a dirección de teses de doutoramento.

4.3. Plan de traballo (cunha extensión de 1.200-2.000 palabras e asinado polo interesado) das actividades académico-investigadoras que o solicitante propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato.

4.4. As declaracións a que se refire o artigo 4, letras a), b) e c) desta convocatoria.

5. Avaliación e selección das solicitudes.

A avaliación e selección a que fai referencia o artigo 6 desta convocatoria será realizada por expertos externos ao Sistema Universitario de Galicia, coa colaboración da ACSUG, a partir da documentación indicada nos puntos 5.1, 5.2 e 5.3 deste anexo. Os avaliadores darán a cualificación de apto aos destinatarios das axudas que obteñan unha puntuación superior a 60 puntos, de acordo cos criterios que se recollen na seguinte táboa:

Criterio

Puntuación máxima

Artigos orixinais, libros ou capítulos de libro

15

Capacidade do solicitante para liderar grupos de investigación, liñas de traballo ou de obter financiamento en convocatorias públicas competitivas, sinalando ademais os resultados do grupo investigador que dirixe

20

Patentes en explotación

15

Actividade formativa do solicitante, especialmente a relacionada coa formación de doutores e a dirección de teses de doutoramento

15

Plan de traballo que o solicitante propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato

30

Outras melloras no currículo do solicitante durante os últimos tres anos

5

6. Formalización das prórrogas dos contratos e pagamento das axudas.

Publicada a resolución no DOG, as universidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados mediante a formalización de contratos laborais, de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

O pagamento das axudas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ás universidades perceptoras dos fondos realizarase segundo o disposto no artigo 8 desta orde.

7. Condicións de aproveitamento.

As axudas son incompatibles coa realización, por parte dos seus destinatarios, doutro traballo remunerado ou do aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación.

8. Interrupcións.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas desta prórroga do Programa Isidro Parga Pondal estará suxeito ao establecido na lexislación vixente. Calquera interrupción dos seus contratos debe ser previamente comunicada e autorizada pola Secretaría Xeral de Universidades.

9. Obrigas dos candidatos contratados.

Os candidatos seleccionados e contratados mediante as axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal teñen as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) As universidades beneficiarias poderán adscribir os destinatarios das axudas, baixo petición destes, para prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

10. Obrigas das universidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador contratado ao abeiro das axudas desta anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Proporcionarlles o apoio necesario e facilitarlles a utilización dos medios, instrumentos ou equipos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Isidro Parga Pondal estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

d) No caso do persoal investigador contratado ao abeiro do disposto nesta orde, que desenvolva a súa actividade nunha universidade, permitirlle prestar, por petición propia, colaboracións complementarias, tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de 120 horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a devandita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

ANEXO III
Prórrogas do Programa Isabel Barreto, nova adxudicación do ano 2009

1. Requisitos dos destinatarios das axudas.

Poderán ser destinatarias das axudas desta convocatoria aquelas persoas nas universidades do SUG que teñan vixente un contrato establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto da convocatoria de 2009, adxudicadas pola Resolución do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro de 2010). Só será admitida unha solicitude de prórrogas por cada grupo de investigación das universidades.

2. Duración das axudas.

Os contratos establecidos ao abeiro das devanditas axudas terán unha duración máxima de dous anos, para desenvolver nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, e que terán que ser entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2013.

3. Dotación e número de axudas.

3.1. A axuda concedida para cada contrato e ano, incluíndo nese importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais, será a seguinte:

a) Titulados/as de formación profesional de grao superior e universitarios de só 1.º ciclo: 22.800 euro/ano.

b) Titulados/as universitarios/as superiores: 29.450 euros/ano.

c)Doutores/as: 34.200 euros/ano.

As contías indicadas serán iguais para todas as anualidades da axuda. Igualmente, a titulación que figura na resolución do Programa Isabel Barreto 2009 manterase aínda que o contratado seleccionado acadase unha titulación superior.

3.2. Se a entidade perceptora dos fondos formaliza un contrato que implique unha contía bruta superior ás indicadas no punto 1 deste artigo, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba. En ningún caso serán exixibles á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

3.3. As axudas máximas que poderán financiarse correspóndense co seguinte número de prórrogas de contratos e categorías:

a) Titulados/as de formación profesional de grao superior e universitarios de só 1.º ciclo: 9 prórrogas.

b)Titulados/as universitarios/as superiores: 16 prórrogas.

c) Doutores/as: 4 prórrogas.

4. Formalización de solicitudes.

Os grupos de investigación autorizados polas universidades do SUG presentarán, no prazo e forma establecidos no artigo 4 desta orde, a seguinte documentación:

4.1. Memoria (extensión 1.200-2.000 palabras) da actividade realizada polo tecnólogo, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do grupo, ao longo do período de contrato establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto 2009 co visto e prace do coordinador ou responsable do grupo.

4.2. Copia do contrato laboral establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto do ano 2009 de cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i vixentes.

4.3. As declaracións a que se refire o artigo 4, letras a), b) e c) desta convocatoria.

5. Avaliación e selección das solicitudes.

A selección será realizada nos termos establecidos no artigo 6 desta convocatoria, e será necesario, para que o grupo reciba a prórroga do contrato, que a comisión de selección outorgue a cualificación de apto á actividade realizada segundo a memoria a que se fai referencia no número anterior deste anexo. A cualificación de apto será concedida a aqueles grupos que amosen un impacto positivo como consecuencia de ter contratado o tecnólogo, axente de innovación ou xestor de proxecto.

6. Pagamento das axudas.

6.1. Publicada a resolución no DOG, no prazo de 15 días hábiles desde a data da súa publicación, as universidades beneficiarias deberán remitir á Secretaría Xeral de Universidades a correspondente copia visada polo Inem do contrato laboral correspondente á prórroga concedida.

6.2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa Isabel Barreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e, de ser o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) Á data de incorporación efectiva do contratado ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizos do contratado e á duración do contrato.

6.3. O pagamento das axudas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ás universidades perceptoras dos fondos levarase a cabo segundo o disposto no artigo 8 desta orde.

7. Condicións de aproveitamento.

As axudas son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou co aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros.

8. Renuncias do persoal contratado.

No caso de que a persoa contratada ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto cese na súa vinculación laboral nos termos especificados na resolución de concesión da axuda, non se autorizarán substitucións ao tratarse dunha prórroga dun programa a extinguir.

9. Interrupcións.

O persoal contratado ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto estará suxeito ao establecido na lexislación vixente. Calquera interrupción dos seus contratos debe ser previamente comunicada e autorizada pola Secretaría Xeral de Universidades.

10. Obrigas dos candidatos contratados.

Os candidatos contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto teñen as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

11. Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal contratado ao abeiro das axudas deste anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Formalizar ou ter formalizado un contrato de traballo co candidato seleccionado, cunha duración, como mínimo, igual á do período para o que se concede a axuda establecido na resolución de concesión.

c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

d) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren os contratos Isabel Barreto estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file