Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2011 Páx. 33853

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 14 de novembro de 2011 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas para as prórrogas que se inician no ano 2011 dos programas Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2008) e Isabel Barreto (adxudicacións do ano 2009), correspondentes a contratos de investigadores en centros de investigación alleos ao Sistema Universitario de Galicia (SUG), ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1 establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de decembro de 2010, aprobou o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento I2C (2011-2015).

O Plan I2C recolle dentro do eixo estratéxico 1 (xestión do talento) a liña de actuación 2.1 de apoio á carreira investigadora co fin de garantir os instrumentos de apoio ao desenvolvemento da carreira investigadora para dispor das capacidades necesarias para lograr os obxectivos marcados no plan.

Polo Decreto 89/2011, do 31 de marzo (DOG n.º 99, do 24 de maio), modificáronse as estruturas orgánicas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía e Industria. Neste decreto establécese que á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación lle corresponde a ordenación, planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias en materia de fomento da investigación que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido no artigo 27.19 do Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei estatal 13/1986, do 14 de abril, de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica, e na Lei galega 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico de Galicia; a elaboración, xestión, coordinación e control do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (en diante, PGIDIT), agás as competencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na ordenación, planificación e execución en materia de fomento da investigación no sistema universitario de Galicia (SUG).

Para os efectos do cumprimento da duración temporal prevista para os distintos programas de recursos humanos do anterior Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, nesta orde establécense as bases para a concesión das prórrogas que se inician no ano 2011 dos programas Isidro Parga Pondal 2008 e Isabel Barreto 2009 que se indican, e procédese á súa convocatoria.

Conforme o establecido no Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio (BOE do 24 de maio), polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, que de-senvolve no ámbito galego a Lei 3/2010, do 23 de xuño (DOG do 24 de xuño), pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, as contías do conxunto das axudas recollidas nesta orde de convocatoria experimentan unha redución do 5%, en termos anuais, respecto das que se estableceron para cada programa na súa convocatoria.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria correspondentes ás prórrogas que se inician no ano 2011 dos programas Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2008) e Isabel Barreto (adxudicación do ano 2009), correspondentes a contratos de investigadores alleos ao sistema universitario de Galicia (en diante SUG).

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse, conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non-discriminación, as axudas que a seguir se indican, que se rexerán polas seguintes bases xerais, así como por aquelas específicas que se inclúen como anexos a esta orde:

– Prórroga das axudas para a contratación de doutores en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, agás ás universidades do SUG (Programa Isidro Parga Pondal) concedidas no ano 2008 por Resolución do 5 de decembro de 2008 (DOG do 18 de decembro) (anexo I).

– Prórroga das axudas para a contratación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, agás as universidades do SUG (Programa Isabel Barreto) concedidas no ano 2009 por Resolución do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro de 2010) (anexo II).

3. As devanditas modalidades de axuda teñen os códigos de procedemento que se indican no seguinte cadro:

Modalidade de axuda

Anexo

Código

Prórroga Programa Isidro Parga Pondal 2008

I

IN840B

Prórroga Programa Isabel Barreto 2009

II

IN840M

Artigo 2. Requisitos dos solicitantes e beneficiarios e presentación de solicitudes.

Os interesados que cumpran os requisitos establecidos nesta orde de convocatoria deberán presentar unha solicitude axustada ao/s modelo/s normalizado/s que figuran nos anexos correspondentes segundo o indicado no número 2 deste artigo.

Os beneficiarios das axudas convocadas nesta orde non poderán estar incursos nas causas de prohibicións para obter a condición de beneficiarios previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán cumprir as obrigas para seren beneficiarios do artigo 11 desta lei, así como os requisitos que se establezan para cada tipo de axuda no anexo correspondente.

2. No enderezo http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi estarán á disposición dos interesados de forma íntegra os correspondentes formularios de solicitude e modelos oficiais que será necesario cubrir e que se publican como anexos, segundo a táboa seguinte:

Axudas

Modelo solicitude

Formulario

Prórroga Programa Isidro Parga Pondal 2008

IPP-11/01

Anexo III

Prórroga Programa Isabel Barreto 2009

IB-11/01

Anexo IV

3. Os formularios, debidamente cubertos e asinados polos interesados, deberán enviarse acompañados, ademais da documentación adicional que para cada un dos programas se indica no correspondente anexo, das seguintes declaracións:

a) Declaración responsable do solicitante de todas as solicitudes efectuadas e concedidas para o mesmo fin, polas distintas administracións públicas competentes ou polos seus organismos ou sociedades.

b) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da axuda recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e fronte á Seguridade Social, agás as entidades a que se fai referencia no artigo 49 da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes, dirixidas ao director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presentaranse no Rexistro Xeral da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, rúa dos Feáns, 7-baixo C, Santiago de Compostela, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Artigo 4. Información aos/ás interesados/as.

1. Sobre estes procedementos administrativos, que teñen os códigos indicados no número 3 do artigo 1 destas bases xerais, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presencialmente ou a través dos seguintes medios:

a) Na epígrafe de axudas e na oficina virtual da páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es).

b) No seguinte teléfono da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: 981 54 10 75.

c) No enderezo electrónico: cei.inforhs@xunta.es

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

Artigo 5. Financiamento e concorrencia.

1. Para a concesión das axudas convocadas nesta orde destinaranse os créditos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que a seguir se indican para cada acción e de acordo coas seguintes anualidades, tendo en conta que o mes de decembro dos anos 2012 e 2013 se financiarán con cargo aos exercicios 2013 e 2014, respectivamente:

Anexos

Programa

Partida
orzamentaria

Prazas

2011

2012

2013

2014

Total

I

1.ª prórroga 2011 Parga Pondal 2008

08.02.561A.440.0

3

827,42

94.050,00

102.600,00

7.722,58

205.200,00

I

1.ª prórroga 2011 Parga Pondal 2008

08.02.561A.443.2

1

275,81

31.350,00

34.200,00

2.574,19

68.400,00

I

1.ª prórroga 2011 Parga Pondal 2008

08.02.561A.480.1

4

1.103,23

125.400,00

136.800,00

10.296,77

273.600,00

Total I

 

 

8

2.206,46

250.800,00

273.600,00

20.593,54

547.200,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.440.0

3

0,00

85.341,67

93.100,00

7.758,33

186.200,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.443.2

6

0,00

143.687,50

156.750,00

13.062,50

313.500,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.480.1

7

0,00

193.325,00

210.900,00

17.575,00

421.800,00

Total II

 

 

16

0,00

422.354,17

460.750,00

38.395,83

921.500,00

Total xeral

 

 

24

2.206,46

673.154,17

734.350,00

58.989,37

1.468.700,00

As axudas concedidas poderán ser financiadas polo FSE, no eixo 3 e tema prioritario 74 do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, tanto no exercicio corrente coma nos seguintes, nunha porcentaxe máxima do 80%.

Por iso, as entidades beneficiarias e os contratados ao abeiro destas axudas deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo o que se derroga o Regulamento (CE) 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Artigo 6. Consentimentos e autorizacións.

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. Para aqueles solicitantes que non estean afectados polo disposto no artigo 49 da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, e de conformidade co establecido no artigo 20.3.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión das axudas e subvencións polo/a interesado/a comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; nese caso, o órgano xestor requirirá, con anterioridade á proposta de resolución da concesión, a presentación, nun prazo non superior a quince días, da documentación que acredite que se encontra ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda tributaria coa comunidade autónoma.

3. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

4. De conformidade co artigo 13.4.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, esta consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

5. A Consellería de Economía e Industria velará polos datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento e, para estes efectos, procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei 15/1999, de protección de datos, adoptándose tanto as medidas de seguranza técnicas como administrativas.

A finalidade da recolla dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros; no entanto, a Consellería de Economía e Industria revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso. Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e achegando identificación suficiente.

6. As solicitudes que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro.

Artigo 7. Órganos competentes.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da/s axuda/s establecida/s nesta convocatoria, e corresponde ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución de concesión.

Artigo 8. Instrución do/s procedemento/s e tramitación.

A instrución dos procedementos corresponde á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

1. Os servizos da dita dirección xeral comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou no correspondente anexo da convocatoria, requirirase mediante anuncio na páxina web da Dirección Xeral de I+D+i (http://economiaeindustria.xunta.es/biblioteca) para que:

a) Os interesados e interesadas poidan emendar os erros e falta de documentos indicados, ante a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, achegando, de ser o caso, a documentación necesaria no prazo de 10 días hábiles.

b) Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión de selección, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria ou que esta non cumpra os requisitos establecidos, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de non admisión, na cal se indicarán as causas desta.

6. Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 9. Selección das solicitudes e avaliación.

1. A selección das solicitudes admitidas corresponde a unha comisión de selección nomeada para tal efecto, que será o órgano encargado de seleccionar as solicitudes de acordo cos criterios fixados no número 3 deste artigo. A comisión de selección poderá contar co asesoramento de órganos avaliadores ou expertos externos.

2. A comisión de selección estará composta polos seguintes membros (todos eles con voz e voto):

a) Presidente: o/a subdirector/a xeral de xestión do PGIDIT ou persoa en quen delegue.

b) Secretario: un funcionario ou funcionaria da Dirección Xeral de I+D+i.

c) Vogais:

– Un/unha subdirector/subdirectora da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

– Tres persoas designadas polo director xeral de I+D+i.

3. Para a valoración das solicitudes teránse en conta os criterios que se indican para cada tipo de prórroga no anexo correspondente: prórrogas do programa Isidro Parga Pondal, artigo 7 do anexo I; prórrogas do programa Isabel Barreto, artigo 7 do anexo II.

4. A comisión levantará acta das súas deliberacións e elevará a súa proposta de resolución ao conselleiro de Economía e Industria a través do director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

5. A proposta de concesión formulada pola comisión publicarase na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. Esta publicación só terá efectos informativos.

Artigo 10. Resolución e notificación.

1. Á vista da proposta formulada pola comisión de selección a través do director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e segundo o que dispón o artigo 21.4.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se non son tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados nas súas solicitudes, poderase prescindir do trámite de audiencia e o conselleiro de Economía e Industria ditará a correspondente resolución definitiva de concesión. Esta resolución publicarase no DOG.

2. A/s dita/s resolución/s expresará/n, cando menos:

a) As entidades beneficiarias da axuda e os candidatos seleccionados.

b) O importe global da axuda para cada entidade.

c) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

d) Os restantes asuntos establecidos no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

3. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no DOG, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.º b) da devandita lei, a notificación individual de concesión da axuda substituirase pola publicación no DOG, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 11. Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao de publicación da resolución no DOG. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 12. Modificación da resolución.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, de concorreren as circunstancias previstas para tales efectos nestas bases reguladoras.

3. A situación de baixa por maternidade suspenderá o cómputo de duración do contrato, procedendo solicitude da entidade beneficiaria correspondente no prazo de 10 días hábiles desde que esa baixa se produza. Durante o período de maternidade só se pagarán os custos de Seguridade Social, para o cal, previamente á resolución de suspensión, a Dirección Xeral de I+D tramitará o correspondente expediente de gasto.

4. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Economía e Industria, logo da instrución do correspondente expediente, que deberá recoller os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o novo regulamento autonómico que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, para que poida operar a modificación.

Artigo 13. Obrigas dos beneficiarios, gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións.

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos correspondentes anexos desta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados a:

a) Cumprir cos obxectivos das axudas que se concedan, así como cos compromisos asumidos e acreditar a realización da actividade subvencionada. De non ser así, perderán o dereito ao seu cobramento, e/ou, se é o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e aos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no título V do Decreto 11/2009.

O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou reintegro total da axuda. O incumprimento parcial, determinado polos ditos mecanismos, dará lugar á perda do dereito ao cobramento da axuda ou ao reintegro parcial na porcentaxe correspondente á acción non efectuada ou xustificada.

Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

b) Manter un sistema de contabilidade con codificación adecuada que permita identificar todas as transaccións realizadas relativas ao proxecto subvencionado e conservar os documentos xustificativos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo.

c) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

d) Someterse ás actuacións de supervisión e control dos órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, do Fondo Social Europeo, da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Traballo e Inmigración, e do SGI, para realizar as comprobacións e verificacións que se consideren precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) As entidades beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3.º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de de-senvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013 que pode consultarse na páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/guia-intervencions-cofinanciadas-fe

f) Incluír no momento da solicitude e da xustificación parcial ou total da actividade unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como pendentes de resolución, para a mesma actividade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 14. Comprobación das axudas concedidas.

O órgano concedente poderá comprobar a adecuada xustificación da axuda, así como a realización da actividade e cumprimento da finalidade que determinen a concesión e aproveitamento da axuda.

Artigo 15. Conceptos subvencionables.

Os importes das axudas só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos dos candidatos seleccionados, incluíndo os seus custos sociais. En ningún caso serán exixibles á Consellería de Economía e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa Isidro Parga Pondal ou Isabel Barreto, segundo corresponda, da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

b) Á data de incorporación efectiva do candidato selecionado ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do candidato seleccionado e a duración do contrato.

En todo caso, respectaranse as condicións da Orde TIN/72965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, durante o período de programación 2007-2013, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

Artigo 16. Xustificación e pagamento da subvención.

1. Para cobraren as axudas concedidas as entidades beneficiarias deberán presentar, no prazo sinalado en cada un dos anexos, os documentos que en cada caso se indican e que corresponden a algún/algúns dos seguintes documentos:

1) Copia cotexada dos contratos asinados ou do documento acreditativo da sinatura da prórroga.

2) Documento de libramento da subvención (dispoñible na páxina web).

3) Certificación dos gastos de persoal [modelo X1] (dispoñible na páxina web).

4) Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

5) Documentos que acrediten o pagamento dos gastos de persoal (xustificantes bancarios ou TC1). Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles.

6) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto aprobadas ou concedidas como pendentes de resolución, segundo o modelo anexo a esta solicitude.

2. A documentación presentaranse no Rexistro Xeral da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, rúa dos Feáns, 7-baixo C, Santiago de Compostela, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. O pagamento realizarase tras a correspondente xustificación.

4. Nos documentos correspondentes a cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destas cotas considérase xustificado coa presentación do documento de gasto en que se reflicta o importe da cotización devengada, quedando as entidades obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos prazos de xustificación establecidos nos correspondentes anexos.

Artigo 17. Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; no Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, do 30 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Disposición adicional.

As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos deriven da súa aplicación poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación para levar a cabo as actuacións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

Anexo I
Prórroga das axudas para a contratación de doutores en centros tecnolóxicos
e organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, agás as universidades do SUG (Programa Isidro Parga Pondal) concedidas no ano 2008

Artigo 1. Obxectivo e finalidade da convocatoria.

Co obxectivo de equiparar en tempo de duración as axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Isidro Parga Pondal coa duración (5 anos) das axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Ramón y Cajal do Ministerio de Ciencia e Innovación, esta convocatoria establece as bases que regulan a concesión dunha prórroga de dous anos de duración das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal 2008, para a contratación de doutores en centros tecnolóxicos e centros de investigación de Galicia alleos ao SUG, adxudicadas por Resolución do 5 de decembro de 2008 (DOG do 18 de decembro).

Artigo 2. Requisitos dos candidatos.

1. Poderán participar nesta convocatoria aqueles doutores que, na data de peche desta convocatoria, teñan en vigor un contrato como investigador correspondente ás axudas do Programa Isidro Parga Pondal 2008, adxudicadas por Resolución do 5 de decembro de 2008 (DOG do 18 de decembro) e que estén contratados por entidades distintas das universidades do SUG.

2. A presentación da solicitude da prórroga das axudas do Programa Isidro Parga Pondal 2008 comportará a autorización automática para que a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, concedida a prórroga e unha vez transcorrido o cuarto ano de permanencia do investigador no programa, poida presentar e someter o seu currículo ao proceso de avaliación por comités de avaliadores externos, co fin da obtención do certificado de cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada para os efectos do Programa Manuel Colmeiro.

O proceso de avaliación levarase a cabo a partir da documentación cuxa presentación será requirida aos titulares das axudas do Programa Isidro Parga Pondal, no comezo do seu quinto ano de contrato.

Artigo 3. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios desta axuda os centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, agás as universidades do SUG que contraten os candidatos e candidatas seleccionados, a través dun contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o candidato/a seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro onde desenvolva a súa actividade.

Artigo 4. Dotación, número e duración dos contratos.

1. A axuda concedida para cada prórroga dos contratos será de 34.200 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento de custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 34.200 euros anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

2. O número máximo de prórrogas que se convocan ascende a 8, que corresponden á totalidade de axudas vixentes na actualidade.

3. Os contratos financiaranse con cargo ás aplicacións dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2011, 2012, 2013 e 2014, de acordo coa distribución que se indica na táboa seguinte, tendo en conta que o mes de decembro dos anos 2012 e 2013 se financian con cargo aos exercicios 2013 e 2014 respectivamente:

Anexo

Programa

Partida
orzamentaria

Custo máx.

Prazas

2011

2012

2013

2014

Total

I

1.ª prórroga 2011 Parga Pondal 2008

08.02.561A.440.0

34.200,00

3

827,42

94.050,00

102.600,00

7.722,58

205.200,00

I

1.ª prórroga 2011 Parga Pondal 2008

08.02.561A.443.2

34.200,00

1

275,81

31.350,00

34.200,00

2.574,19

68.400,00

I

1.ª prórroga 2011 Parga Pondal 2008

08.02.561A.480.1

34.200,00

4

1.103,23

125.400,00

136.800,00

10.296,77

273.600,00

Total I

 

 

 

8

2.206,46

250.800,00

273.600,00

20.593,54

547.200,00

4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos laborais.

5. A duración das axudas correspondentes a este anexo, así como a prórroga dos contratos establecida ao seu abeiro, será dun máximo de dous anos, que se desenvolverá entre o 29 de decembro de 2011 e o 28 de decembro de 2013.

Artigo 5. Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes no modelo oficial IPP-11/01, que se publica como anexo III a esta orde, presentaranse no prazo e forma establecidos nos artigos 2 e 3 das bases xerais desta orde, asinadas polo solicitante e co visto e prace do representante legal do organismo de acollida correspondente. Ademais das declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2 da bases xerais desta orde, deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

1. Memoria (mínimo 2 folios e máximo 10) asinada polo solicitante en que se resuman:

a) A actividade investigadora desenvolvida desde a súa incorporación ao Programa Isidro Parga Pondal.

b) Plan de traballo que o solicitante propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato.

2. Currículo asinado polo solicitante, correspondente ao período do contrato Parga Pondal. Indicarase en cada unha das alíneas do modelo oficial de currículo, que figura no enderezo http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi, as actividades investigadoras posteriores ao inicio da súa actividade como contratado ao abeiro das axudas do Programa Isidro Parga Pondal.

Artigo 6. Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas corresponde á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e os servizos desta dirección xeral procederán segundo o establecido no artigo 8 (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.

Artigo 7. Selección das solicitudes e avaliación da calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria destacada para os efectos do Programa Manuel Colmeiro.

1. Para os efectos da concesión da prórroga das axudas do Programa Isidro Parga Pondal 2008, a selección das solicitudes presentadas será realizada pola comisión de selección indicada no artigo 9 (selección das solicitudes) das bases xerais desta convocatoria. A valoración realizarse considerando o período do contrato Isidro Parga Pondal e conforme os seguintes criterios:

Criterio

Puntuación máxima

Actividades desenvolvidas polo solicitante durante a vixencia do contrato.

20

Artigos en revistas de carácter científico-tecnolóxico, patentes, libros ou capítulos de libro.

30

Capacidade do solicitante para liderar grupos de investigación, medida a partir do financiamento obtido en convocatorias públicas competitivas.

30

Plan de traballo que o solicitante propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato.

20

Puntuación mínima requirida para obter a prórroga 60 puntos.

2. Segundo o disposto no artigo 2 deste anexo II, concedidas as prórrogas, ao inicio do quinto ano de permanencia no programa, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación levará a cabo o proceso de avaliación a partir da documentación cuxa aportación será requirida aos investigadores contratados para que presenten e sometan o seu currículo á avaliación por comités de avaliadores externos, co fin da obtención do certificado de cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada para os efectos do Programa Manuel Colmeiro.

Artigo 8. Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o establecido no artigo 10 das bases xerais desta orde.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación emitirá, durante o segundo ano da prórroga, a correspondente certificación do cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada a aqueles investigadores contratados do Programa Isidro Parga Pondal que acaden unha avaliación final positiva polos comités de expertos externos.

Artigo 9. Prazo de xustificación.

Período

Documentación (artigo 16 das bases da convocatoria)

Prazo de presentación
da xustificación

Anualidade 2011

Copia cotexada dos contratos asinados ou do documento acreditativo da sinatura da prórroga.

20 de decembro de 2011

Unha vez presentada esta documentación, efectuarase o

pagamento do período.

1. Documento de libramento da subvención.

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento dos gastos de persoal (xustificantes bancarios ou TC1).

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas.

15 de febreiro de 2012

En caso de que non se presente esta documentación, non se procederá ao pagamento do seguinte período, sen prexuízo dos reintegros que correspondan.

Anualidade 2012 e 2013

 

 

1.º semestre

1. Documento de libramento da subvención.

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento dos gastos de persoal (xustificantes bancarios ou TC1) excepto a documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de xuño.

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas.

15 de xullo do ano correspondente

Unha vez presentada esta documentación, efectuarase o pagamento do período.

Documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de xuño.

15 de agosto do ano correspondente

En caso de que non se presente esta documentación non se procederá ao pagamento do seguinte período, sen prexuízo dos reintegros que correspondan.

2.º semestre: desde o 1 de xullo ata o 30 de novembro

1. Documento de libramento da subvención.

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento dos gastos de persoal (xustificantes bancarios ou TC1) excepto a documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de novembro.

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas.

15 de decembro do ano correspondente

Unha vez presentada esta documentación efectuarase o pagamento do período.

Documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de novembro.

15 de xaneiro
do seguinte ano

En caso de que non se presente esta documentación, non se procederá ao pagamento do seguinte período, sen prexuízo dos reintegros que correspondan.

2.º semestre: desde o 1 de decembro ata o 31 de decembro

1. Documento de libramento da subvención.

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento dos gastos de persoal (xustificantes bancarios ou TC1) incluída a documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de decembro.

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas.

15 de febreiro
do seguinte ano

Unha vez presentada esta documentación, efectuarase o pagamento do período.

De acordo co anterior, enténdese que os gastos que se efectúen no último mes do ano 2012 e 2013 corresponden á anualidade seguinte.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se tela presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Condicións de aproveitamento.

Estas axudas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios ou cursos de especialización; así como, cos contratos derivados do artigo 11.2.º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 11. Renuncias dos investigadores seleccionados e contratados.

A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado dirixido ao director xeral de I+D+i, nun prazo mínimo de 15 días naturais antes de que se produza. No caso de que a comunicación da renuncia se produza con posterioridade ao pagamento efectivo, a parte que corresponda descontarase nos seguintes pagamentos e, de ser o caso, procerase ao seu reintegro.

O candidato seleccionado deberá trasladar copia desta comunicación, segundo corresponda:

– Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.

– Ao representante legal no caso dos organismos da Administración.

Artigo 12. Interrupcións na contratación.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas deste anexo estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 13. Dereitos dos investigadores contratados.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas deste anexo ten dereito a percibir a retribución correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozar dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpra as súas obrigas.

Artigo 14. Obrigas dos investigadores contratados.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas deste anexo ten as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas na correspondente convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente sexan autorizados.

d) Os investigadores que sexan contratados ao abeiro do disposto nesta orde poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Artigo 15. Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador contratado ao abeiro das axudas deste anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Isidro Parga Pondal estarán obrigados a garantir os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

Anexo II
Prórroga das axudas para a contratación de tecnólogos e axentes de innovación
e xestión de proxectos de I+D+i en centros tecnolóxicos e organismos públicos
de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia alleos ao SUG
(Programa Isabel Barreto 2009)

Artigo 1. Obxectivo e finalidade.

O obxectivo do Programa Isabel Barreto é fortalecer a capacidade investigadora dos centros de I+D de Galicia, mediante o apoio á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos de investigación alleos ao SUG e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste anexo convócase, en réxime de publicidade e obxectividade, a concesión da prórroga das axudas para a contratación en organismos públicos de investigación alleos ao SUG e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia, de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i correspondentes ao Programa Isabel Barreto, adxudicadas por Resolución do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro de 2010).

Artigo 2. Solicitantes e beneficiarios.

Poderán ser solicitantes da prórroga das axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto os centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, agás as universidades do SUG, que teñan vixente un contrato establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto da convocatoria do ano 2009, adxudicadas por Resolución do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro de 2010).

Artigo 3. Duración da prórroga das axudas.

As axudas para o fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i concedidas con cargo á prórroga do Programa Isabel Barreto 2009, así como a prórroga dos contratos establecida ao seu abeiro, será dun máximo de dous anos, que se desenvolverá entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2013.

Artigo 4. Dotación, número e financiamento das axudas.

1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento da prórroga das prazas outorgadas na resolución de adxudicación do 30 de decembro do Programa Isabel Barreto 2009 (DOG do 13 de xaneiro) que conserven a súa vixencia coa contratación dun candidato seleccionado ata o momento da resolución desta prórroga, sen que poida producirse ningunha adxudicación ex novo.

A axuda concedida para cada contrato e ano, incluídos os custos sociais, será a seguinte:

a) Titulados/as de formación profesional de grao superior e universitarios de só 1.º ciclo: 22.800 euros/ano.

b) Titulados/as universitarios superiores: 29.450 euros/ano.

c) Doutores/as: 34.200 euros/ano.

As contías indicadas serán iguais para todas as anualidades da axuda. Igualmente, a titulación que figura na resolución do programa Isabel Barreto 2009 manterase aínda que o contratado seleccionado acadase unha titulación superior.

2. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía bruta superior ás indicadas no punto 1 deste artigo, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Economía e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da prórroga da axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

3. O número máximo de contratos que se poderán financiar é de 16, que se corresponden coa totalidade de axudas vixentes na actualidade, e que serán financiados con cargo ás aplicacións dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2012, 2013 e 2014 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, tendo en conta que o mes de decembro dos anos 2012 e 2013 se financiará con cargo aos exercicios 2013 e 2014 respectivamente:

Anexo

Programa

Partida
orzamentaria

Custo máx.

Prazas

2011

2012

2013

2014

Total

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.440.0

34.200,00

1

0,00

31.350,00

34.200,00

2.850,00

68.400,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.440.0

29.450,00

2

0,00

53.991,67

58.900,00

4.908,33

117.800,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.440.0

22.800,00

0

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.443.2

34.200,00

0

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.443.2

29.450,00

3

0,00

80.987,50

88.350,00

7.362,50

176.700,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.443.2

22.800,00

3

0,00

62.700,00

68.400,00

5.700,00

136.800,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.480.1

34.200,00

1

0,00

31.350,00

34.200,00

2.850,00

68.400,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.480.1

29.450,00

6

0,00

161.975,00

176.700,00

14.725,00

353.400,00

II

Prórroga 2011 Isabel Barreto 2009

08.02.561A.480.1

22.800,00

0

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

Total II

16

0,00

422.354,17

460.750,00

38.395,83

921.500,00

4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.

Artigo 5. Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

Os centros de I+D que desexen participar nesta convocatoria presentarán, no prazo e forma establecidos nos artigos 2 e 3 das bases xerais desta convocatoria, unha única solicitude correspondente ao Programa Isabel Barreto. Para tal efecto, deberán:

1.º Cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo normalizado IB-11/01 que se publica como anexo IV desta orde, que contén os seguintes puntos:

1. Datos de identificación do solicitante e/ou da entidade solicitante e os relativos á notificación.

2. Datos de identificación do/s tecnólogo/s, axentes de innovación ou de xestión de proxectos de I+D que no momento de presentación da solicitude teñan en vigor un contrato establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto 2009, indicando os datos correspondentes ao centro ou centros a que están incorporados.

3. As declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2 da bases xerais desta orde.

2.º Xunto co formulario de solicitude deberán xuntarse os seguintes documentos:

1. Memoria (mínimo 3 folios e máximo 5) da actividade realizada polo tecnólogo, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro, ao longo do período de contrato establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto 2009.

2. Documento de informe de vida laboral, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social con data posterior á desta convocatoria, en que se poña de manifesto que o contrato celebrado ao abeiro da convocatoria do Programa Isabel Barreto 2009 segue vixente.

Artigo 6. Instrución do procedemento e tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas prórrogas de axudas corresponde á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e os servizos da dita dirección xeral procederán segundo o establecido no artigo 8 (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.

Artigo 7. Selección das solicitudes.

A selección das solicitudes presentadas será realizada pola comisión de selección indicada no artigo 9 (selección das solicitudes) desta convocatoria, sendo necesario para que sexa seleccionada a entidade titular da axuda a valoración favorable da actividade realizada polo tecnólogo segundo o expresado na memoria establecida no punto 2.1. do artigo 5 deste anexo. Con este fin a comisión terá en conta a adecuación das actividades realizadas á finalidade e obxectivos do programa.

Artigo 8. Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o indicado no artigo 10 das bases xerais desta orde.

Artigo 9. Prazo de xustificación.

Período

Documentación (artigo 16 das bases da convocatoria)

Prazo de presentación
da xustificación

Anualidade 2012 e 2013

 

 

1.º semestre

Copia cotexada dos contratos asinados ou do documento acreditativo da sinatura da prórroga.

20 de decembro
de 2011

1. Documento de libramento da subvención.

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento dos gastos de persoal (xustificantes bancarios ou TC1) excepto a documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de xuño.

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas.

15 de xullo do ano correspondente

Unha vez presentada esta documentación, efectuarase o pagamento do período.

Documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de xuño.

15 de agosto do ano correspondente

En caso de que non se presente esta documentación, non se procederá ao pagamento do seguinte período, sen prexuízo dos reintegros que correspondan.

2.º semestre: desde o 1 de xullo ata o 30 de novembro

1. Documento de libramento da subvención.

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento dos gastos de persoal (xustificantes bancarios ou TC1) excepto a documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de novembro.

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas.

15 de decembro do ano correspondente

Unha vez presentada esta documentación, efectuarase o pagamento do período.

Documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de novembro.

15 de xaneiro
do seguinte ano

En caso de que non se presente esta documentación, non se procederá ao pagamento do seguinte período, sen prexuízo dos reintegros que correspondan.

2.º semestre: desde o 1 de decembro ata o 31 de decembro

1. Documento de libramento da subvención .

2. Certificación dos gastos de persoal (modelo X1).

3. Documentos que acrediten os gastos de persoal (copia compulsada das nóminas e TC2).

4. Documentos que acrediten o pagamento dos gastos de persoal (xustificantes bancarios ou TC1) incluída a documentación que acredita a liquidación das cotas sociais do mes de decembro.

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas.

15 de febreiro
do seguinte ano

Unha vez presentada esta documentación, efectuarase o pagamento do período.

De acordo co anterior, enténdese que os gastos que se efectúen no último mes de ano 2012 e 2013 corresponden á anualidade seguinte.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se tela presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Condicións de aproveitamento.

Os contratos realizados ao abeiro das axudas da prórroga do Programa Isabel Barreto 2009 son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación, así como cos contratos derivados do artigo 11.2.º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 11. Renuncias das axudas.

A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do centro beneficiario dirixido ao director xeral de I+D+i, nun prazo mínimo de 15 días naturais antes de que se produza. No caso de que a comunicación da renuncia se produza con posterioridade ao pagamento efectivo, a parte que corresponda descontarase nos seguintes pagamentos e, de ser o caso, procerase á súa devolución.

O candidato seleccionado deberá trasladar copia desta comunicación, segundo corresponda:

– Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.

– Ao representante legal no caso dos organismos da Administración.

Artigo 12. Interrupcións na contratación.

O persoal contratado ao abeiro das axudas da prórroga do Programa Isabel Barreto 2009 estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 13. Dereitos dos tecnólogos e axentes de innovación contratados.

Os/as tecnólogos/as e axentes de innovación contratados/as ao abeiro das axudas correspondentes á prórroga do Programa Isabel Barreto 2009 teñen dereito a percibir a retribución correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozar dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpra as súas obrigas.

Artigo 14. Obrigas dos tecnólogos e axentes de innovación contratados.

Os tecnólogos e axentes de innovación contratados mediante as axudas correspondentes á prórroga do Programa Isabel Barreto 2009 teñen as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente sexan autorizados.

Artigo 15. Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal contratado ao abeiro das axudas deste anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Formalizar o contrato ou a prórroga do contrato de traballo co candidato seleccionado, cunha duración, como mínimo, igual á do período para que se concede a axuda establecido na resolución de concesión.

c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

d) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren os contratos da prórroga do Programa Isabel Barreto 2009 estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file