Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 9 de novembro de 2011 Páx. 32705

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 17/2011, do 15 de xuño, de seguridade alimentaria e nutrición.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral,

dispón:

A publicación do acordo que figura como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2011.

Roberto Castro García
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 17/2011, do 15 de xuño, de seguridade alimentaria e nutrición

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia na súa reunión do día 28 de setembro de 2011 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias suscitadas en relación cos artigos 23, 39, 40, 41, 50 e a disposición derradeira primeira da Lei 17/2011, do 15 de xuño, de seguridade alimentaria e nutrición.

Segundo. Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

Terceiro. Comunicarlle este acordo ao Tribunal Constitucional, antes do vindeiro día 7 de outubro de 2011, por calquera dos órganos mencionados no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, para os efectos que no propio precepto se recollen, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 28 de setembro de 2011.

Manuel Chaves González Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente do Goberno de Política Conselleiro de Presidencia,
Territorial e ministro de Política Territorial Administracións Públicas
e Administración Pública e Xustiza