Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 7 de novembro de 2011 Páx. 32398

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de outubro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE n.º 298, do 14 de decembro) regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas e, especialmente, a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da devandita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente e establece no seu punto segundo as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

É obxecto desta orde regular os ficheiros de datos de carácter persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se especifican no anexo I.

Artigo 2. Contido.

A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e no artigo 54 do seu regulamento asociado, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación de ficheiros está contida no anexo I desta orde.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros da consellería regulados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo I e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos.

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados no anexo I. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas aplicarase o disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

No anexo I indícase que ante este órgano se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade.

Os ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal. No anexo I aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Supresión de ficheiros.

No anexo II desta orde relaciónanse aqueles ficheiros para os cales será solicitada a súa supresión ao Rexistro da Axencia de Protección de Datos. O titular do órgano responsable destes ficheiros establece no citado anexo o destino que se vaia dar aos datos ou, se é o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución.

Disposición derrogatoria.

Quedan derrogadas a Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Orde do 30 de abril de 2010 pola que se modifica a do 15 de abril de 2009 e a Orde do 17 de agosto de 2010 pola que se crea un ficheiro de datos de carácter persoal existente na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como cantas outras disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao previsto nesta disposición.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

1. Ficheiros baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica.

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/ Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións; e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos de características persoais.

Datos de información comercial.

Datos económicos financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións.

Outros tipos de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que proporcionen subministración de bens ou servizos á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Á Axencia Tributaria.

Ao Consello de Contas da Xunta de Galicia.

Ás caixas e bancos que teñen acordo coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución dos pagamentos.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Recursos Humanos.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal non docente da consellería, mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión dos servizos ao persoal da Administración.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal funcionario e laboral non docente que presta os seus servizos na consellería.

Procedemento de recolla de datos

Declaración e formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Administracións públicas.

De entidades privadas: mutua de prevención de riscos laborais concesionaria do servizo de vixilancia da saúde.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, n.º de S.S./mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono, n.º de rexistro persoal.

Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, sexo.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, centro de traballo, tipo de posto de traballo.

Datos de emprego e de carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador, compatibilidades.

Datos económico-financeiros e de seguros: datos bancarios, datos de axudas de acción social.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Á mutua concesionaria do servizo de vixilancia da saúde para o persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros órganos da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais, …

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Outras persoas físicas.

Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación.

Outras administracións públicas.

Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións, …

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono.

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas.

Datos de circunstancias sociais: pertenza a asociacións.

Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría, postos de traballo.

Datos académicos: formación, titulación, experiencia profesional.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/ Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Alto.

Denominación do ficheiro

Rexistros.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde ás unidades da consellería.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Outras administracións públicas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos de características persoais.

Datos de información comercial.

Datos económicos financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións.

Outros tipos de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Administracións municipais de Galicia.

Outros órganos da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia e centros públicos docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xestión do control de acceso lóxico aos sistemas de información da consellería.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns, alumnos, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións administrativas, aos centros públicos docentes ou aos sistemas de información da consellería.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos, cámaras de videovixilancia.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, n.º rexistro persoal, teléfono, imaxe, sinatura.

Outros datos identificativos: matrícula, correo electrónico.

Datos de rexistro e rastrexo de accións realizadas.

Datos de permisos de accesos outorgados.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Non se atopan previstas.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Alumnado.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Realización dos procesos selectivos iniciais e xestión dos datos académicos do alumnado do sistema educativo galego.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Estudantes.

Solicitantes.

Representantes legais.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Outras persoas físicas.

Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación.

Outras administracións públicas.

Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións, …

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono.

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas.

Datos de circunstancias sociais: pertenza a asociacións.

Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría, postos de traballo.

Datos académicos: formación, titulación, experiencia profesional.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da comunidade autónoma.

Outros órganos da Administración do Estado.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Alto

Denominación do ficheiro

Profesorado.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal docente de centros de ensino públicos e privados: xestión e control do proceso selectivo e de habilitación para o acceso ao ensino, xestión das listas de contratación temporal, mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión da formación e servizos ao persoal docente.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal docente de centros de ensino públicos e privados.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel y electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Entidades privadas.

Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación.

Outras administracións públicas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono.

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas.

Datos de circunstancias sociais: pertenza a asociacións.

Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría, postos de traballo.

Datos académicos: formación, titulación, experiencia profesional.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da comunidade autónoma.

Centros privados concertados da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Alto.

Denominación do ficheiro

Avaliación do sistema educativo.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos plans e probas que se realizan para contribuír a mellorar a calidade e equidade da educación, orientar as políticas educativas, aumentar a transparencia e eficacia do sistema educativo e ofrecer información sobre o cumprimento dos obxectivos e compromisos educativos adquiridos ou fixados.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Alumnado e as súas unidades familiares.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Unidade familiar.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos.

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas.

Datos de circunstancias sociais.

Datos económicos.

Datos de detalle de emprego.

Datos académicos.

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Non se atopan previstas.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Bolsas de emprego.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das bolsas de emprego dos centros docentes.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Alumnado actual e anterior do centro.

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo (DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura, imaxe, n.º rexistro, …).

Datos de características persoais.

Datos económicos financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Ofertantes de emprego.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica.

Edificio administrativo de San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

ANEXO II

Ficheiros suprimidos

1. Ficheiros baixo a responsabilidade da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Denominación do ficheiro

Relatores.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Coordinación, xestión e organización da actividade de formación.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Relatores.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Actividades dirixidas á cidadanía» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Actividades de formación.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Organización e xestión dos cursos e seminarios organizados pola consellería.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas físicas que acoden aos cursos organizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Actividades dirixidas á cidadanía» creado por esta orde.

2. Ficheiros baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Denominación do ficheiro

Alumnos de ensino regrado non universitario.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Realización do proceso selectivo inicial e xestión dos datos académicos dos alumnos.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Estudantes.

Representantes legais.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Alumnado» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Alumnos de ensino regrado universitario.

Axudas e subvencións.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Rexistro, estudo e valoración das subvencións e axudas convocadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Estudantes.

Solicitantes.

Beneficiarios.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Bolsas e premios.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Tramitación, xestión e adxudicación das bolsas e premios convocados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Estudantes.

Solicitantes.

Beneficiarios.

Premiados.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Concursos e actividades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Concursos e actividades culturais organizados pola consellería.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Participantes.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Actividades dirixidas á cidadanía» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Contratación.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Convocatoria, procedemento de selección e adxudicación das contratacións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acomete mediante calquera das modalidades de concursos públicos.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Provedores.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Convenios.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión administrativa dos convenios subscritos pola consellería.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Representantes legais.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Actividades dirixidas á cidadanía» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Persoal docente.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión e control da información administrativa e laboral do persoal docente.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal docente.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Profesorado» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Opositores.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión e control do proceso selectivo para o acceso ao ensino da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Opositores.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Profesorado» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Persoal non docente.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión administrativa e laboral do persoal non docente da consellería.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal laboral e funcionario dependente deste órgano administrativo.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Recursos humanos» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Substitutos e interinos.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das listas de contratación temporal do persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes.

Beneficiarios.

Orde de creación / modificación do ficheiro

Orde do 15 de abril de 2009 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 27 de abril).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Profesorado» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Cursos da lingua galega.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Selección para a participación en cursos de lingua galega, control de cualificacións e de títulos emitidos.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes de participación en cursos de lingua galega.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 28 de xullo de 1994 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que regula os ficheiros automatizados con datos persoais (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Actividades dirixidas á cidadanía» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Exencións de lingua e literatura galega.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Concesión de exencións da materia da lingua e literatura galega.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes de exención de lingua e literatura galega.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 28 de xullo de 1994 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que regula os ficheiros automatizados con datos persoais (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Alumnado» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Videovixilancia nas instalacións dos centros docentes públicos.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia nas instalacións dos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17 de agosto de 2010 polo que se crea un ficheiro de datos de carácter persoal na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 167, do 31 de agosto).

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Seguridade e control de acceso» creado por esta orde.