Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 11 de outubro de 2011 Páx. 29901

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de setembro de 2011 pola que se modifica a autorización do centro privado Montespiño, no concello de Culleredo.

O representante da titularidade do CPR Montespiño, no concello de Culleredo, solicita a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil e seis unidades de educación primaria.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Autorizar a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil e seis unidades de educación primaria no centro privado que se sinala a continuación:

Denominación: CPR Montespiño.

Código do centro: 15020489.

Domicilio: r/ Montespiño, 10 (A Zapateira).

Localidade: Culleredo.

Concello: Culleredo.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fomento Centros de Enseñanza, S.A.

2. Composición resultante:

– 12 unidades de educación infantil.

– 12 unidades de educación primaria.

– 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

– 4 unidades de bacharelato. Modalidades: Ciencias e tecnoloxía, Humanidades e ciencias sociais.

Segundo.

Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria