Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 10 de outubro de 2011 Páx. 29774

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 30 de abril de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de instalación de centrais de biomasa seleccionados consonte a Orde do 14 de novembro de 2008 pola que se determina o obxectivo de potencia máxima en megavatios para tramitar no período 2008-2012 e se abre o prazo para a presentación de solicitudes de autorización de centrais de biomasa.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 121, do 28 de xuño de 2010, cómpre realizar a seguinte rectificación:

Na páxina 11796, fundamentos de dereito, punto terceiro, onde di: «No caso dos dous anteproxectos exceptuados, A Veiga e Ordes-Arzúa, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sostén que procede cualificar os citados anteproxectos como sometidos ao trámite de avaliación ambiental, no suposto de que resulten seleccionados», debe dicir: «No caso dos dous anteproxectos exceptuados, Cervantes e Ordes-Arzúa, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sostén que procede cualificar os citados anteproxectos como sometidos ao trámite de avaliación ambiental, no suposto de que resulten seleccionados».