Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 26 de setembro de 2011 Páx. 28158

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 12 de setembro de 2011 pola que se acorda a cesión en propiedade de material informático e de oficina á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

A Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, permite a cesión de bens mobles da comunidade autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, e exixe o Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento da citada Lei 3/1985, que a orde de cesión exprese a finalidade concreta á cal a entidade beneficiaria debe destinar os bens, así como as súas condicións.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal, entidade sen ánimo de lucro, ten por obxectivo facilitar e fomentar a cooperación territorial entre os seus membros, isto é, entre a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N) e a Xunta de Galicia, co fin de reforzar a cohesión económica e social, promovendo as relacións transfronteirizas como instrumento fundamental de transformación dos territorios da fronteira en novos espazos de desenvolvemento.

A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia é propietaria dun material, tanto mobiliario como material informático, procedente da disolución da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, que ocupaba os mesmos locais que na actualidade está a utilizar a Agrupación Europea de Cooperación Territorial, e que están adscritos á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Para tal fin, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tramitou o expediente de cesión, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6.º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Acórdase a cesión en propiedade a favor da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal dos seguintes bens:

Cantidade

Código

Designación

2

A1

Armario madeira (sala reunións gabinete subdirector)

2

A2

Armario (sala administrativos e sala de entrada)

1

A3

Armario (sala administrativo)

7

A4

Armario de caixóns para mesa (sala entrada)

2

A5

Armario de caixóns para mesa (sala directora e subdirector)

2

A6

Armario pequeno aberto

1

A7

Armario grande (sala de entrada)

1

A8

Armario de caixóns (sala de entrada)

5

A9

Andeis de almacén

2

B1

Colgadoiro (sala directora e subdirector)

2

B2

Colgadoiro (sala reunións e sala de administrativos)

1

B3

Colgadoiro (sala de entrada)

1

C1

Cadeira (sala subdirector)

2

C2

Cadeiras (sala subdirector)

1

C3

Cadeira (sala director)

13

C4

Cadeira (sala de reunión, sala de director, entrada)

6

C5

Cadeira (sala entrada, sala administrativas)

1

SI

Armario servidor informático

1

I2

Impresora multifuncións HP

2

MA 1

Máquina de encadernación

4

MO 1

Monitor computador AGM

1

MO 2

Monitor computador ASUS

1

MO 3

Monitor computador ACER

1

ME 1

Mesa de reunións grande

1

ME 2

Mesa de reunións pequena

6

PO

Computadores portátiles Toshiba

6

TE

Teclados

6

RA

Ratos

1

MI

Microondas

1

MAQ

Máquina café (Nexpresso)

1

QUA

Expositor de papel

1

FRI

Frigorífico

2

SE1

Mesas (directora e subdirector)

2

SE2

Mesas (administrativas)

1

SE3

Mesas sala de entrada

1

SE4

Xogo de 4 mesas

3

RE

Reloxos dixitais

2

CA

Lámpadas

1

PRO

Proxector fixo no teito

1

PA

Pantalla

Artigo 2.

As cesións sinaladas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos, tal como establecen os artigos 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 96 bis do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamento, destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal. Concretamente, destinaranse ao traballo diario dos socios e colaboradores da asociación para a elaboración de proxectos e programas.

b) Coa cesión outórgaselle á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal a propiedade dos bens mobles cedidos.

c) Se os bens cedidos non se aplicasen aos fins sinalados, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebranto ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán na Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioracións que experimentasen.

d) Serán por conta da entidade cesionaria todos os gastos de conservación e mantemento dos bens mobles cedidos.

Artigo 3.

As ditas cesións formalizaranse mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en quen delegue, e debe constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase o secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar e realizar as resolucións e trámites necesarios para o desenvolvemento e execución desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza