Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 21 de setembro de 2011 Páx. 27827

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 14 de setembro de 2011 pola que se acorda a cesión en propiedade da embarcación Illas Sisargas, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, á Confraría de Pescadores de Malpica de Bergantiños (A Coruña).

A Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, permite a cesión de bens mobles da comunidade autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, e o Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento da citada Lei 3/1985, exixe que a orde de cesión exprese a finalidade concreta a que a entidade beneficiaria debe destinar os bens, así como as súas condicións.

Por outra banda, a Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, define as confrarías de pescadores de Galicia como corporacións de dereito público, sen ánimo de lucro, dotadas con personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, que actúan como órganos de consulta e colaboración da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materias relativas á actividade extractiva e á ordenación do sector pesqueiro, e dispón que se rexerán pola súa lexislación específica.

Na actualidade, a embarcación Illas Sisargas consta inscrita a favor da Xunta de Galicia no Rexistro Marítimo Español, provincia marítima da Coruña, distrito marítimo de Corme, con matrícula 8.ª CO-3-2, coas características seguintes:

Nome da embarcación: Illas Sisargas.

Ano de construción: 1983.

Tipo de embarcación: especiais.

Subtipo de embarcación: vixilancia.

Motor: YAMAHA modelo ME200FT núm. 72W0000320 de potencia KW/CV 45,60/62,02.

Dimensións: manga 2,60, eslora 7,60, puntal 1,40.

T.R.B.: 5,03.

Folio: 2/.

Lista: 8.

Ano de inscrición: 1990.

O 13 de xuño de 2011 a Confraría de Pescadores de Malpica de Bergantiños solicitou a cesión en propiedade da referida embarcación de vixilancia.

Debido a que a referida confraría destina a embarcación Illas Sisargas para fins de utilidade pública e de interese social, de xeito especial, á realización de vixilancia no ámbito territorial determinado polos respectivos estatutos e á colaboración en asuntos de salvamento marítimo e loita contra a contaminación, cómpre cederlle en propiedade a embarcación Illas Sisargas, adscrita a esta consellería, para ser destinada aos fins sinalados.

Por outro lado, dado que carece de fins lucrativos, considérase axeitado provela da dita embarcación para o fortalecemento da súa estrutura.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 27, números 15 e 29, do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire o artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO

Artigo 1.

Acórdase a cesión en propiedade á Confraría de Pescadores de Malpica de Bergantiños (A Coruña) da seguinte embarcación:

Nome da embarcación: Illas Sisargas.

Ano de construción: 1983.

Tipo de embarcación: especiais.

Subtipo de embarcación: vixilancia.

Motor: Yamaha modelo ME200FT núm. 72W0000320 de potencia KW/CV 45,60/62,02

Dimensións: manga 2,60, eslora 7,60, puntal 1,40.

T.R.B.: 5,03.

Folio: 2/.

Lista: 8.

Matrícula: 8.ª CO-3-2.

Ano de inscrición:1990.

Artigo 2.

A cesión sinalada no artigo anterior queda sometida ás seguintes claúsulas:

a) De conformidade co establecido polos artigos 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 96 bis do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamento, o ben cedido destinarao a confraría cesionaria a fins de utilidade pública ou de interese social, de xeito especial, á realización de vixilancia no ámbito territorial determinado polos respectivos estatutos e á colaboración en asuntos de salvamento marítimo e loita contra a contaminación.

b) Coa cesión outórgaselle á Confraría de Pescadores de Malpica de Bergantiños (A Coruña) a propiedade do ben moble cedido.

c) Serán por conta da entidade cesionaria todos os gastos de conservación e mantemento do ben moble cedido.

d) Serán causas de resolución da cesión acordada, revertendo o ben ao patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioración que aquel experimentase, as seguintes:

– A non aplicación do ben cedido ao fin sinalado na letra a) deste artigo.

– A súa utilización con grave quebrantamento.

– En xeral, o incumprimento das condicións de cesión.

Artigo 3.

A devandita cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral técnico desta consellería ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase o secretario xeral técnico da Consellería do Mar para ditar as instrucións precisas para a execución do disposto nesta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2011.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Mar