Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 25 de agosto de 2011 Páx. 25589

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de agosto de 2011 pola que se modifican diversas ordes de bases e convocatoria do Programa de Promoción Xeral de Investigación e dos Programas Sectoriais de investigación aplicada do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (Incite) correspondentes aos anos 2008, 2009 e 2010.

O Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (Incite) 2006-2010 incluía o Programa de Promoción Xeral de Investigación e os Programas Sectoriais. Actualmente están vixentes as seguintes ordes, publicadas pola Consellería de Economía e Industria:

Orde do 3 de marzo de 2008 (DOG do 24 de marzo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Orde do 3 de marzo de 2008 (DOG do 28 de marzo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Orde do 3 de xuño de 2009 (DOG do 12 de xuño) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao Programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Orde do 24 de xuño de 2009 (DOG do 6 de xullo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. Modificada pola Orde do 3 de marzo de 2010 (DOG do 12 de marzo).

Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 9 de xullo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 7 de xullo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. Modificada pola Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 14 de outubro).

De acordo co Decreto 89/2011, do 31 de marzo, no seu artigo 2 polo que se modifica o Decreto 332/2009, do 11 de xuño, que establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, correspóndelle á Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria, sen detrimento das actuacións que neste ámbito poidan asumir outras unidades da Xunta de Galicia con competencias en investigación e innovación tecnolóxica, entre outras funcións, o desenvolvemento e a xestión dos retos, eixos estratéxicos e liñas de acción do Plan Galego de Investigación Innovación e Crecemento no relativo ao Sistema Universitario de Galicia. Por isto, a Secretaría Xeral de Universidades asume a xestión das convocatorias vixentes anteriormente indicadas no referente aos grupos de investigación do SUG.

Este cambio refírese só ás solicitudes dos grupos de investigación do SUG, xa sexan solicitudes dun só grupo ou cando actúen en colaboración entre eles. Non lle afecta ás solicitudes dos grupos de investigación do SUG en colaboración con empresas e centros, esa competencia polo seu carácter transversal permanece na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Estas convocatorias vixentes recollen diversas datas para a xustificación das subvencións concedidas, para a emisión das facturas e para o pagamento dos gastos executados, o que dificulta a xestión destas convocatorias e causa confusión na tramitación. Ademais, os prazos e os mecanismos de xustificación destas ordes entran en contradición coa normativa de peche de exercicio. Por iso é necesario unha modificación de diversos artigos destas ordes relativos ás xustificacións.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1

O artigo 6, punto 1, do anexo II da orde do 3 de marzo de 2008 (DOG do 24 de marzo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2008, queda redactado do seguinte xeito:

«Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que na data límite do 31 de outubro de cada anualidade, a universidade ou organismo competente remita certificación expresiva da realización dos gastos e pagamentos, en que conste o concepto subvencionable e o importe de cada un deles, correspondentes á axuda outorgada».

Artigo 2

O artigo 6, punto 1, do anexo I da Orde do 3 de marzo de 2008 (DOG do 28 de marzo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2008 queda redactado do seguinte xeito:

«1. Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que na data límite do 31 de outubro de cada anualidade se remita a seguinte documentación.

a) Por parte da universidade ou organismo competente, certificación expresiva da realización dos gastos e pagamentos, en que conste o concepto subvencionable e o importe de cada un deles, correspondentes á axuda outorgada».

Artigo 3

O artigo 6, punto 1, do anexo II da Orde do 3 de xuño de 2009 (DOG do 12 de xuño) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2009, queda redactado do seguinte xeito:

«Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que na data límite do 31 de outubro de cada anualidade a universidade ou organismo competente remita certificación expresiva da realización dos gastos e pagamentos, en que conste o concepto subvencionable e o importe de cada un deles, correspondentes á axuda outorgada. Anualmente tamén, os beneficiarios deberán presentar informe de actividades e resultados, de acordo coas previsións do artigo 7º deste anexo II».

Artigo 4

O artigo 6, punto 4, do anexo I da Orde do 24 de xuño de 2009 (DOG do 6 de xullo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2009, modificada pola Orde do 3 de marzo de 2010 (DOG do 12 de marzo), queda redactado do seguinte xeito:

«Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que na data límite do 31 de outubro de cada anualidade a universidade ou organismo competente remita certificación expresiva da realización dos gastos e pagamentos, en que conste o concepto subvencionable e o importe de cada un deles, correspondentes á axuda outorgada»

Artigo 5

O artigo 6, punto 4, do anexo II da Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 9 de xullo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Plan Galego de I+D+i) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 queda redactado do seguinte xeito:

«Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que na data límite do 31 de outubro de cada anualidade a universidade ou organismo competente remita certificación expresiva da realización dos gastos e pagamentos, en que conste o concepto subvencionable e o importe de cada un deles, correspondentes á axuda outorgada. O período de emisión de facturas comprenderá desde a data límite da xustificación anterior ata o 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate».

Artigo 6

O artigo 6, punto 4, do anexo I da Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 7 de xullo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o ano 2010, modificada pola Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 14 de outubro), queda redactado do seguinte xeito:

«Para poder proceder ao libramento dos fondos será necesario que na data límite do 31 de outubro de cada anualidade a universidade ou organismo competente remita certificación expresiva da realización dos gastos e pagamentos, en que conste o concepto subvencionable e o importe de cada un deles, correspondentes á axuda outorgada. O período de emisión de facturas comprenderá desde a data límite da xustificación anterior ata o 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate».

Artigo 7

Nas xustificacións de todas as axudas concedidas ao abeiro das ordes citadas previamente, aínda que sexan financiadas con fondos propios da comunidade autónoma, será necesario que a certificación da realización do gasto veña acompañada dunha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, segundo o artigo 48.2.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG do 29 de xaneiro).

Considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado pola normativa reguladora de subvencións, segundo establece o artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os gastos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

No referente aos grupos de investigación do SUG todos os modelos de xustificación estarán dispoñibles na web http://www.edu.xunta.es.

Artigo 8

As redistribucións entre os conceptos orzamentarios detallados na comunicación da resolución da axuda non requirirán aprobación previa da Secretaría Xeral de Universidades, pero deberán ser recollidas na xustificación da correspondente anualidade, de xeito que quede explicada a necesidade da redistribución e se garanta a viabilidade do proxecto.

Artigo 9

Queda sen efecto o artigo 7, punto 4, do anexo II da Orde do 3 de xuño de 2009 (DOG do 12 de xuño) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2009, que tiña a seguinte redacción: «Tendo en conta o carácter plurianual destas axudas, así como o carácter de anticipos de todas as anualidades agás a última, os pagamentos anuais responderán ao plan aprobado na resolución de concesión sen necesidade de que os gastos efectivamente executados e xustificados en cada anualidade coincidan coas previsións de pagamento anuais, salvo na última anualidade; o importe total do plan de pagamentos deberá coincidir co importe global aprobado para cada proxecto subvencionado.

No caso de que se propoñan pagamentos á conta, estes responderán ao ritmo de exe-cución das accións subvencionadas, que se aboarán pola contía equivalente á xustificación presentada».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria