Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25419

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de xullo de 2011 de cambio de domicilio por traslado de instalacións do centro autorizado de ensinanzas elementais de música Manuel Peleteiro, concello de Santiago de Compostela, e autorización das ensinanzas artísticas profesionais de música.

O representante legal do centro autorizado de ensinanzas elementais de música Manuel Peleteiro, do concello de Santiago de Compostela, solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa San Pedro de Mezonzo, 27, a Monte Redondo, O Castiñeiriño; e tamén solicita autorización para impartir as ensinanzas artísticas profesionais de música.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes, de conformidade co Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; co Decreto 253/1995, do 29 de setembro, de autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, e coa Orde do 5 de decembro de 1995, que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións ao centro autorizado de ensinanzas elementais de música e autorizar as ensinanzas artísticas profesionais de música, no centro que se detalla a continuación:

Denominación: centro autorizado de ensinanzas artísticas profesionais de música Manuel Peleteiro.

Código do centro: 15027484.

Enderezo: Monte Redondo, O Castiñeiriño.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Herederos de Manuel Peleteiro, S.C.

2. Composición resultante:

Ensinanzas elementais de música.

Ensinanzas artísticas profesionais de música.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria