Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25421

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de xullo de 2011 pola que se modifica a autorización do centro privado Liceo La Paz, concello da Coruña.

Os titulares do centro privado Liceo La Paz, do concello da Coruña, solicitan a modificación da autorización para impartir os ciclos formativos de grao superior de Desenvolvemento de aplicacións web, Educación infantil e Sistemas de telecomunicación e informáticos en quenda de mañá, e do ciclo formativo de grao medio de Emerxencias sanitarias en quenda de tarde-noite no devandito centro educativo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes, de conformidade co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Esta Consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.

1. Autorizar os ciclos formativos de grao superior de Desenvolvemento de aplicacións web, Educación infantil e Sistemas de telecomunicación e informáticos en quenda de mañá, e o ciclo formativo de grao medio de Emerxencias sanitarias en quenda de tarde-noite, no centro privado que a continuación se relaciona:

Denominación: centro privado Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Enderezo: Sebastián Martínez Risco, 12.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

2. Composición resultante:

2.1. Educación infantil: 15 unidades.

2.2. Educación primaria: 30 unidades.

2.3. Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

2.4. Bacharelato:

• Oito unidades das modalidades de ciencias e tecnoloxía; e humanidades e ciencias sociais.

• Catro unidades da modalidade de artes: vía artes escénicas, música e danza e vía de artes plásticas, imaxe e deseño.

2.5. Formación profesional:

2.5.1. Ciclos formativos de grao medio:

• 1 CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

• 1 CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Servizos en restauración (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

2.5.2. Ciclos formativos de grao superior:

• 1 CS Administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Animación de actividades físicas e deportivas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Documentación sanitaria (1 unidade para 20 alumnos/as).

• 1 CS Educación infantil (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Imaxe para o diagnóstico (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Sistemas de telecomunicación e informáticos (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

2.6. Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

2.6.1. Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

2.6.2. Bacharelato: 6 unidades das modalidades de ciencias da natureza e tecnoloxía, e humanidades e ciencias sociais.

2.6.3. Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio:

• 1 CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

• 1 CM Emerxencias sanitarias (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior:

• 1 CS Administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Documentación sanitaria (1 unidade para 20 alumnos/as).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria