Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 4 de agosto de 2011 Páx. 22090

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 12 de xullo de 2011 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional, aprobados ao abeiro do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establece no seu artigo 1 que esta lei ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de cualificacións, formación profesional e acreditación. En desenvolvemento desta lei, créase o Catálogo Nacional de Cualificacións, como eixe vertebrador da integración das ofertas de formación profesional que xestionan as administracións educativas e laborais. Neste sentido, no artigo 8 establécese que as cualificacións se acreditarán mediante títulos de formación profesional, expedidos pola Administración educativa, ou certificados de profesionalidade, expedidos pola Administración laboral. Ambos acreditan con carácter oficial e validez en todo o territorio estatal as competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación no emprego.

O Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema da formación profesional para o emprego, establece no artigo 10, e de conformidade co establecido no artigo 10.1.º da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, que a oferta de formación profesional para o emprego vinculada ao Catálogo Nacional de Cualificacións estará constituída pola formación dirixida á obtención dos certificados de profesionalidade.

Os certificados de profesionalidade están regulados polo Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, onde se define o novo Repertorio nacional de certificados de profesionalidade como o conxunto dos certificados de profesionalidade ordenados sectorialmente en 26 familias profesionais e de acordo cos niveis de cualificación 1, 2 e 3.

Neste real decreto recóllese, como un dos elementos esenciais para incrementar a calidade da formación para o emprego, que en todos e cada un dos módulos formativos que conforman cada certificado de profesionalidade se determinen os criterios de acceso do alumnado, que asegurarían que estes contan coas competencias clave suficientes para cursar con aproveitamento a formación.

En consecuencia, para cursar os módulos formativos dos certificados de profesionalidade, tíñase que acreditar estar en posesión de certas competencias. Estas competencias baseábanse nos ámbitos establecidos na recomendación do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea sobre competencias clave e no Marco común europeo de referencia para as linguas (caso dos módulos de competencias lingüísticas).

Estas competencias clave pódense demostrar ou acreditar, basicamente, estando en posesión de determinadas titulacións ou acreditacións oficiais de formación básica ou superando as probas específicas que demostrasen o seu dominio.

Para cumprir esta normativa e facilitarlle o acceso ás accións formativas asociadas a estes certificados de profesionalidade a un maior número de persoas, elaborouse a normativa pola que se regulaban as probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actualmente o Real decreto 1675/2010, do 10 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade, e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación, no punto un do artigo primeiro e segundo, modifica os requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade substituíndo o concepto de «competencias clave» por «requisitos formativos e profesionais», e atribúelle á Administración laboral competente a determinación de cales serán eses coñecementos formativos ou profesionais suficientes que permitan cursar con aproveitamento a formación ao alumnado que queira acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis de cualificación profesional 2 e 3.

De acordo con este marco normativo, cómpre determinar cales serán os requisitos formativos ou profesionais exixidos, no ámbito da nosa comunidade autónoma, para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional, aprobados a partir de setembro de 2008.

Así, de cara a seguir fomentando a calidade e a integración da formación profesional, considérase que estes criterios de acceso para o alumnado deben estar baseados no dominio de determinados coñecementos e capacidades básicos que aseguren a formación mínima necesaria para cursar o módulo con aproveitamento. Estes coñecementos e capacidades refírense a contidos xerais de formación básica, as «competencias clave».

As competencias clave constitúen unha combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes idóneas ao contexto, que lles permitirán ás persoas progresar no mundo do emprego e na formación, e para a súa realización e desenvolvemento profesional e persoal. Tanto as probas en competencias clave como a formación específica rexeranse respectivamente polos criterios de avaliación, así como polos obxectivos específicos e resultados de aprendizaxe recollidos no correspondente programa formativo que figura no ficheiro de especialidades formativas de formación profesional para o emprego dentro da familia profesional de formación complementaria.

Consonte o exposto, facendo uso das facultades conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia; o Decreto 335/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura da Consellería de Traballo e Benestar, e o Decreto 93/1999, do 8 de abril, polo que se crea e regula o Instituto Galego das Cualificacións, como órgano responsable de velar polo establecemento e xestión en Galicia do sistema nacional das cualificacións; tendo en conta os preceptivos informes e os ditames do Consello Galego de Formación Profesional, do Consello de Relacións Laborais e demais disposicións de xeral aplicación

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade.

1. Co fin de fomentar a calidade e a integración da formación profesional, esta orde ten por obxecto establecer uns criterios de acceso que deberá cumprir o alumnado que vaia cursar a formación correspondente aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 aprobados ao abeiro do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade, modificado polo Real decreto 1675/2010, do 10 de decembro, é dicir, para os certificados de profesionalidade publicados a partir de setembro de 2008.

2. Estes criterios de acceso están baseados no dominio de determinados coñecementos e capacidades básicos relativos a contidos xerais de formación básica, que aseguren as competencias mínimas necesarias para cursar os módulos dos certificados de profesionalidade con aproveitamento. Estes coñecementos e capacidades básicos é o que se denomina «competencias clave».

3. Así mesmo, con esta orde regúlanse as probas de avaliación en competencias clave. Estas teñen por finalidade facilitarlles ás persoas que non posúan os requisitos formativos establecidos para os novos certificados de profesionalidade que poidan demostrar, mediante un proceso de avaliación específico, que posúen os coñecementos e capacidades básicos que se requiren para cursar os correspondentes certificados de profesionalidade.

4. A superación destas probas, que se realizarán previamente ao inicio da acción formativa do correspondente certificado de profesionalidade, facilitaralles ás persoas a posibilidade de continuaren coa súa formación, garantindo o acceso a estas accións formativas en condicións suficientes para cursalos con aproveitamento e madurez, contribuíndo así ao desenvolvemento persoal e profesional das persoas e facendo realidade a aprendizaxe ao longo da vida.

Artigo 2. Ámbito de aplicación.

O eido de aplicación desta orde circunscríbese á nosa comunidade autónoma no ámbito de xestión da Consellería de Traballo e Benestar e desenvolve o artigo 5.5.º c) do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade, modificado polo Real decreto 1675/2010, do 10 de decembro.

Artigo 3. Establecemento das competencias clave.

1. Tomando como referencia os ámbitos establecidos na recomendación do Parlamento Europeo e da Comisión do 18 de decembro de 2006, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente, establécense para a Comunidade Autónoma de Galicia como requisitos formativos de acceso aos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 as seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en linguas estranxeiras.
  • Competencia matemática.
  • Competencia en tecnoloxía.
  • Competencia en ciencia.
  • Competencia dixital.

2. Para cada certificado de profesionalidade exixiranse determinadas competencias clave, que se establecen para cada familia profesional, por áreas profesionais e por niveis de cualificación, segundo se especifica no anexo IV desta orde.

Artigo 4. Acreditación das competencias clave.

Aquelas persoas que vaian cursar a formación correspondente aos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 deberán estar en posesión das competencias clave requiridas. Estas pódense demostrar ou acreditar dos xeitos seguintes:

1. Estando en posesión de determinadas titulacións ou acreditacións oficiais de formación básica.

2. Superando as probas que organice a Consellería de Traballo e Benestar nas cales se avaliará a persoa candidata en cada unha das competencias clave e niveis establecidos nos criterios de acceso.

3. Superando a formación específica en competencias clave dentro do ámbito da formación profesional para o emprego.

4. Tendo superado os estudos ou probas do sistema educativo que se especifican nos anexos V e VI desta orde.

Artigo 5. Titulacións ou acreditacións requiridas para o acceso aos novos certificados de profesionalidade.

1. Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2, considérase que posúen a formación básica necesaria e, polo tanto, estarán exentos de realizar probas de avaliación en competencias clave, excepto da competencia da lingua galega, as persoas que acrediten estar en posesión das seguintes titulacións ou acreditacións:

a) Certificado de profesionalidade de nivel 2.

b) Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional que a acción formativa a que desexa acceder.

c) Título de graduado en educación secundaria obrigatoria (LOE).

d) Ter superado os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.

e) Ter superado un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao medio en centros públicos ou privados autorizados pola Administración educativa.

f) Graduado en educación secundaria (LOXSE).

g) Técnico auxiliar (FP1).

h) Técnico (ciclo formativo de grao medio).

i) Segundo de BUP cun máximo de dúas materias pendentes entre os dous cursos.

j) Segundo curso do primeiro ciclo experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

k) Técnico deportivo.

l) Técnico de artes plásticas e deseño.

m) Oficialía industrial.

n) Técnico militar.

o) Tres cursos comúns do plan de 1963 ou segundo de comúns experimental, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.

p) Dous cursos comúns do plan experimental do ano 1984 (artes aplicadas e oficios artísticos).

q) Ter superada a proba de acceso á universidade.

r) Ter superado os estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta orde.

s) Outros estudos declarados equivalentes con algún dos anteriores para efectos académicos.

2. Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 3, considérase que posúen a formación básica e, polo tanto, estarán exentas de realizar probas de avaliación en competencias clave, excepto da competencia clave de lingua galega, as persoas que acrediten estar en posesión das seguintes titulacións ou acreditacións:

a) Certificado de profesionalidade de nivel 3.

b) Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.

c) Bacharelato LOE.

d) Bacharelato LOXSE.

e) COU.

f) PREU.

g) Segundo curso do bacharelato experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

h) Posuír o título de técnico de grao medio e ter superado un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao superior en centros públicos ou privados autorizados pola Administración educativa.

i) Técnico superior (ciclo formativo de grao superior).

j) Técnico especialista (FPG).

k) Título de perito mercantil.

l) Bacharelato laboral superior do plan do 1963.

m) Técnico superior de artes plásticas e deseño (segundo a especialidade cursada).

n) Técnico deportivo superior (segundo a modalidade).

o) Mestre industrial.

p) Graduado en cerámica e artes plásticas.

q) Ter superada a proba de acceso á universidade.

r) Ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo VI desta orde.

s) Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.

3. Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, considérase que posúen a formación básica en lingua galega e, por tanto, estarán exentas de realizar a proba de avaliación na competencia clave de comunicación en lingua galega as persoas que acrediten estar en posesión das seguintes titulacións ou acreditacións oficiais:

3.1. Para o nivel 2:

Estar en posesión do Celga 2 ou as súas validacións:

– O título de graduado escolar, sempre que se estudase toda a EXB en Galicia e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos.

– Certificado de nivel medio de lingua e cultura galega para estranxeiros, ata a entrada en vigor da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais de lingua galega (Celga).

– Certificado do nivel medio dos estudos de galego da UNED ata a entrada en vigor da Orde do 16 de xullo de 2007.

– Certificado de ter cursado e aprobado as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego da ESO nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa do Convenio para a promoción do galego nos territorios limítrofes de Galicia e Castela e León, subscrito polas dúas comunidades.

Ter superado estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta orde, no relativo á competencia clave de comunicación en lingua galega.

3.2. Para o nivel 3:

Estar en posesión do Celga 3 ou as súas validacións:

– Título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou técnico auxiliar (FP1), cursado na totalidade en Galicia con lingua galega de xeito oficial en todos os cursos.

– Certificado do ciclo inicial de galego expedido polas escolas oficiais de idiomas.

– Certificado de ter cursado e aprobado as materias de ciencias sociais e as optativas de galego na ESO e no bacharelato nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa do convenio para a promoción do galego nos territorios limítrofes de Galicia e Castela e León, subscritos por ambas comunidades.

– Estar en posesión do certificado de aptitude dos cursos de iniciación de lingua galega (segundo a Orde do 1 de abril de 2005).

Ter superado os estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo VI desta orde, no relativo á competencia clave de comunicación en lingua galega.

Artigo 6. As probas de competencia clave.

1. Realizarase unha proba por cada competencia clave de cada nivel de cualificación e nela a persoa deberá demostrar que posúe os coñecementos e as capacidades básicos suficientes para cursar con aproveitamento todos aqueles módulos de certificado de profesionalidade do nivel de cualificación correspondente á citada competencia clave.

2. Nas distintas convocatorias as persoas poderanse inscribir en tantas competencias clave como estean interesadas, en función dos criterios de acceso aos requisitos formativos para o certificado de profesionalidade que desexen cursar posteriormente.

Artigo 7. Destinatarios.

1. As probas de avaliación en competencias clave están dirixidas a aquelas persoas que non posúan as titulacións ou acreditacións de formación básica exixida para o acceso aos novos certificados de profesionalidade, cumpran dezaseis anos no ano de realización da proba e desexen cursar un certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3 dos novos certificados de profesionalidade –publicados a partir de setembro de 2008– incluídos no ficheiro de especialidades formativas da formación profesional para o emprego.

2. Non se poderán presentar a estas probas de avaliación aquelas persoas que na data de finalización do prazo de presentación de solicitude de inscrición estean a cursar unha acción formativa conducente á obtención da mesma competencia clave para a que se convoca a correspondente proba de avaliación.

Artigo 8. Coordinación e xestión das probas de avaliación.

O Instituto Galego das Cualificacións, adscrito á Dirección Xeral de Formación e Colocación, será o órgano encargado da coordinación e xestión do proceso e desenvolvemento das probas na nosa comunidade autónoma. As súas funcións serán:

a) Elaborar as convocatorias anuais sobre probas de avaliación en competencias clave.

b) Planificar e coordinar o desenvolvemento das probas de avaliación.

c) Realizar a xestión das probas, impulsando o seu desenvolvemento e a súa calidade.

d) Elaborar e publicar as listas provisorias e definitivas de admitidos e excluídos ás probas en cada orde de convocatoria.

e) Propor os centros e o persoal para a realización das probas.

f) Designar as comisións de avaliación, que serán nomeadas pola Dirección Xeral de Formación e Colocación.

g) Supervisar o seu desenvolvemento, a través da designación do persoal técnico do Instituto Galego das Cualificacións, que ocupará a secretaría en cada unha das comisións de avaliación.

h) Rexistrar as acreditacións expedidas.

i) Custodiar e arquivar todos os documentos que correspondan relacionados coa realización das probas.

Artigo 9. Convocatoria das probas en competencias clave.

1. A Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través do Instituto Galego das Cualificacións, convocará, polo menos unha vez ao ano, probas de avaliación sobre as competencias clave requiridas para cursar os novos certificados de profesionalidade, ás que poderán concorrer aquelas persoas que non cumpran os requisitos que permitan o acceso directo ás accións formativas dirixidas á obtención destes novos certificados de profesionalidade.

2. O momento e lugar de realización das probas de avaliación sobre competencias clave serán determinados pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, en función das previsións de programación formativa de certificados de profesionalidade, do volume de persoas que demanden estas probas na nosa comunidade autónoma e de calquera outro aspecto que esta dirección xeral considere oportunos, dentro do eido das súas competencias, coa finalidade de facilitar que cada persoa avance no seu itinerario de formación profesional.

3. En cada convocatoria, todas as persoas aspirantes realizarán a proba de cada competencia clave na mesma data e á mesma hora.

4. En cada convocatoria fixaranse as competencias clave que se convocan, a data, o horario de realización das probas e a duración de cada unha delas, así como os lugares onde se realizarán as probas.

Artigo 10. Inscrición nas probas de avaliación en competencias clave.

1. A inscrición para participar nestas probas efectuarase mediante solicitude dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións, axustada ao modelo de solicitude que figura no anexo I desta orde, dentro do prazo e nos lugares que se especifiquen na correspondente convocatoria.

Artigo 11. Probas de avaliación de competencias clave adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

1. As persoas con necesidades específicas derivadas de discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver as probas de avaliación.

2. Quen solicite proba adaptada deberá facelo constar expresamente no momento da inscrición e presentar o correspondente certificado acreditativo de discapacidade emitido polo organismo competente, así como o seu ditame técnico facultativo.

3. A adaptación ás probas que deban superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para cada unha das competencias clave.

Artigo 12. Comisións de avaliación.

1. Para a elaboración, organización, aplicación, avaliación e cualificación das probas de avaliación crearanse comisións de avaliación, cuxo número e sedes se fixarán na correspondente convocatoria.

2. Cada comisión de avaliación estará formada por un presidente ou presidenta e, polo menos, tres vogais. Formará parte da comisión un secretario ou secretaria, que será persoal técnico do Instituto Galego das Cualificacións, que actuará con voz pero sen voto.

3. Os presidentes/as e os/as vogais deberán cumprir os requisitos de titulación que se indican no anexo II desta orde.

4. A cada comisión de avaliación poderase incorporar tanto persoal de apoio (vixilantes e/ou correctores/as) como se considere necesario, en función das características das probas e do número de persoas inscritas, para garantir un correcto desenvolvemento destas.

5. Os membros das comisións de avaliación, os/as secretarios/as, así como o persoal de apoio, que se puidesen designar serán nomeados pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, por proposta da Subdirección do Instituto Galego das Cualificacións.

6. Os membros das comisións de avaliación están suxeitos ás causas de abstención e recusación que prevén os artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. As comisións de avaliación terán as seguintes funcións:

a) Colaborar na organización das probas co Instituto Galego das Cualificacións; para tal fin, participarán nas reunións de planificación e organización que se establezan.

b) Establecer as probas, así como os criterios de corrección, en coordinación e segundo as directrices establecidas polo Instituto Galego das Cualificacións.

c) Aplicar as probas aos/ás candidatos/as, atendendo e resolvendo as incidencias que se poidan orixinar durante a súa realización, en colaboración, de ser o caso, co persoal de apoio.

d) Corrixir e cualificar as probas, en colaboración, de ser o caso, co persoal de apoio.

e) Cubrir a acta coas cualificacións definitivas, que lle remitirán ao Instituto Galego das Cualificacións para o seu arquivo.

f) Resolver, en primeira instancia, as reclamacións que se poidan presentar.

8. Os membros das comisións de avaliación percibirán as cantidades establecidas para a categoría terceira de tribunais ou órganos encargados da selección de persoal ou de probas para o exercicio das profesións ou para a realización de actividades, segundo o establecido no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, modificado polo Decreto 144/2008.

Artigo 13. Resultado e efectos das probas.

1. Ás persoas que participen nas probas de avaliación correspondentes a unha ou varias competencias clave expediráselles un documento acreditativo que certificará o resultado obtido nos termos de «apta/o-non apta/o». Este documento conterá os aspectos sinalados no anexo III desta orde.

2. As competencias clave demostradas mediante a superación da correspondente proba servirán para o acceso a todos os certificados de profesionalidade que requiran esas competencias clave como criterio de acceso.

3. Cando non se superasen as probas de avaliación nunha/s competencia/s clave, poderase acceder, con carácter preferente, ás accións formativas en competencias clave que se impartan dentro da formación profesional para o emprego que xestiona a Consellería de Traballo e Benestar.

Artigo 14. Reclamacións e recursos.

1. Poderanse presentar reclamacións contra as listas provisorias de persoas admitidas e excluídas ante o Instituto Galego das Cualificacións, e contra a cualificación provisoria nas probas ante a Comisión de Avaliación, na forma e nos prazos que se determinen na correspondente resolución de convocatoria.

2. A publicación das listas provisorias e definitivas terá os efectos de comunicación ás persoas reclamantes.

3. Contra as listas e cualificacións definitivas poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente lista ou cualificación definitiva, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificacións da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Expedición e rexistro.

1. A expedición das acreditacións en competencias clave será realizada pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar.

2. O Instituto Galego das Cualificacións levará un rexistro nominal e por especialidades de todas as acreditacións de competencias clave expedidas.

3. Para os efectos de garantir a transparencia do mercado de traballo e facilitar a libre circulación de traballadores, as acreditacións da superación das competencias clave incorpóranse, de xeito automático, na demanda que, de ser o caso, ten a persoa no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Artigo 16. Arquivo de documentación das probas de competencias clave.

O Instituto Galego das Cualificacións conservará toda a documentación xerada ao longo deste proceso durante os tres meses seguintes ao da a súa finalización. Se, transcorrido este período, non se produce ningunha reclamación, poderá proceder á súa destrución. No caso dos exames reclamados e dos impugnados, a documentación conservarase durante un período de cinco anos.

Artigo 17. Protección de datos.

Na xestión dos procesos a que se refire esta orde respectarase a normativa sobre protección de datos, consonte a lexislación vixente.

Disposición adicional primeira. Vixencia das certificacións en competencia clave.

A certificación de ter superado a proba sobre unha determinada competencia clave de nivel 2 ou de nivel 3 manterá a súa vixencia mentres non se modifique o contido da dita competencia clave.

Disposición derrogatoria.

A partir da entrada en vigor desta orde, queda derrogada a Orde do 26 de novembro de 2009 pola que se regulan as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, quedan derrogadas as instrucións e resolucións anteriores, no que se opoñan ao establecido nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Autorizacións.

Autorízase a Dirección Xeral de Formación e Colocación para ditar as instrucións que se consideren necesarias para a aplicación do previsto nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO IV

Requisitos formativos necesarios para acceder á formación dos novos certificados de profesionalidade: competencias clave

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Administración

e xestión

Nivel 2

ADGD

Administración e auditoría

Lingua castelá, lingua galega, matemática, dixital

* Nos CP con módulo de idioma exixirase CC do idioma correspondente

ADGG

Xestión da información e comunicación

ADGN

Finanzas e seguros

Nivel 3

ADGD

Administración e auditoría

Lingua castelá, lingua galega, matemática, dixital

* Nos CP con módulo de idioma exixirase CC do idioma correspondente

ADGG

Xestión da información e comunicación

ADGN

Finanzas e seguros

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Actividades

físicas e deportivas

Nivel 2

AFDA

Actividades físico-deportivas recreativas

Lingua castelá, lingua galega, matemática

AFDP

Prevención e recuperación

Nivel 3

AFDA

Actividades físico-deportivas recreativas

Lingua castelá, lingua galega, matemática

AFDP

Prevención e recuperación

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Agraria

Nivel 2

AGAJ

Xardinaría

Lingua castelá, lingua galega, matemática

AGAN

Gandaría

ÁGAR

Forestal

AGAU

Agricultura

Nivel 3

AGAJ

Xardinaría

Lingua castelá, lingua galega, matemática e ciencia

AGAN

Gandaría

ÁGAR

Forestal

AGAU

Agricultura

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Artes gráficas

Nivel 2

ARGA

Actividades e técnicas gráficas artísticas

Lingua castelá, lingua galega,

matemática e dixital

ARGC

Encadernación industrial

ARGG

Deseño gráfico e multimedia

ARGI

Impresión

ARGN

Edición

ARGP

Preimpresión

ARGT

Transformación e conversión en industrias gráficas

Nivel 3

ARGA

Actividades e técnicas gráficas artísticas

Lingua castelá, lingua galega, matemática e dixital

ARGC

Encadernación industrial

ARGG

Deseño gráfico e multimedia

ARGI

Impresión

ARGN

Edición

ARGP

Preimpresión

ARGT

Transformación e conversión en industrias gráficas

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Artes e artesanías

Nivel 2

ARTA

Artesanía tradicional

Lingua castelá, lingua galega, matemática

ARTB

Xoiaría e ourivaría

ARTG

Fabricación e mantemento de instrumentos musicais

ARTN

Vidro e cerámica artesanal

ARTR

Recuperación, reparación e mantemento artísticos

ARTU

Artes escénicas

Nivel 3

ARTA

Artesanía tradicional

Lingua castelá, lingua galega, matemática

ARTB

Xoiería e ourivaría

ARTG

Fabricación e mantemento de instrumentos musicais

ARTN

Vidro e cerámica artesanal

ARTR

Recuperación, reparación e mantemento artísticos

ARTU

Artes escénicas

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Comercio e mercadotecnia

Nivel 2

COML

Loxística comercial e xestión do transporte

Lingua castelá, lingua galega, matemática e dixital

* Nos CP con módulo de idioma exixirase CC do idioma correspondente

CMM

Mercadotecnia e relacións laborais

COMT

Compravenda

Nivel 3

COML

Loxística comercial e xestión do transporte

Lingua castelá, lingua galega, matemática e dixital

* Nos CP con módulo de idioma exixirase CC do idioma correspondente

CMM

Mercadotecnia e relacións laborais

COMT

Compravenda

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Edificación e obra civil

Nivel 2

EOCB

Albanelaría e acabados

Lingua castelá, lingua galega, matemática

EOCJ

Colocación e montaxe

EOCE

Estruturas

EOCO

Proxectos e seguimentos de obras

EOCQ

Maquinaria de construción

Nivel 3

EOCB

Albanelaría e acabados

Lingua castelá, lingua galega, matemática

EOCE

Estruturas

EOCJ

Colocación e montaxe

EOCO

Proxectos e seguimentos de obras

EOCQ

Maquinaria de construción

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Electricidade e electrónica

Nivel 2

ELEE

Instalacións eléctricas

Lingua castelá, lingua galega, matemática e tecnoloxía

ELEM

Máquinas electromecánicas

ELEQ

Equipos electrónicos

Lingua castelá, lingua galega, matemática, tecnoloxía e dixital

ELES

Instalacións de telecomunicación

Nivel 3

ELEE

Instalacións eléctricas

Lingua castelá, lingua galega, matemática e tecnoloxía

ELEM

Máquinas electromecánicas

ELEQ

Equipos electrónicos

Lingua castelá, lingua galega, matemática, tecnoloxía e dixital

ELES

Instalacións de telecomunicación

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Enerxía e auga

Nivel 2

ENAA

Auga

Lingua castelá, lingua galega, matemática e tecnoloxía

ENAC

Eficiencia enerxética

ENAE

Enerxías renovables

ENAL

Enerxía eléctrica

ENAS

Gas

Nivel 3

ENAA

Auga

Lingua castelá, lingua galega, matemática e tecnoloxía

ENAC

Eficiencia enerxética

ENAE

Enerxías renovables

ENAL

Enerxía eléctrica

ENAS

Gas

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Fabricación mecánica

Nivel 2

FMEA

Construcións aeronáuticas

Lingua castelá, lingua galega, matemática e tecnoloxía

FMEC

Construcións metálicas

FMEF

Fundición

FMEH

Operacións mecánicas

FMEM

Produción mecánica

Nivel 3

FMEA

Construcións aeronáuticas

Lingua castelá, lingua galega, matemática e tecnoloxía

FMEC

Construcións metálicas

FMEF

Fundición

FMEH

Operacións mecánicas

FMEM

Produción mecánica

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Hostalaría e turismo

Nivel 2

HOTA

Aloxamento

Lingua castelá, lingua galega, matemática

* Nos CP con módulo de idioma exixirase CC do idioma correspondente

HOTJ

Xogos de azar

HOTR

Restauración

HOTT

Turismo

HOTU

Agroturismo

Nivel 3

HOTA

Aloxamento

Lingua castelá, lingua galega, matemática

* Nos CP con módulo de idioma exixirase CC do idioma correspondente

HOTJ

Xogos de azar

HOTR

Restauración

HOTT

Turismo

HOTU

Agroturismo

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Industrias extractivas

Nivel 2

IEXD

Pedra natural

Lingua castelá, lingua galega, matemática

IEXM

Minaría

Nivel 3

IEXD

Pedra natural

Lingua castelá, lingua galega, matemática

IEXM

Minaría

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Informática e comunicacións

Nivel 2

IFCD

Desenvolvemento

Lingua castelá, lingua galega, matemática, dixital e tecnoloxía

IFCM

Comunicacións

Lingua castelá, lingua galega, matemática e dixital

IFCT

Sistemas e telemática

Nivel 3

IFCD

Desenvolvemento

Lingua castelá, lingua galega, matemática, dixital e tecnoloxía

IFCM

Comunicacións

Lingua castelá, lingua galega, matemática e dixital

IFCT

Sistemas e telemática

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Instalación e mantemento

Nivel 2

IMAI

Montaxe e mantemento de instalacións

Lingua castelá, lingua galega, matemática, tecnoloxía

IMAQ

Maquinaria e equipo industrial

IMAR

Frío e climatización

Nivel 3

IMAI

Montaxe e mantemento de instalacións

Lingua castelá, lingua galega, matemática e tecnoloxía

IMAQ

Maquinaria e equipamento industrial

IMAR

Frío e climatización

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Imaxe persoal

Nivel 2

IMPE

Estética

Lingua castelá, lingua galega, matemática

IMPQ

Perrucaría

Nivel 3

IMPE

Estética

Lingua castelá, lingua galega, matemática

IMPQ

Perrucaría

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Imaxe e son

Nivel 2

IMSE

Espectáculos en vivo

Lingua castelá, lingua galega, matemática e dixital

IMST

Producións fotográficas

IMSV

Produción audiovisual

Nivel 3

IMSE

Espectáculos en vivo

Lingua castelá, lingua galega, matemática e dixital

IMST

Producións fotográficas

IMSV

Produción audiovisual

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Industrias alimentarias

Nivel 2

INAD

Alimentos diversos

Lingua castelá, lingua galega, matemática

INAE

Lácteos

INAF

Panadaría, pastelaría, confeitaría e industria muiñeira

INAH

Bebidas

INAI

Cárnicas

INAJ

Produtos da pesca

INAK

Aceites e graxas

INAV

Conservas vexetais

Nivel 3

INAD

Alimentos diversos

Lingua castelá, lingua galega, matemática

INAE

Lácteos

INAF

Panadaría, pastelaría, confeitaría e industria muiñeira

INAH

Bebidas

INAI

Cárnicas

INAJ

Produtos da pesca

INAK

Aceites e graxas

INAV

Conservas vexetais

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Madeira, moble e cortiza

Nivel 2

MAMA

Transformación da madeira e cortiza

Lingua castelá, lingua galega, matemática

MAMB

Instalación e amoblamento

MAMD

Produción carpintaría e moble

Nivel 3

MAMA

Transformación da madeira e cortiza

Lingua castelá, lingua galega, matemática

MAMB

Instalación e amoblamento

MAMD

Produción carpintaría e moble

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Marítimo-pesqueira

Nivel 2

MAPB

Mergullo

Lingua castelá, lingua galega, matemática

MAPN

Pesca e navegación

MAPU

Acuicultura

Nivel 3

MAPB

Mergullo

Lingua castelá, lingua galega, matemática e ciencia

MAPN

Pesca e navegación

MAPU

Acuicultura

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Química

Nivel 2

QUIA

Análise e control

Lingua castelá, lingua galega, matemática

QUIE

Proceso químico

QUIM

Farmaquímica

QUIO

Pasta, papel e cartón

QUIT

Transformación de polímeros

Nivel 3

QUIA

Análise e control

Lingua castelá, lingua galega, matemática e ciencia

QUIE

Proceso químico

QUIM

Farmaquímica

QUIO

Pasta, papel e cartón

QUIT

Transformación de polímeros

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Sanidade

Nivel 2

SANP

Servizos e produtos sanitarios

Lingua castelá, lingua galega, matemática e ciencia

SANS

Soporte e axuda ao diagnóstico

SANT

Atención sanitaria

Nivel 3

SANP

Servizos e produtos sanitarios

Lingua castelá, lingua galega, matemática e ciencia

SANS

Soporte e axuda ao diagnóstico

SANT

Atención sanitaria

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Seguridade e medio

Nivel 2

SEAD

Seguridade e prevención

Lingua castelá, lingua galega, matemática

SEAG

Xestión ambiental

Nivel 3

SEAD

Seguridade e prevención

Lingua castelá, lingua galega, matemática e ciencia

SEAG

Xestión ambiental

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Servizos socioculturais e á comunidade

Nivel 2

SSCB

Actividades culturais e recreativas

Lingua castelá, lingua galega, matemática

SSCE

Formación e educación

SSCG

Atención social

SSCI

Servizos ao consumidor

Nivel 3

SSCB

Actividades culturais e recreativas

Lingua castelá, lingua galega, matemática

SSCE

Formación e educación

SSCG

Atención social

SSCI

Servizos ao consumidor

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Téxtil , confección e pel

Nivel 2

TCPC

Calzado

Lingua castelá, lingua galega, matemática

TCPF

Confección en téxtil e pel

TCPN

Ennobrecemento de materias téxtiles e peles

TCPP

Produción de fíos e tecidos

Nivel 3

TCPC

Calzado

Lingua castelá, lingua galega, matemática

TCPF

Confección en téxtil e pel

TCPN

Ennobrecemento de materias téxtiles e peles

TCPP

Produción de fíos e tecidos

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Transporte e mantemento de vehículos

Nivel 2

TMVB

Ferrocarril e cable

Lingua castelá, lingua galega, matemática

TMVG

Electromecánica de vehículos

TMVI

Condución de vehículos por estrada

TMVL

Carrozaría de vehículos

TMVO

Aeronáutica

TMVU

Náutica

Nivel 3

TMVB

Ferrocarril e cable

Lingua castelá, lingua galega, matemática e tecnoloxía

TMVG

Electromecánica de vehículos

TMVI

Condución de vehículos por estrada

TMVL

Carrozaría de vehículos

TMVO

Aeronáutica

TMVU

Náutica

Familia profesional

Área profesional

Competencias clave

Vidro e cerámica

Nivel 2

VICF

Fabricación cerámica

Lingua castelá, lingua galega, matemática

VICI

Vidro industrial

Nivel 3

VICF

Fabricación cerámica

Lingua castelá, lingua galega, matemática e tecnoloxía

VICI

Vidro industrial

ANEXO V

Validacións das competencias clave necesarias para a obtención dos certificados de profesionalidade de nivel II por ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo

Competencia clave

Módulos IV das ensinanzas de secundaria para persoas adultas

(Orde do 24 de xuño de 2008)¹

Módulos IV das ensinanzas de secundaria para persoas adultas

(Orde do 26 de maio de 1997)¹

Probas libres para a obtención do graduado en secundaria

(Orde do 19 de febreiro de 2009)²

Materias de 4.º curso de educación secundaria obrigatoria¹

Materias de 2.º de BUP (Lei 14/1970, do 4 de agosto)¹

Probas de acceso a ciclos de grao medio

(Orde do 2 de decembro de 2008)³

Comunicación en lingua galega

Ámbito da comunicación

Ámbito da comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Lingua galega e literatura

Lingua galega e literatura

Exención ou superación da parte sociolingüística

Comunicación en lingua castelá

Ámbito da comunicación

Ámbito da comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Lingua castelá e literatura

Lingua española e literatura

Exención ou superación da parte sociolingüística

Comunicación en lingua estranxeira

Ámbito da comunicación

Ámbito da comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Primeira ou segunda lingua estranxeira

Lingua estranxeira

.....................

Competencia matemática

Ámbito científico-tecnolóxico

Ámbito tecnolóxico.-matemático

Probas do ámbito científico-tecnolóxico

Matemáticas

Matemáticas

Exención ou superación da parte matemática

Competencia en tecnoloxía

Ámbito científico-tecnolóxico

Ámbito tecnolóxico.-matemático

Probas do ámbito científico-tecnolóxico

Tecnoloxía

Física e química

Exención ou superación da parte científico-técnica

Competencia en ciencia

Ámbito científico-tecnolóxico

Ámbito da natureza

Probas do ámbito científico-tecnolóxico

Ciencias da natureza (ou física e química máis bioloxía e xeoloxía)

Física e química

Exención ou superación da parte científico-técnica

Competencia dixital

Ámbito científico-tecnolóxico

Ámbito tecnolóxico.-matemático

Probas do ámbito científico-tecnolóxico

Tecnoloxía

.....................

.....................

¹Acreditarase a través de certificación académica expedida por un centro público.

²Acreditarase a través do certificado de superación das probas libres para a obtención do graduado en secundaria.

³Acreditarase a través do certificado de realización das probas de acceso a grao medio.

ANEXO VI

Validacións das competencias clave necesarias para a obtención dos certificados de profesionalidade de nivel III por ter superados estudos de bacharelato e probas do sistema educativo

Competencia clave

Materias de 2.º curso de bacharelato ¹

Materias de COU¹

Probas de acceso a ciclos de grao superior²

(Orde do 2 de decembro de 2008)

Comunicación en lingua galega

Lingua galega e literatura II

Lingua galega ou literatura galega

Superación ou exención da parte común

Comunicación en lingua castelá

Lingua castelá e literatura II

Lingua española

Superación ou exención da parte común

Comunicación en lingua estranxeira

Lingua estranxeira II

Lingua estranxeira

Superación ou exención da parte específica (opción A)

Competencia matemática

Matemáticas II ou matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II

Matemáticas I ou matemáticas II

Superación ou exención da parte común

Competencia en tecnoloxía

Tecnoloxía industrial II

.....................

Superación ou exención da parte específica (opción B)

Competencia en ciencia

Bioloxía ou ciencias da terra e ambientais ou física ou química

Física ou química ou bioloxía

Superación ou exención específica (opción C)

Competencia dixital

Tecnoloxías da información e comunicación, cursada no 1.º ou no 2.º curso

.....................

.....................

¹Acreditarase a través de certificación académica expedida por un centro público.

²Acreditarase a través do certificado de realización das probas de acceso a grao superior.

missing image file
missing image file
missing image file