Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 18 de xullo de 2011 Páx. 20049

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

DECRETO 142/2011, do 30 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2000, do 7 de xaneiro, polo que se regula a organización do sistema acreditador da formación continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 8/2000, do 7 de xaneiro, polo que se regula a organización do sistema acreditador da formación continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, ten por obxecto a creación da Comisión Autonómica de Formación Continuada, o Comité de Acreditación e a Secretaría Técnica, que configurarán o sistema de acreditación de formación continuada dos profesionais sanitarios, que será único no Sistema Nacional de Saúde.

O Decreto 255/2006, do 28 de decembro, polo que se regula a organización do sistema acreditador da formación continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, supuxo a adecuación do artigo 2 do Decreto 8/2000, para axustalo aos cambios estruturais na Consellería de Sanidade.

Neste sentido, os cambios introducidos polos decretos 310/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, o Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 185/2010, do 11 de novembro, polo que se modifica o Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, inciden na normativa da Comisión Autonómica do Sistema Acreditador da Formación Continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa finalidade de facer os axustes correspondentes, faise necesaria a modificación do Decreto 8/2000 de referencia.

Na súa virtude, de conformidade co establecido no artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Sanidade, cos informes previos correspondentes e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trinta de xuño de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do Decreto 8/2000, do 7 de xaneiro, polo que se regula a organización do sistema acreditador da formación continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, que quedará redactado como segue:

Un. O artigo 2 do Decreto 8/2000, do 7 de xaneiro, queda redactado da seguinte forma:

Artigo 2. Comisión Autonómica de Formación Continuada.

1. A Comisión Autonómica de Formación Continuada, constituída como o órgano asesor en materia de formación continuada da Consellería de Sanidade, é o órgano administrativo con competencias para a acreditación da formación continuada dos profesionais sanitarios en Galicia.

2. Son membros da Comisión Autonómica de Formación Continuada, con dereito a voz e voto, os seguintes cargos ou persoas en quen deleguen:

  • A persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, que exercerá a presidencia da comisión.
  • A persoa titular do centro directivo competente en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
  • A persoa titular do centro directivo competente en materia de saúde pública da Consellería de Sanidade.
  • A persoa titular do centro directivo competente en materia de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde.
  • A persoa titular do departamento de Farmacia e Produtos Sanitarios do Servizo Galego de Saúde.
  • A persoa titular do decanato da Facultade de Medicina da USC.
  • A persoa titular do decanato da Facultade de Farmacia da USC.
  • A persoa titular do decanato da Facultade de Veterinaria da USC.
  • Un membro que representará os directores de escolas de enfermaría, fisioterapia e podoloxía, elixido por eles.
  • A persoa titular da Presidencia do Consello Galego de Colexios Oficiais de Médicos.
  • Un representante dos colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia.
  • A persoa titular da Presidencia do Consello Galego de Colexios Oficiais de Veterinarios.
  • A persoa titular da Presidencia do Consello Galego de Colexios Oficiais de Enfermaría.
  • Unha persoa representante do Consello Universitario de Galicia.
  • Unha persoa representante da Mesa Sectorial de Sanidade, designado por ela.
  • Tres membros de libre designación pola conselleira de Sanidade, dos cales un será en representación das sociedades científicas.

Así mesmo, son membros da comisión, pero con voz e sen voto:

  • A persoa titular da Presidencia do Comité de Acreditación.
  • A persoa responsable da Secretaría Técnica, que levará a Secretaría da Comisión.

Na composición e réxime de funcionamento da Comisión Autonómica de Formación Continuada procurarase unha presenza equilibrada de mulleres e homes.

Disposición derrogatoria única.

Queda derrogado o Decreto 255/2006, do 28 de decembro, polo que se modifica o Decreto 8/2000, do 7 de xaneiro, polo que se regula a organización do sistema acreditador da formación continuada dos profesionais sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, así como todas aquelas disposicións, de igual ou inferior rango, que se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xuño de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

María Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade