Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 14 de xullo de 2011 Páx. 19513

I. Disposicións xerais

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de mantemento estrutural e superficial de embarcacións en Galicia.

O Real decreto 1225/2010, do 1 de outubro, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de operacións auxiliares de mantemento de elementos estruturais e de recubrimento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo, pertencente á familia profesional de transporte e mantemento de vehículos, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, recolle na súa disposición adicional terceira que os módulos específicos asociados a unidades de competencia de cualificacións profesionais de nivel 1 incluídos nos programas de cualificación profesional inicial desenvolven a competencia do perfil profesional e formarán parte da formación profesional do sistema educativo, e determina que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo dos módulos específicos dos respectivos perfís profesionais conforme o tecido produtivo de Galicia.

A Orde do 13 de maio de 2008, pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de mantemento estrutural e superficial de embarcacións en Galicia.

Segundo. Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de mantemento estrutural e superficial de embarcacións queda identificado polos seguintes elementos:

– Denominación: mantemento estrutural e superficial de embarcacións.

– Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

– Duración: 580 horas.

– Familia profesional: transporte e mantemento de vehículos.

Terceiro. Competencia xeral.

Realizar operacións auxiliares de mantemento de elementos estruturais de madeira e fibra, así como de protección e embelecemento de superficies das embarcacións deportivas e de recreo, incluíndo aqueloutras de eslora restrinxida dedicadas a outros servizos ou funcións, seguindo instrucións recibidas e cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e ambientais.

Cuarto. Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan:

a) Preparar a embarcación, o equipamento e a zona de traballo e adxacentes para a realización das operacións de mantemento de elementos de madeira, e de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

b) Realizar as operacións auxiliares de preparación de superficies da obra viva e dos seus elementos, da obra morta, cuberta, superestruturas e arboradura, e dos compartimentos de servizos de embarcacións deportivas e de recreo.

c) Realizar as operacións auxiliares nos procesos de protección de superficies de embarcacións deportivas e de recreo, e de preparación dos produtos para aplicar, para a protección e o embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

d) Adoptar as normas de prevención de riscos laborais e ambientais na execución de todas as operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

e) Realizar as operacións auxiliares de desmantelamento, limpeza e protección das zonas do casco ou da cuberta que cumpra reparar, de embarcacións deportivas e de recreo.

f) Realizar as operacións auxiliares nos procesos de mecanizado de pezas e nos de ensamblaxe, axuste e montaxe de pezas de madeira e ferraxes, para facilitar a execución dos traballos.

g) Adoptar as normas de prevención de riscos laborais e ambientais na execución de todas as operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira, de embarcacións deportivas e de recreo.

h) Preparar a embarcación, o equipamento, e a zona de traballo e adxacentes para realizar as operacións de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra, de embarcacións deportivas e de recreo.

i) Realizar as operacións auxiliares de saneamento e limpeza das zonas de plástico reforzado con fibra que se vaian reparar, así como de acondicionamento e limpeza das reparadas, de embarcacións deportivas e de recreo.

j) Realizar as operacións auxiliares nos procesos de desmoldeamento, e de reparación de zonas danadas do casco ou das estruturas, aplicando as técnicas básicas de laminaxe.

k) Adoptar as normas de prevención de riscos laborais e ambientais na execución das operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra, de embarcacións deportivas e de recreo.

l) Adaptarse á organización específica da empresa, integrándose no sistema de relacións técnico-laborais.

m) Comunicarse eficazmente coas persoas adecuadas en cada momento, respectando as canles establecidas na organización.

n) Executar as intervencións de acordo coas instrucións recibidas, aplicando os procedementos específicos da empresa.

ñ) Manter os hábitos de orde, puntualidade, responsabilidade e pulcritude ao longo da actividade.

o) Demostrar as actitudes de cortesía, respecto e discreción requiridas na atención á clientela.

p) Actuar con confianza na propia capacidade profesional e atención ás innovacións que se produzan dentro do sector e que poidan fomentar o propio desenvolvemento profesional.

Quinto. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional das cualificacións profesionais incluídas no perfil profesional.

Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Operacións auxiliares de mantemento de elementos estruturais e de recubrimento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo, TMV452_1 (Real decreto 1225/2010, do 1 de outubro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1455_1. Realizar operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

– UC1456_1. Realizar operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo.

– UC1457_1. Realizar operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

Sexto. Ámbito profesional.

1. Exerce a súa actividade profesional por conta allea, en pequenas e medianas empresas dedicadas ao mantemento de embarcacións deportivas e de recreo, e outras de eslora restrinxida dedicadas a outros servizos ou funcións, de natureza tanto pública como privada, dependendo funcionalmente e xerarquicamente dun superior.

2. Sectores produtivos. Localízase nas actividades económicas seguintes:

– Construción naval (construción de embarcacións de recreo e deporte).

– Reparación e mantemento naval.

3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables:

– Auxiliar de pintor de embarcacións.

– Auxiliar de carpinteiro/a de ribeira.

– Auxiliar de mantemento de elementos de plástico reforzado con fibra.

Sétimo. Módulos específicos.

1. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia das que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

2. Son os que se relacionan:

– ME0141. Protección e embelecemento de superficies.

– ME0142. Reparación de elementos de madeira.

– ME0143. Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

– ME0144. Formación en centros de traballo.

Oitavo. Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

3. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

Noveno. Profesorado e persoas formadoras.

1. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

2. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

3. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en ámbitos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

Décimo. Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa.

A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V desta resolución.

Décimo primeiro. Distribución horaria dos módulos específicos.

A distribución horaria dos módulos específicos cursados en ámbitos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

Disposición derradeira. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2011.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

1. Anexo I. Módulos específicos.

1.1. Módulo específico: protección e embelecemento de superficies.

• Código: ME0141.

• Duración: 140 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Especifica os procesos de preparación da embarcación, o equipamento e a zona de traballo e adxacentes para executar as operacións de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA1.1. Explicáronse as normas, os costumes e os usos comúns ou recoñecidos no sector de embarcacións deportivas e de recreo, tanto no ámbito do mantemento como no dos portos deportivos.

– CA1.2. Identificáronse en situación real ou sobre unha maqueta as partes e os elementos estruturais principais dunha embarcación.

– CA1.3. Explicáronse as principais operacións de preparación da zona de traballo para realizar procesos de protección e embelecemento de superficies de embarcacións.

– CA1.4. Relacionáronse os principais medios empregados na protección das zonas adxacentes á área de traballo susceptibles de seren danadas.

– CA1.5. Describíronse os sistemas básicos de amarradura e acceso dunha embarcación, con especificación da disposición e os nomes dos elementos que interveñen.

– CA1.6. Realizáronse os nós básicos de aplicación nas operacións de mantemento e de amarradura de embarcacións.

• RA2. Prepara superficies de diversos materiais empregados na construción do casco e outros elementos da obra viva de embarcacións deportivas e de recreo, utilizando os medios establecidos e aplicando as técnicas requiridas.

– CA2.1. Indicáronse os materiais que se empregan na construción do casco de embarcacións, e sinaláronse as súas principais propiedades.

– CA2.2. Describíronse as principais técnicas de limpeza e desengraxamento de superficies, e relacionáronse cos produtos, as ferramentas, os equipamentos e os utensilios que cumpra empregar.

– CA2.3. Describíronse as principais técnicas de limpeza e desengraxamento de elementos mecánicos, e relacionáronse cos produtos, as ferramentas, os equipamentos e os utensilios que cumpra empregar.

– CA2.4. Definíronse as técnicas empregadas na lixadura de superficies, e relacionáronse cos produtos, as ferramentas, os equipamentos e os utensilios que cumpra empregar, e coas súas principais aplicacións.

– CA2.5. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, de limpeza e preparación dunha superficie de obra viva e os seus elementos e compartimentos de servizos dunha embarcación (tanques, sentinas, etc.):

– Seleccionáronse e preparáronse os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos.

– Elimináronse adherencias da superficie que se vaia preparar.

– Lixouse a superficie ata un nivel de acabamento dado.

– Realizouse a limpeza de hélices, eixes, arcobotantes, tanques, sentinas, etc.

– Clasificáronse e almacenáronse os residuos producidos.

– Limpáronse e recolléronse os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

• RA3. Prepara superficies de obra morta, cuberta, superestruturas e arboradura de embarcacións deportivas e de recreo, utilizando os medios establecidos e aplicando as técnicas requiridas.

– CA3.1. Enumeráronse as fases de preparación de superficies de obra morta, cuberta, superestruturas e arboradura, en función da natureza do material base.

– CA3.2. Definíronse as técnicas empregadas na lixadura de superficies, en relación cos produtos, as ferramentas, os equipamentos e os utensilios que cumpra empregar, e coas súas principais aplicacións.

– CA3.3. Enumeráronse os danos que poden producirse nas superficies como consecuencia dunha protección ou limpeza deficiente das zonas que se vaian tratar.

– CA3.4. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, de preparación dunha superficie de obra morta, cuberta, superestruturas ou arboradura dunha embarcación:

– Seleccionáronse e preparáronse os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos.

– Protexéronse as zonas adxacentes con plásticos e cintas.

– Efectuouse a lixadura á man nas zonas indicadas.

– Clasificáronse e almacenáronse os residuos producidos.

– Efectuouse a limpeza periódica da zona.

– Limpáronse e recolléronse os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

– Cumpriuse durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

• RA4. Prepara os produtos (pinturas, imprimacións, masillas, etc.) e os utensilios necesarios para a súa aplicación, seguindo as especificacións técnicas.

– CA4.1. Identificáronse os principais tipos de produtos empregados nos procesos de protección e embelecemento de superficies.

– CA4.2. Enumeráronse os danos que poden producirse nas superficies como consecuencia dun proceso deficiente de mestura de imprimación, masilla ou pintura.

– CA4.3. Identificáronse os utensilios de pintura asociados a cada método de aplicación, e sinaláronse os dun só uso.

– CA4.4. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, de preparación de determinados utensilios e produtos de protección e embelecemento de superficies dunha embarcación:

– Seleccionáronse e preparáronse os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos.

– Efectuáronse as mesturas nas proporcións indicadas.

– Mantivéronse os utensilios de pintura.

– Clasificáronse e almacenáronse os residuos producidos.

– Efectuouse a limpeza periódica da zona.

– Limpáronse e recolléronse os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

– Cumpriuse durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

• RA5. Aplica con brocha e rolete produtos de protección de superficies (imprimacións, patentes, vernices diluídos, etc.) de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA5.1. Enumeráronse os danos que poden producirse nas superficies como consecuencia dun proceso deficiente de aplicación dos produtos.

– CA5.2. Enumeráronse as posibles causas externas ao proceso que poidan producir danos nas zonas de pintado, e indicáronse os métodos de actuación para os evitar.

– CA5.3. Describíronse as fases da vernizadura dun elemento de madeira con brocha, e relacionáronse os materiais e os produtos que cumpra utilizar en cada unha.

– CA5.4. Describíronse os produtos e os equipamentos utilizados no proceso de puír superficies de embarcacións, en relación cos principais casos de aplicación.

– CA5.5. Nun caso práctico de aplicación con brocha e rolete de produtos de protección de superficies dunha embarcación:

– Aplicouse o produto de xeito homoxéneo.

– Mantivéronse os utensilios de pintura.

– Clasificáronse e almacenáronse os residuos producidos.

– Efectuouse a limpeza periódica da zona.

– Limpáronse e recolléronse os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos.

– Retiráronse os elementos de protección.

– Realizáronse procesos de puído.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

– Cumpriuse durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

• RA6. Especifica as normas aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais na execución das operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA6.1. Indicáronse os riscos inherentes ás operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies.

– CA6.2. Citáronse os equipamentos e as medidas de protección individual e colectiva que cumpra utilizar nas operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies.

– CA6.3. Identificouse a normativa de prevención de riscos e seguridade laboral e ambiental aplicable ás operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies.

– CA6.4. Relacionáronse os residuos xerados nas operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo, así como os procedementos establecidos na normativa ambiental para a súa recollida, a súa clasificación e o seu almacenamento.

1.1.2. Contidos básicos.

Equipamento e materiais utilizados nas operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies en embarcacións deportivas e de recreo.

• Materiais utilizados na construción de embarcacións: obra viva e obra morta; cuberta, superestruturas e arboradura. Propiedades.

• Equipamento: ferramentas manuais, máquinas ferramenta e equipamentos de comunicación.

• Materiais: elementos de protección e materiais consumibles.

• Mantemento de equipamentos e ferramentas.

Limpeza da obra viva, a obra morta, os tanques e as sentinas en embarcacións deportivas e de recreo.

• Obra viva e obra morta: técnicas manuais e mecánicas. Utensilios e ferramentas. Máquinas e produtos. Defectos.

• Tanques e sentinas: tanques de auga doce e de combustible; sentinas. Técnicas manuais e mecánicas. Ferramentas, máquinas e produtos.

Protección, lixadura e aplicación de produtos na protección e o embelecemento de superficies en embarcacións deportivas e de recreo.

• Protección de superficies: función; materiais; procedementos.

• Lixadura: técnicas manuais e mecánicas. Máquinas de lixadura, ferramentas e produtos. Defectos.

• Aplicación de produtos na protección e no embelecemento de superficies: masillas, imprimacións, patentes, pinturas, vernices e produtos especiais.

• Mesturas: utensilios, dosificadores, condicións de homoxeneidade e tempos de repouso.

• Utensilios de aplicación: cubetas, brochas, roletes, pistolas de aire comprimido e materiais dun só uso.

• Limpeza de brochas, de pistolas e de depósitos.

• Aplicación con brocha e con rolete. Aplicacións con rolete e peiteado con brocha.

• Danos durante o proceso de pintado: causas externas e inherentes ao proceso. Vixilancia e comunicación.

• Produtos e equipamentos para puír superficies.

Seguridade e saúde laboral, e seguridade ambiental en operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies en embarcacións deportivas e de recreo.

• Riscos laborais específicos da actividade.

• Equipamentos de protección individual.

• Equipamentos de protección das máquinas.

• Normativa sobre prevención de riscos laborais.

• Normativa sobre prevención de riscos ambientais específicos.

• Recollida, clasificación e almacenamento de residuos.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Preparación da embarcación, o equipamento e a zona de traballo e adxacentes, para a realización das operacións de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

– Realización de operacións auxiliares de preparación de superficies da obra viva e os seus elementos, de compartimentos de servizos de embarcacións deportivas e de recreo, de superficies de obra morta, de cuberta, de superestruturas e arboradura de embarcacións deportivas e de recreo, seguindo instrucións e procedementos establecidos.

– Realización de operacións auxiliares de preparación de produtos asegurando a homoxeneidade destes e seguindo instrucións.

– Realización de operacións auxiliares nos procesos de protección de superficies de embarcacións deportivas e de recreo, aplicando os produtos con brocha ou rolete, seguindo instrucións e procedementos establecidos.

– Adopción das normas de prevención de riscos laborais e ambientais na execución de todas as operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

1.2. Módulo específico: reparación de elementos de madeira.

• Código: ME0142.

• Duración: 163 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Especifica os procesos de preparación da embarcación, o equipamento e a zona de traballo e adxacentes, para executar as operacións de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA1.1. Explicáronse as normas, os costumes e os usos comúns ou recoñecidos no sector de embarcacións deportivas e de recreo, tanto no ámbito do mantemento como no dos portos deportivos.

– CA1.2. Identificáronse en situación real ou sobre unha maqueta as partes e os elementos estruturais principais dunha embarcación.

– CA1.3. Explicáronse as principais operacións de preparación da zona de traballo para realizar as operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA1.4. Relacionáronse os principais medios empregados na protección das zonas adxacentes á área de traballo susceptibles de seren danadas.

– CA1.5. Describíronse os sistemas básicos de amarradura e acceso dunha embarcación, con especificación da disposición e os nomes dos elementos que interveñen.

– CA1.6. Realizáronse os nós básicos de aplicación nas operacións de mantemento e de amarradura de embarcacións.

• RA2. Aplica técnicas básicas de desmantelamento, limpeza e protección de elementos de madeira que presenten danos, en embarcacións deportivas e de recreo.

– CA2.1. Relacionáronse e identificáronse os utensilios e as ferramentas que se empregan nos procesos de desmantelamento e limpeza de elementos de madeira.

– CA2.2. Relacionáronse os tipos de lixa coas súas principais aplicacións, e explicáronse os seus procesos de lixadura.

– CA2.3. Explicáronse as técnicas de protección de elementos de madeira, tendo en conta a relación entre os materiais e as súas principais aplicacións.

– CA2.4. Nun caso práctico de desmantelamento da madeirame do forro exterior do casco dunha embarcación danada:

– Identificáronse ferramentas e materiais.

– Lixouse a superficie afectada para identificar os cravos das cadernas.

– Desmanteláronse as táboas.

– Retiráronse os cravos e espicháronse orificios.

– Aplicáronse produtos de protección.

– Recolléronse, limpáronse e colocáronse as ferramentas empregadas.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

– Cumpriuse durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

• RA3. Realiza tarefas auxiliares nos procesos de mecanizado de pezas de madeira empregadas na carpintaría de ribeira.

– CA3.1. Relacionáronse e identificáronse os utensilios, as ferramentas, os equipamentos e as máquinas que se empregan nos procesos de mecanizado de elementos de madeira.

– CA3.2. Distinguíronse os principais tipos de madeira empregados na carpintaría de ribeira.

– CA3.3. Realizáronse medicións sinxelas en pezas de madeira, dando os valores coa aproximación establecida.

– CA3.4. Recoñecéronse posibles defectos (nós, empenamentos, etc.), das madeiras utilizadas en carpintaría de ribeira.

– CA3.5. Nun caso práctico de mecanizado (cepillado, regrosamento e corte) dunha peza de madeira:

– Transportouse a madeira solicitada, logo de comprobar as súas medidas.

– Identificáronse as máquinas requiridas para as operacións de mecanizado.

– Craváronse puntas para suxeitar a moldura, en casos de corte.

– Trazáronse as liñas de corte.

– Suxeitáronse as pezas para facilitar a súa alimentación sen riscos.

– Transportáronse e colocáronse os elementos mecanizados nos lugares previstos no plan de traballo.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

– Cumpriuse durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

• RA4. Realiza tarefas auxiliares nos procesos de ensamblaxe, axuste e montaxe de pezas de madeira e ferraxes empregadas na carpintaría de ribeira.

– CA4.1. Relacionáronse os tipos de produtos adhesivos empregados para ensamblar elementos de madeira, e indicáronse as características principais, as aplicacións, o grao de eficacia e as técnicas para a súa preparación.

– CA4.2. Relacionáronse e identificáronse os utensilios, as ferramentas, os equipamentos e as máquinas que se empregan nos procesos de ensamblaxe, axuste e montaxe de pezas de madeira e ferraxes.

– CA4.3. Nun caso práctico de ensamblaxe, axuste e montaxe de dúas pezas de madeira dunha embarcación:

– Transportouse o produto adhesivo e os medios de aperto indicados.

– Efectuouse a preparación do produto adhesivo, de acordo coas proporcións de mestura establecidas, de ser o caso.

– Aplicouse o produto con espátula ou pincel plano.

– Efectuouse o aperto con gatos ou sarxentos nos lugares indicados.

– Retirouse o sobrante de material adhesivo.

– Lixouse a superficie ensamblada.

– Colaborouse na montaxe de ferraxes.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

– Cumpriuse durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

• RA5. Especifica as normas aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais na execución das operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA5.1. Indicáronse os riscos inherentes ás operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira.

– CA5.2. Citáronse os equipamentos e as medidas de protección individual e colectiva que cómpre utilizar nas operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira.

– CA5.3. Identificouse a normativa de prevención de riscos e seguridade laboral e ambiental aplicable ás operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira.

– CA5.4. Relacionáronse os residuos xerados nas operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo, así como os procedementos establecidos na normativa ambiental para a súa recollida, a súa clasificación e o seu almacenamento.

1.2.2. Contidos básicos.

Nocións básicas do ámbito náutico para a súa aplicación ao mantemento de embarcacións.

• Nomenclatura básica náutica:

– Principais dimensións da embarcación: eslora, manga e puntal.

– Partes fundamentais do casco: obra viva, obra morta e carena; forro exterior, proa e popa; costados, bandas, amuras e aletas.

– Departamentos ou zonas principais da embarcación: sala de máquinas, ponte de mando, mesa de cartas, habilitación, fonda, pañois, bañeira, etc.

– Principais elementos estruturais: transversais, lonxitudinais e verticais; cubertas e anteparos.

• Accesos.

• Fondeamento e amarras.

• Nós básicos.

• Comportamento a bordo: normas, usos e costumes.

Equipamento e materiais utilizados nas operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira en embarcacións deportivas e de recreo.

• Equipamento: ferramentas manuais e máquinas ferramenta; equipamentos de comunicación.

• Materiais:

– Elementos de protección.

– Madeiras utilizadas en traballos de carpintaría de ribeira: tipos e dimensións. Identificación de defectos.

– Materiais consumibles.

• Mantemento de equipamentos e ferramentas.

Procesos de desmantelamento, limpeza, lixadura e protección de elementos de madeira en embarcacións deportivas e de recreo.

• Desmantelamento: técnicas; utensilios e ferramentas.

• Limpeza: técnicas; utensilios, ferramentas e produtos.

• Lixadura: técnicas; utensilios, lixadoras e tipos de lixas.

• Protección: técnicas; utensilios, ferramentas, máquinas e produtos.

Mecanizado e ensamblaxe de pezas de madeira, axuste e colocación de ferraxes en embarcacións deportivas e de recreo.

• Mecanizado:

– Operacións previas ao mecanizado: trazado de liñas de corte. Preparación da maquinaria. Utensilios e ferramentas de mecanizado.

– Equipamentos e máquinas de mecanizado (cepilladora, regrosadora, serra de cinta, etc.): descrición e manexo.

– Procedementos de apoio ao cepillado, regrosamento e corte de pezas.

• Operacións previas á ensamblaxe.

• Adhesivos: tipos, preparación de mesturas e aplicación.

• Ensamblaxe: sistemas e técnicas de suxeición. Lixadura de pezas ensambladas. Axuste: técnicas.

• Ferraxes: tipos. Técnicas de colocación.

Seguridade e saúde laboral, e seguridade ambiental en operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira en embarcacións deportivas e de recreo.

• Riscos laborais específicos da actividade.

• Equipamentos de protección individual e das máquinas.

• Normativa sobre prevención de riscos laborais e ambientais específicos.

• Recollida, clasificación e almacenamento de residuos.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Preparación da embarcación, o equipamento e a zona de traballo e adxacentes para a realización das operacións de mantemento de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo.

– Realización de operacións auxiliares de desmantelamento, limpeza e protección das zonas do casco ou cuberta para reparar, de embarcacións deportivas e de recreo.

– Realización de operacións auxiliares nos procesos de mecanizado, ensamblaxe, axuste e montaxe de pezas de madeira e ferraxes de pezas, para facilitar a execución dos traballos, seguindo instrucións e procedementos establecidos.

– Adopción das normas de prevención de riscos laborais e ambientais na execución de todas as operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo.

1.3. Módulo específico: reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

• Código: ME0143.

• Duración: 117 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Especifica os procesos de preparación da embarcación, o equipamento e a zona de traballo e adxacentes para executar as operacións de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA1.1. Explicáronse as normas, os costumes e os usos comúns ou recoñecidos no sector de embarcacións deportivas e de recreo, tanto no ámbito do mantemento como no dos portos deportivos.

– CA1.2. Identificáronse en situación real ou sobre unha maqueta as partes e os elementos estruturais principais dunha embarcación.

– CA1.3. Explicáronse as principais operacións de preparación da zona de traballo para executar as operacións de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA1.4. Relacionáronse os principais medios empregados na protección das zonas adxacentes á área de traballo susceptibles de seren danadas.

– CA1.5. Describíronse os sistemas básicos de amarradura e acceso dunha embarcación, con especificación da disposición e os nomes dos elementos que interveñen.

– CA1.6. Realizáronse os nós básicos de aplicación nas operacións de mantemento e de amarradura de embarcacións.

• RA2. Aplica técnicas básicas de saneamento e limpeza de elementos de plástico reforzado que presenten danos en embarcacións deportivas e de recreo.

– CA2.1. Relacionáronse e identificáronse os utensilios e as ferramentas que se empregan nos procesos de saneamento e limpeza de elementos de plástico reforzado.

– CA2.2 Relacionáronse os tipos de lixas coas súas principais aplicacións e explicáronse os procesos de lixadura.

– CA2.3. Explicáronse as técnicas de limpeza de elementos de plástico reforzado en función do seu estado, e indicáronse os produtos que cumpra empregar.

– CA2.4. Explicáronse as técnicas de protección de elementos, tendo en conta a relación entre os materiais e as súas principais aplicacións.

– CA2.5. Nun caso práctico de saneamento e limpeza dun elemento de plástico reforzado que presente danos de calquera índole:

– Identificáronse ferramentas e materiais.

– Protexéronse as zonas adxacentes.

– Eliminouse o material danado.

– Lixouse a superficie afectada.

– Elimináronse residuos (po e auga).

– Recolléronse, limpáronse e colocáronse as ferramentas empregadas.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

– Cumpriuse durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

• RA3. Constrúe unha estrutura sinxela de plástico reforzado con fibra utilizando técnicas básicas de desmoldeamento e laminaxe nunha embarcación deportiva e de recreo.

– CA3.1. Relacionáronse e identificáronse os utensilios, as ferramentas e os materiais que se empregan nos procesos de desmoldeamento e laminaxe de elementos de plástico.

– CA3.2. Especificáronse os tipos de tecidos de fibra máis utilizados, e indicáronse as súas principais aplicacións.

– CA3.3. Explicáronse os procedementos de preparación da resina, e indicáronse as proporcións de mestura necesarias para a súa catalización óptima.

– CA3.4. Definíronse os riscos dun proceso de catalización incompleto ou excesivamente rápido, e describíronse as consecuencias de cada un.

– CA3.5. Nun caso práctico de desmoldeamento e construción dunha estrutura sinxela de plástico reforzado de dimensións determinadas:

– Seleccionáronse os utensilios de traballo.

– Aplicouse material desmoldeante.

– Recortáronse e enumeráronse as capas de fibra.

– Preparáronse as mesturas de resina e catalizador.

– Aplicáronse resinas e tecidos por capas sucesivas ata alcanzar as dimensións indicadas.

– Recolléronse, limpáronse e colocáronse as ferramentas empregadas.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

– Cumpriuse durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

• RA4. Aplica técnicas básicas de acondicionamento e limpeza das zonas reparadas de plástico reforzado con fibra, de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA4.1. Identificáronse as características e as funcións de cada tipo de masilla e de imprimación.

– CA4.2. Explicáronse os procedementos para preparar masillas e imprimacións, para a súa aplicación sobre materiais de PRF.

– CA4.3. Nun suposto práctico de lixadura dunha superficie curvada, de plástico reforzado, cuxa laminación presente irregularidades:

– Identificáronse os materiais abrasivos requiridos.

– Preparáronse as ferramentas necesarias.

– Lixouse ata que a superficie quede libre de irregularidades.

– Seleccionáronse e preparáronse imprimacións ou masillas.

– Aplicáronse masillas e imprimacións.

– Lixouse ata que a superficie quede libre de irregularidades.

– Aspirouse a zona ata que quede totalmente libre de po e outras partículas.

– Recolléronse, limpáronse e colocáronse as ferramentas empregadas.

– Limpouse a zona de traballo e retiráronse os residuos aos contedores correspondentes.

– Cumpriuse durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

• RA5. Especifica as normas aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais na execución das operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA5.1. Indicáronse os riscos inherentes ás operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

– CA5.2. Citáronse os equipamentos e as medidas de protección individual e colectiva para utilizar nas operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

– CA5.3. Identificouse a normativa de prevención de riscos e seguridade laboral e ambiental aplicable ás operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

– CA5.4. Relacionáronse os residuos xerados nas operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo, así como os procedementos establecidos na normativa ambiental para a súa recollida, a súa clasificación e o seu almacenamento.

1.3.2. Contidos básicos.

Equipamento e materiais utilizados nas operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo.

• Equipamento: ferramentas manuais e máquinas ferramenta; equipamentos de comunicación.

• Materiais: elementos de protección e materiais consumibles.

• Masillas e imprimacións: clasificación e tipos; mestura e preparación; técnicas de aplicación.

• Mantemento de equipamentos e ferramentas.

Limpeza, saneamento e lixadura de elementos de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo.

• Limpeza e saneamento: técnicas; utensilios, ferramentas, máquinas e produtos.

• Lixadura: técnicas; utensilios, lixadoras e tipos de lixas.

• Elementos de protección de pezas.

Procesos de desmoldeamento e laminaxe de elementos de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo.

• Desmoldeamento: técnicas; ferramentas, materiais e produtos.

• Laminaxe: técnicas; ferramentas, materiais e produtos. Tecidos de fibra sintética. Resinas. Catalizadores.

Seguridade e saúde laboral, e seguridade ambiental en operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo.

• Riscos laborais específicos da actividade.

• Equipamentos de protección individual e das máquinas.

• Normativa sobre prevención de riscos laborais e ambientais específicos.

• Recollida, clasificación e almacenamento de residuos.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de realización de operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Preparación da embarcación, o equipamento e a zona de traballo e adxacentes para realizar as operacións de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo, seguindo instrucións.

– Realización das operacións auxiliares de saneamento e limpeza das zonas de plástico reforzado para reparar, utilizando medios mecánicos ou manuais, seguindo instrucións e procedementos establecidos.

– Realización das operacións auxiliares nos procesos de desmoldeamento e de reparación de zonas danadas do casco ou das estruturas, aplicando as técnicas básicas de laminaxe, seguindo instrucións e procedementos establecidos.

– Realización das operacións básicas de acondicionamento e limpeza das zonas reparadas de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo, seguindo instrucións.

– Adopción das normas de prevención de riscos laborais e ambientais na execución das operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

1.4. Módulo específico: formación en centros de traballo.

• Código: ME0144.

• Duración: 160 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece a estrutura xerárquica da empresa e identifica as funcións asignadas a cada nivel en relación co desenvolvemento da actividade.

– CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo.

– CA1.3. Relacionáronse as competencias dos recursos humanos co desenvolvemento da actividade produtiva.

– CA1.4. Identificouse a importancia de cada elemento da rede no desenvolvemento da actividade da empresa.

– CA1.5. Relacionáronse as vantaxes e os inconvenientes da estrutura da empresa fronte a outro tipo de organizacións empresariais.

– CA1.6. Analizouse o tecido empresarial do sector en función da prestación que ofrece.

– CA1.7. Recoñecéronse as empresas tipo, e indicouse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

• RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características da tarefa asignada e segundo os procedementos establecidos da empresa.

– CA2.1. Recoñeceuse e xustificouse:

– Disposición persoal e temporal que necesita o posto de traballo.

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza e seguridade necesarias para o posto de traballo, responsabilidade, etc.).

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional e as medidas de protección persoal.

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionadas co propio equipo de traballo e coa estrutura xerárquica establecida na empresa.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que cumpra aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da lei de prevención de riscos laborais.

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizouse do traballo asignado.

– CA2.7. Establecéronse unha comunicación e unha relación eficaces coa persoa responsable en cada situación, e cos membros do seu equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

– CA2.8. Valorouse a importancia da actividade propia e a adaptación aos cambios de tarefas asignados no desenvolvemento dos procesos produtivos da empresa, integrándose nas novas funcións.

– CA2.10. Comprometeuse responsablemente na aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento de calquera actividade ou tarefa.

• RA3. Realiza operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo, tendo en conta as normas aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais.

– CA3.1. Especificáronse os procesos de preparación da embarcación, o equipamento, e zona de traballo e adxacentes para executar as operacións de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA3.2. Realizáronse os nós básicos de aplicación nas operacións de mantemento e de amarradura de embarcacións.

– CA3.3. Preparáronse as superficies de diversos materiais empregados na construción do casco e outros elementos da obra viva de embarcacións deportivas e de recreo, seleccionando e preparando os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos, utilizando os medios establecidos, aplicando as técnicas de lixadura e limpeza requiridas, e tendo en conta as normas aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais durante a preparación das superficies mencionadas.

– CA3.4. Preparáronse as superficies de obra morta, cuberta, superestruturas e arboradura de embarcacións deportivas e de recreo, seleccionando e preparando os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos, utilizando os medios establecidos, aplicando as técnicas de lixadura e limpeza requiridas, e tendo en conta as normas aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais durante a preparación das superficies mencionadas.

– CA3.5. Preparáronse os produtos (pinturas, imprimacións, masillas, etc.) e os utensilios necesarios para a súa aplicación seguindo as especificacións técnicas, atendendo durante os procesos á normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA3.6. Aplicáronse produtos de protección de superficies (imprimacións, patentes e vernices diluídos, etc.) de embarcacións deportivas e de recreo con brocha e rolete, atendendo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA3.7. Realizouse o mantemento dos utensilios de pintura, a limpeza periódica da zona de traballo, a clasificación, o almacenamento e a retirada dos residuos producidos, cumprindo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA3.8. Limpáronse e recolléronse os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos empregados, cumprindo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA3.9. Relacionáronse os residuos xerados nas operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo, así como os procedementos establecidos na normativa ambiental para a súa recollida, a súa clasificación e o seu almacenamento.

• RA4. Realiza operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo especificando as normas aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais.

– CA4.1. Especificáronse os procesos de preparación da embarcación, o equipamento, e a zona de traballo e adxacentes para executar as operacións de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA4.2. Realizáronse os nós básicos de aplicación nas operacións de mantemento e de amarradura de embarcacións.

– CA4.3. Aplicáronse as técnicas básicas de desmantelamento, limpeza e protección de elementos de madeira que presenten danos en embarcacións deportivas e de recreo, identificando as ferramentas e os materiais que cumpra utilizar, tendo en conta as normas aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais durante a aplicación destas técnicas.

– CA4.4. Realizouse a limpeza periódica da zona de traballo, a clasificación, o almacenamento e a retirada dos residuos producidos, cumprindo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA4.5. Limpáronse e recolléronse os materiais, as ferramentas, os equipamentos, os utensilios e os produtos empregados, cumprindo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA4.6. Realizáronse tarefas auxiliares nos procesos de mecanizado, ensamblaxe, axuste e montaxe de pezas de madeira e ferraxes empregadas na carpintaría de ribeira, cumprindo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA4.7. Relacionáronse os residuos xerados nas operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo, así como os procedementos establecidos na normativa ambiental para a súa recollida, a súa clasificación e o seu almacenamento.

• RA5. Realiza operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo, cumprindo as normas aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais.

– CA5.1. Especificáronse os procesos de preparación da embarcación, o equipamento, e a zona de traballo e adxacentes para executar as operacións de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

– CA5.2. Realizáronse os nós básicos de aplicación nas operacións de mantemento e de amarradura de embarcacións.

– CA5.3. Aplicáronse as técnicas básicas de saneamento e limpeza de elementos de plástico reforzado que presenten danos en embarcacións deportivas e de recreo, identificando ferramentas e materiais, protexendo as zonas adxacentes, eliminando o material danado e lixando a superficie afectada.

– CA5.4. Realizouse a limpeza periódica da zona de traballo, a clasificación, o almacenamento e a retirada dos residuos producidos, cumprindo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA5.5. Limpáronse e recolléronse as ferramentas empregadas, cumprindo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA5.6. Construíuse unha estrutura sinxela de plástico reforzado con fibra utilizando técnicas básicas de desmoldeamento e laminaxe en embarcacións deportivas e de recreo, preparando e aplicando as mesturas de resina, e cumprindo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA5.7. Aplicáronse técnicas básicas de acondicionamento e limpeza das zonas reparadas de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo, identificando os materiais abrasivos requiridos, preparando as ferramentas necesarias e cumprindo durante os procesos a normativa aplicable de seguridade persoal e ambiental.

– CA5.8. Relacionáronse os residuos xerados nas operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo, cos procedementos establecidos na normativa ambiental para a súa recollida, a súa clasificación e o seu almacenamento.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie m2

(12 alumnos/as)

• Aula polivalente.

30

• Taller de pintura de embarcacións.

300

• Taller de montaxe, instalación e acabamento de carpintaría e moble.

240

• Taller de mantemento de embarcacións de plástico reforzado con fibra.

300

B) Equipamentos mínimos.

Espazo formativo

Equipamento

• Aula polivalente.

– Computadores instalados en rede, canón de proxección e acceso á internet.

– Medios audiovisuais.

– Software específico.

• Taller de pintura de embarcacións.

– Monos de papel, máscaras de carbono con ou sen pantalla, e luvas de látex.

– Plásticos, cintas e papel de cubrición.

– Radial.

– Pistola de chorreo.

– Hidrolimpadora.

– Lixadoras, lixa e tacos de lixadura.

– Pistola de calor.

– Rasquetas, brochas e roletes.

– Espátulas de enmasillar.

– Mangas de aire.

– Secadoras de aire.

– Pistolas de aire.

– Máquina airless.

– Auga e xabón, disolventes e trapos.

– Imprimacións, masillas, pinturas e vernices.

– Estadas.

– Tubos de PVC e plataformas flotantes.

– Aparellos extractores.

– Focos.

– Quentadores de aire.

– Compresores e ferramentas manuais.

• Taller de montaxe, instalación e acabamento de carpintaría e moble.

– Madeiras serradas de diferentes clases e dimensións.

– Lixas.

– Imprimacións.

– Produtos de limpeza e adhesivos.

– Aspiradores industriais.

– Equipamentos de protección persoal.

– Ferramentas manuais e mecánicas de carpintaría de ribeira.

– Ferramentas para o trazado.

• Taller de mantemento de embarcacións de plástico reforzado con fibra.

– Resinas.

– Catalizadores.

– Lixas.

– Máquinas de lixadura.

– Masillas.

– Imprimacións.

– Teas de fibra sintética.

– Brochas e roletes.

– Materiais desmoldeantes.

– Tesoiras.

– Produtos e máquinas de limpeza.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos específicos do perfil profesional.

Módulo específicos

Especialidade do profesorado

Corpo

• ME0141. Protección e embelecemento de superficies.

Mantemento de vehículos.

Profesorado técnico de formación profesional.

Organización e procesos de mantemento de vehículos.

Catedrático/a de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• ME0142. Reparación de elementos de madeira.

Mantemento de vehículos.

Profesorado técnico de formación profesional.

Organización e procesos de mantemento de vehículos.

Catedrático/a de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• ME0143. Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

Mantemento de vehículos.

Profesorado técnico de formación profesional.

Organización e procesos de mantemento de vehículos.

Catedrático/a de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

B) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa.

Módulos específicos

Titulacións

• ME0141. Protección e embelecemento de superficies.

• ME0142. Reparación de elementos de madeira.

• ME0143. Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

Licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, mestre/a, arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, título de grao, técnico/a superior, ou outros títulos equivalentes cuxos perfís académicos se correspondan coa formación asociada aos módulos específicos no programa de cualificación profesional inicial.

4. Anexo IV.

Perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos do perfil profesional en contornos produtivos.

Módulo específico

Perfil profesional da persoa formadora

• ME0141. Protección e embelecemento de superficies.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa realización de operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo, que se acreditará das dúas formas seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

• ME0142. Reparación de elementos de madeira.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa realización de operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo, que se acreditará das dúas formas seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

• ME0143. Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa realización de operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo, que se acreditará das dúas formas seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outras de superior nivel relacionadas con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo formativo.

5. Anexo V.

Relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa.

Módulo específico

Unidades de competencia

• ME0141. Protección e embelecemento de superficies.

• UC1455_1. Realizar operacións auxiliares de protección e embelecemento de superficies de embarcacións deportivas e de recreo.

• ME0142. Reparación de elementos de madeira.

• UC1456_1. Realizar operacións auxiliares de reparación de elementos de madeira de embarcacións deportivas e de recreo.

• ME0143. Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

• UC1457_1. Realizar operacións auxiliares de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo.

6. Anexo VI.

Distribución horaria dos módulos específicos.

Módulo específico

Horas totais

Sesións semanais (*)

• ME0141. Protección e embelecemento de superficies.

140

6

• ME0142. Reparación de elementos de madeira.

163

7

• ME0143. Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra.

117

5

• ME0144. Formación en centros de traballo.

160

-

(*) Distribución semanal para os centros que impartan as ensinanzas do programa de cualificación profesional inicial en sesións de 50 minutos