Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 31 de maio de 2011 Páx. 12370

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se resolve o arquivo do procedemento para a obtención da axuda ao abeiro da Orde do 9 de decembro de 2008 pola que se convoca e regula, en réxime de concorrencia, a concesión de axudas a entidades locais, a empresas e organizacións, para a súa adhesión e mantemento nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

Antecedentes.

1. Con data do 19 de decembro de 2008 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 9 de decembro de 2008 pola que se convoca e se regula, en réxime de concorrencia, a concesión de axudas a entidades locais, a empresas e organizacións para a súa adhesión e mantemento nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

2. Con data 27 de xullo de 2009 notifícanse as resolucións de concesión individuais a todos os interesados en que se facía constar que para o efectivo outorgamento desta axuda o beneficiario ou beneficiarios delas deberán remitir a esta consellería, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte da recepción da notificación, unha aceptación por escrito da subvención concedida nas condicións específicas na Orde do 19 de febreiro de 2007. No caso de non comunicar a súa aceptación entenderase que desiste da súa petición e procederase ao arquivo do expediente.

3. Con data 15 de febreiro de 2010 emítese resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publican as subvencións EMAS concedidas e pagadas ao abeiro da Orde do 15 de febreiro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 18 de marzo).

Fundamentos xurídicos.

1. A tramitación do expediente iniciouse e instruiuse conforme o disposto nas normas legais aplicables, en particular na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, na Lei 38/2003, do 28 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia en materia de subvencións; e, en concreto, na Orde do 9 de decembro de 2008 pola que se convoca e se regula, en réxime de concorrencia, a concesión de axudas a entidades locais, a empresas e organizacións para a súa adhesión e mantemento nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

2. A competencia para a resolución deste procedemento de concesión de axudas para a implantación dun sistema de xestión ambiental (EMAS) correspóndelle ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental por delegación do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, segundo o artigo 11 da Orde do 9 de decembro de 2008 e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

3. O artigo 13 da Orde de convocatoria de axudas para a implantación do sistema de xestión ambiental EMAS, do 9 de decembro de 2008, ao regular a acreditación dos traballos realizados, establece:

«Para proceder ao cobramento das axudas será indispensable a presentación, antes do 31 de outubro de 2008, da seguinte documentación:

a) Orixinal ou copia compulsada das facturas, xustificantes bancarios dos pagamentos realizados ou outros xustificantes que acrediten o pagamento efectivo do dito investimento.

b) Declaración ambiental validada polo verificador ambiental.

c) Certificación expedida pola entidade bancaria en que se sinale o número de conta do beneficiario onde se debe realizar o pagamento.

d) No momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

e) Declaración xurada de ter cumprido co orzamento de implantación do sistema de xestión con medios propios, aprobado pola Administración para a realización deste proxecto, de ser o caso. Poderase levar a cabo unha visita de comprobación por parte da Administración para verificar o seu cumprimento».

4. Posto que non presentaron a aceptación da subvención no prazo concedido e/ou non presentaron dentro de prazo a documentación especificada no transcrito artigo 13 da orde de subvencións, non procede o pagamento da axuda inicialmente concedida ás seguintes entidades:

Aislamientos Ml-Dos, S.L.

Aislamientos Térmicos de Galicia, S.A. (Aister).

Autoescuela Colupa, S.C.G.

Carbónicas Landeira, S.A.

Dhuman Consultores, S.L.

Extrugasa (Extrusionados de Galicia, S.A.).

Ezpeleta División Comercial, S.L.

Forestaga, S.L.

Grúas Joven Lucense, S.L.

Industrias Losal, S.L.

Leche Celta, S.L.U.

Limpiezas Novoa, S.A.

Lonxanet Directo, S.L.

Meregalia, S.L.U.

Omade Interiorismo, Diseño y Construcción Integral, S.L.

Tecgal Energías, S.L.

Vertifil Industrial, S.L.

Climadeza Instalaciones, S.L.

Alcampo, Sana-Santiago.

Asociación Amicos.

Federación de Empresarios Costa da Morte (FECOM).

Fundación María Martínez Otero.

Concello da Baña.

Concello da Gudiña.

Concello de Carballeda de Avia.

Concello de Carnota.

Concello de Castrelo do Val.

Concello de Lalín.

Concello de Melón.

Concello de Muros.

Concello de Viveiro.

Polo exposto, esta consellería, en exercicio das competencias que ten legalmente atribuídas e de conformidade co establecido na indicada Orde do 9 de decembro de 2008, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 246, do 19 de decembro),

RESOLVE:

Concluír o procedemento, para a obtención dunha axuda ao abeiro da Orde do 9 de decembro de 2008, declarando que non procede o recoñecemento da obriga de pagamento da axuda concedida, por Resolución do 27 de xullo de 2009, por desistencia dos interesados anteriormente mencionados, e procedendo ao arquivo dos expedientes.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A remisión dunha copia desta resolución aos peticionarios que non xustificaron a axuda serve como notificación, de conformidade co establecido no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2011.

P.D. (Orde 9.12.2008)
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental