Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.378

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES DE OURENSE

ANUNCIO de licitación de contrato de subministración para a adxudicación dos productos químicos necesarios para mante-la auga das piscinas dependentes do Consello Municipal de Deportes en condicións óptimas para o baño.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consello Municipal de Deportes.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área xurídico-administrativa.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adxudicación dos productos químicos necesarios para mante-la auga das piscinas dependentes do Consello Municipal de Deportes en condicións óptimas para o baño.

b) Número de unidades que se van entregar: entregas parciais segundo a demanda.

c) Lugar de entrega: pavillón dos Remedios (Almacén piscina) e Complexo Deportivo de Oira s/n.

d) Prazo de entrega: mínimo dous días hábiles desde o pedimento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: non se establece.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consello Municipal de Deportes de Ourense.

b) Enderezo: rúa Pardo de Cela, nº 2.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32002.

d) Teléfono: 988 37 05 39.

e) Telefax: 988 37 07 27.

f) Data límite de obtención de documentos e información: non se establece.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais seguintes á última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e BOP de Ourense, respectivamente.

b) Documentación que hai que presentar: a expresada no artigo 9 do prego.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Rexistro Xeral do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

2ª Enderezo: rúa Pardo de Cela, nº 2.

3ª Localidade e código postal: Ourense, 32002.

d) Admisión de variantes: non.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ourense.

b) Enderezo: praza Maior 1.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó remate da presentación das proposicións.

e) Hora: 12.00.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 28 de novembro de 2003.

José Mario Guede Fernández

Presidente