Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.274

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de decembro de 2003 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

De conformidade co establecido no Decreto 183/2003, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 53, do 17 de marzo), esta consellería, no uso das competencias

que lle atribúe o artigo 10 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

I- Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para o acceso ás categorías do grupo III que figuran no anexo I da presente convocatoria.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría, se é o caso, será, para cada categoría, o reflectido no anexo I, sendo en todo caso dun 50% para a quenda de promoción interna e tendo en conta que cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5, computarase como unha praza a incluír en tal cota.

I.1.2. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.3. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable o disposto nos artigos 8 e seguintes do IV convenio colectivo único e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.1.1. Titulación: estaren en posesión ou en condicións de obteren o título académico e requisitos que, para cada categoría, figura no anexo I antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

En caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

I.2.1.2. Habilitación: non teren sido separados do servicio de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin se atoparen inhabilitados por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.1.3. Os aspirantes deberán ser persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia e pertencer o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia a algunha das categorías integradas nos grupos II, III ou IV do IV convenio colectivo único e posuír, alomenos, dous anos de antigüidade na categoría desde a que se accede mediante o seu nomeamento como persoal laboral fixo, así como posuí-los requisitos requiridos para o acceso á categoría á que se opta.

Ós traballadores fixos que á entrada en vigor do primeiro convenio único prestasen servicios na Xunta de Galicia non se lles poderá esixir título académico para a súa promoción profesional. Así mesmo, no caso de posuí-la titulación esixida para o desempeño dun determinado posto de traballo, a promoción interna poderase levar a cabo con independencia da pertenza ou non ós grupos inmediatos superior ou inferior.

Poderanse presentar por promoción interna nesta convocatoria os laborais das categorías do grupo V que se relacionan no anexo VI, que posúan a titulación e demais requisitos que sinalan as normas e as presentes bases.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no presente proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se cubrirá segundo as instruccións reflectidas no anexo II e que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia ás que se fai referencia na base I.3.2. Do mesmo xeito tamén se poderá obte-la solicitud no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/emprego/oposicions/index.htm. Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, polo que se modifica a contía das taxas establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 27 euros e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo IV. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo IV. Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada

documentalmente xunto coa instancia, presentando orixinal ou copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego, ou equivalente debidamente homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no terceiro exercicio.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e oficinas de correos nas condicións ás que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderán poñerse en contacto telefónico, no número 902 12 00 12, de 9.00 a 19.00 horas de luns a venres e de 9.00 a 14.00 os sábados.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o contido do disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril, e o artigo 3 do Decreto 183/2003, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública dictará resolución, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se atopan expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Concurso-oposición:

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso.

II.1.1. Experiencia profesional:

a) Por servicios prestados na categoría á que se opta no ámbito do convenio único da Xunta de Gali

cia: 0,05 puntos/mes, no caso de ter mudado de denominación a devandita categoría e se nestoutra se manteñen as mesmas funcións, terase en conta o tempo de servicios prestados, de se-lo caso, desde a categoría que mudou de nome.

b) Por servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia, ou ben por servicios prestados no réxime especial agrario na Xunta de Galicia: 0,02 puntos/mes.

c) Por servicios prestados, como laboral, na categoría á que se opta no Sergas e noutras administracións públicas: 0,02 puntos/mes.

d) Por servicios prestados, como laboral, noutras categorías no Sergas e noutras administracións públicas: 0,01 puntos/mes.

A puntuación máxima acadable neste punto II.1.1 será de 10,50 puntos.

II.1.2. Formación profesional:

A) Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta como persoal laboral fixo do grupo III realizados nas administracións públicas, escolas da administración pública, universidades, Inem, así coma os cursos homologados e con informe favorable da comisión da formación continua da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Ata as primeiras 25 horas: 0,1 puntos.

-Por cada hora que exceda ese nº: 0,01 puntos por hora.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

B) Así mesmo, puntuaranse os cursos de idiomas extranxeiros comunitarios organizados e impartidos directamente polos organismos anteriormente indicados na letra A).

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Por cada curso igual ou superior a 6 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,15 puntos.

b) Por cada curso superior a 40 horas lectivas e igual ou superior a 75: 0,30 puntos.

c) Por cada curso superior a 75 horas lectivas: 0,45 puntos.

Non se puntuarán os cursos que non acrediten as horas de duración.

Valoraranse os cursos de idiomas estranxeiros comunitarios, organizados e impartidos directamente polo instituto de idiomas ou escolas oficiais de idiomas (enténdese por curso o ano superado) puntuándose de conformidade co disposto no epígrafe c).

A puntuación máxima do epígrafe B) será de 2 puntos.

A puntuación máxima total acadable nos punto II.1.2 A e no II.1.2 B será de 7,50 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

II.1.3. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 18 puntos, sumados os puntos II.1.1 e II.1.2.

II.1.4. Para supostos de empate nas puntuacións finais dos aspirantes, aquel dirimirase a favor do aspirante que obtivese a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De persisti-lo empate resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1. Por ultimo e de seguir persistindo o empate, resolverase segundo o establecido na base III.16.

II.1.5. Os méritos enumerados nas bases II.1.1 e II.1.2 deberán referirse á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles a que se refiren os puntos anteriores, deberán acreditarse mediante certificado, segundo o modelo que figura como anexo III a esta orde, que deberá ser expedido por:

-Servicios centrais:

Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da última consellería onde prestou ou estea a prestar servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

Secretarios/as ou, de se-lo caso, funcionario/a responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da última consellería onde prestou ou estea a prestar servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Outras administracións públicas ou empresas privadas:

O responsable de persoal respectivo.

Ó certificado xuntarase a documentación acreditativa dos méritos nel reflectidos, que no caso de tratarse de servicios prestados noutras Administracións públicas (agás Sergas) e/ou na empresa privada deberá xuntarse copia cotexada dos contratos orixinarios acompañados de informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. No caso de servicios prestados na Xunta de Galicia ou no Sergas poderase presentar ademais do establecido no parágrafo anterior un certificado de servicios prestados onde veña especificado o grupo, categoría, tipo de persoal e os períodos, con data de inicio e remate do contrato, nos que estivo traballando o aspirante.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido nos puntos anteriores.

En calquera dos casos será necesario achegar xunto coa certificación a documentación acreditativa dos méritos reflectidos nela. Tódalas follas de documentación que se acheguen deberán vir numeradas correlativamente.

II.1.6. Desde a data de anuncio de publicación no DOG das notas do segundo exercicio da fase da

oposición, os aspirantes disporán dun prazo de 20 días naturais para presenta-la documentación relativa á fase de concurso.

As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

Os programas que han de rexe-las probas selectivas son os que figuran como anexo V da presente orde.

II.2.1. Exercicios:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 50 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por aquel, e relativos ó contido da parte específica do programa correspondente a cada categoría, no devandito test poderán poñerse ata tres preguntas máis de reserva para o caso de que se anule algunha das mencionadas anteriormente.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 90 minutos.

Cando remate o exercicio cada opositor poderá obter copia del.

No prazo das 24 horas seguintes ó da realización do exercicio farase público, no lugar onde se realice o exercicio, o modelo coas respostas correctas do test.

Cualificarase de 0 a 25 puntos, sendo preciso para superalo obter como mínimo o 50% da puntuación máxima posible. Para iso terase en conta que por cada cuatro respostas incorrectas descontarase unha correcta, non se valorarán as preguntas non contestadas.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

b.1. Na resolución de dous supostos prácticos con preguntas tipo test con respostas alternativas, relacionados coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría ou

b.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades b.1 ou b.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de dúas (2) horas para os supostos prácticos ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 25 puntos, sendo necesario para superalo obter coma mínimo 12,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que teñan acreditado xunto coa solicitude a posesión do curso de perfeccionamento de galego.

II.2.1.1. O anuncio de exposición da puntuación dos exercicios publicarase no DOG.

II.2.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.2.4. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

II.2.5. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 12.2º.4) do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra C, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de marzo de 2003 pola que se publica o resultado do sorteo que se refire ó Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 52, do 14 de marzo).

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditaren a súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.3.4. O anuncio de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuado polo tribunal no DOG, nos locais onde se celebrase o anterior exercicio, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con corenta e oito horas, alomenos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebra, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, alomenos, de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, de acordo co previsto no artigo 11 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

A composición e requisitos dos membros dos tribunais serán a prevista no artigo 11 do IV convenio colectivo único.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente na sesión de constitución do tribunal solicitará dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán ós que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen os tribunais poderán acordar que a celebración do exercicio nº 1 da fase de oposición se celebre simultaneamente en varias localidades.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós seus apelidos.

III.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.10. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

III.11. Os tribunais cualificadores poderán adopta-las medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidade, sen que se vulnere o principio de igualdade, gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido poderanse establecer, para as persoas con discapacidades que o solicitan na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal da categoría á que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.12. O primeiro exercicio da fase de oposición realizarase no prazo máximo de 40 días desde a constitución do tribunal. Os seguintes exercicios realizaranse nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

III.13. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.14. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

III.15. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.16. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase a favor do aspirante que obtivese a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De continua-lo mesmo resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1 e na base II.1.2 respectivamente. De continuar, resolverase por orde alfabética iniciándose pola letra establecida na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de marzo de 2003 pola que se publica o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autonoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 52, do 14 de marzo).

III.17. As comunicacións que lles formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

IV. Rematado o proceso selectivo o presidente do tribunal enviará proposta de aprobados ó órgano convocante, tal e como dispón o artigo 12 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con carácter excepcional poderase renunciar á participación no proceso selectivo ata a data en que

o tribunal eleve a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

V. Presentación de documentos e nomeamento.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de 20 días para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2 e anexo I ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título, ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato, coas funcións propias da categoría á que accede.

V.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, libremente apreciada pola Dirección Xeral da Función Pública, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados persoal laboral da Xunta de Galicia na categoría que corresponda mediante resolución do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. De acordo co disposto no artigo 12.2.3) do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na resolución pola que se publique a proposta definitiva de aprobados poderán incluirse os postos vacantes que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

VI. Norma derradeira.

Contra a presente convocatoria que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer reclamación

previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Os actos administrativos que se deriven desta convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaVacantes2º exercicioTitulación académica requirida

III001. Encargado/a equipos mecánicos// mecánico/a supervisor/a e outras.2Suposto prácticoTécnico superior automoción ou equivalente. Carné de conducir C.

002. Xefe/a administración //xefe/a negociado e outras.1Suposto prácticoBacharel, técnico superior ou equivalentes.

004. Gobernante/a//gobernante/a de servicios domésticos e outras.2Suposto prácticoa) Técnico superior en aloxamento ou equivalente.

b) Bacharel, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública.

Carné de manipulador de alimentos ou equivalente.

005. Intendente//encargado/a establecemento//encargado/a almacén.2Suposto prácticoBacharel, técnico superior ou equivalentes.

006. Xefe/a servicios técnicos// encargado/a de matemento e outras1Suposto prácticoTécnico superior en mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso, técnico superior de mantemento de equipo industrial ou equivalentes.

011. Encargado/a agrario/a1Suposto prácticoTécnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias// técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos//Técnico superior en industrias alimentarias ou equivalentes.

012. Mestre/a de taller2Suposto prácticoBacharel, técnico superior ou equivalentes.

014. Xefe/a de cociña1Proba práctica: elaboración práctica dun menú. Tempo 75'.a) Técnico superior en restauración ou equivalente.

b) Bacharel técnico/a superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública.

Carné de manipulador de alimentos ou equivalente.

017. Analista de laboratorio//axudante técnico de laboratorio2Suposto prácticoa) Técnico superior de formación profesional específica da familia química//técnico superior en producción acuícola //técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía//técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico ou equivalentes.

b) Ter superado o 1º ciclo de bioloxía, química, farmacia ou ciencias do mar.

c) Bacharel, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública.

049. Axente auxiliar inspección de transportes1Suposto prácticoa) Técnico superior en automoción// técnico superior en supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.

b) Bacharel, ciclo superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública.

Carné de conducir B.

050. Técnico especialista en xardín de infancia19Suposto prácticoa) Técnico superior en educación infantil ou equivalente.

a) Profesionais que sen ter ningunha das titulacións referidas presenten certificado expedido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de realización do curso de habilitación para profesionais do primeiro ciclo de educación infantil.

052. Traductor/a//intérprete da Administración de xustiza4Suposto prácticoBacharel, técnico superior ou equivalentes.

067. Capataz de obras//capataz de cuadrilla//xefe/a de equipo e outras2Suposto prácticoa) Técnico superior de realización e plans de obras ou equivalente.

b) Bacharel, ciclo superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública.

069. Oficial servicios técnicos//oficial 1ª mantemento//oficial 1ª oficios varios//Oficial 1ª6Suposto prácticoa) Técnico superior en mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso, técnico superior de mantemento de equipo ou equivalente.

b) Bacharel, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública.

074. Oficial 1ª albanel1Suposto prácticoBacharel, técnico superior ou equivalentes.

078. Subgobernante/a2Suposto prácticoa) Técnico superior en aloxamento ou equivalente.

b) Bacharel, técnico superior ou equivalentes e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública.

Carné de manipulador de alimentos ou equivalente.

084. Oficial 1ª calefactor1Suposto prácticoTécnico superior en mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso ou equivalente.

090. Animador/a sociocultural1Suposto prácticoTécnico superior en animación sociocultural ou equivalente.

102. Encadernador/a1Suposto prácticoTécnico superior de producción en industrias de artes gráficas ou equivalente.

105. Mestre/a de música tradicional1Proba práctica:

1. Interpretación libre de calquera dos instrumentos mencionados no temario. Tempo 5'.

2. Interpretación por sorteo entre varias partituras de: 1 partitura de gaita, 1 partitura de zanfona, 1 partitura de violín e 1 de tamboril ou pandereta. Tempo de cada interpretación 5'.

Bacharel, técnico superior ou equivalentes.

ANEXO V

Parte específica

Grupo III- categoría 001 (encargado/a equipos mecánicos//mecánico/a supervisor/a e outras).

Tema 1. Xestión do taller. Programación, organización e control das actividades. Loxística asociada. A seguridade no taller.

Tema 2. Constitución e funcionamento do motor de dous tempos. Constitución e funcionamento do motor de catro tempos. Descrición dos ciclos.

Tema 3. Motores diesel. Ciclo de traballo en catro tempos. Equipo de inxección. Avarías máis comúns no motor diesel e a súa reparación.

Tema 4. Equipo eléctrico dos diferentes tipos de vehículos contraincendios forestais. Esquema xeral da instalación. Avarías no arranque.

Tema 5. Engraxado do motor. Lubricantes. Sistemas de engraxado. Avarías do engraxado.

Tema 6. O sistema de refrixeración, calefacción interior, ventilación e aire acondicionado.

Tema 7. O embrague. O embrague de disco. Forros de fricción. O embrague multidisco. Mecanismos de funcionamento do embrague. Detección de fallos e mantemento. Embragues hidráulicos e convertidores de par.

Tema 8. A caixa de cambios. Caixas de cambios manuais e automáticas. Caixa transfer. Árbores de transmisión, xuntas universais e palieres. Tipos de transmisión finais. O diferencial.

Tema 9. Eixe dianteiro e dirección. Disposicións da dirección. Ángulos de axuste da dirección. Mecanismos da dirección. Dirección asistida.

Tema 10. O sistema de freos. Tipos de freos. O sistema hidráulico. Sistema antibloqueo de freos (ABS).

Tema 11. Rodas e pneumáticos. Tipo, tamaño e designación dos pneumáticos. Mantemento dos pneumáticos. As lamias.

Tema 12. Vehículo motobomba, deseño e características. Bastidor, chasis e cabina. Mandos e controis. Mantemento e avarías máis frecuentes.

Tema 13. O equipo de impulsión. A bomba, modelos de bomba máis utilizados polo servicios de defensa contra incendios forestais. Funcionamento. Mantemento e avarías máis frecuentes. Mangueiras de aspiración e impulsión, racores e lanzas.

Tema 14. O tractor forestal, instruccións e controis. Arrinca e funcionamento. Toma de forza. Remolque. Utilización do alzamento hidráulico. Colocación de implementos.

Tema 15. Especificacións técnicas do tractor forestal, comprobacións e axustes. Mantemento e avarías máis frecuentes.

Grupo: III - categoría 002 (xefe/a administración //xefe/a negociado e outras).

Tema 1. Norma regulamentaria do IGAEM: Lei 4/1989, do 21 de abril (DOG do 9 de maio), pola que se crea o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro (DOG do 25 de xaneiro). Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989.

Tema 2. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do IGAEM: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana e a Escola de Altos Estudios Musicais. O Grupo de Música Tradicional do IGAEM e o Centro de Documentación das Artes Escénicas e Musicais de Galicia.

Tema 3. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do IGAEM: o seu orzamento. Os seus recursos humanos.

Tema 4. Área teatral. O teatro público e privado. Etapas da producción dun espectáculo.

Tema 5. Área de música e danza pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro. A formación nas artes escénicas (teatro, música e danza).

Tema 6. Programa de axudas do IGAEM. Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 7. Dereitos de autor: suxeito, obxecto e contido. Duración e límites. Transmisión dos dereitos.

Tema 8. Contrato de representación teatral e execución musical. Dereitos de propiedade intelectual dos artistas, intérpretes e executantes. O rexistro de propiedade intelectual.

Tema 9. R.D. 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial dos artistas en espectáculos públicos. Concepto legal de organizador de espectáculos públicos ou empresario. Límites á capacidade para traballar como artista por razón de idade. Axentes mediadores entre empresario e artista. Contrato especial de artistas: a xornada laboral; os horarios, horas extraordinarias e permisos; o descanso semanal e os días festivos; as vacacións.

Tema 10. Contrato por obra ou servicio. Contrato de interinidade. Contrato de alta dirección (R.D. 1382/1985).

Tema 11. Cotización á Seguridade Social: nacemento, desenvolvemento e extinción da obriga. Conceptos integrantes da cotización. Elementos computables e non computables.

Tema 12. Réxime especial de artistas integrado no réxime xeral da Seguridade Social: afiliación, altas e baixas. Cotización. Período cotizado. Características xerais das prestacións.

Tema 13. A clasificación orgánica, funcional e económica do orzamento. Fases de execución do orzamento de gastos e os seus documentos contables.

Tema 14. Orde do 26 de febreiro de 1993 e posteriores modificacións polas que se regula a expedición de ordes de pagamento para xustificar.

Tema 15. Requisitos dunha factura. R.D. 2402/1985 e disposicións que o modifican.

Grupo: III, categoría: 004 (gobernante/a//gobernante/a servicios domésticos e outras).

Tema 1. O/A gobernante/a: concepto e calidades. Funcións: con respecto ó persoal ás súas ordes. Con respecto ás súas relacións cos demais departamentos. Persoal ás ordes do/a gobernante/a nunha residencia. Uniformidade e aseo do persoal.

Tema 2. Relacións humanas. Relacións de mando. Bases para acadar unhas boas relacións. A motivación do traballo. A motivación e o rendemento. Teoría das expectativas. Os efectos dos incentivos extrínsecos e intrínsecos sobre o rendemento. A frustración.

Tema 3. A dirección: concepto. Importancia da dirección. Fases do proceso. Os obxectivos. A organización e planificación do traballo e do persoal ó seu cargo. A delegación.

Tema 4. Seguridade e hixiene: instalacións sanitarias. Riscos de traballo en residencia e a súa prevención.

Tema 5. Aprovisionamento de lencería. Elección do tecido. Lencería nos cuartos e no comedor. Constitución cuantitativa do stock. Vales de cambio de roupa. Coidados que hai que seguir no cambio de roupa sucia por limpa. Roupa sucia do residente.

Tema 6. A lavandería. O lavado do algodón, do liño e da lá. Normas xerais do lavado das fibras sintéticas: poliamidas. Poliésteres, fibras vinílicas, acrílicas e poliacrílicas. O lavado dos tecidos de cor.

Tema 7. Finalidade das fases do lavado. Operacións: preaclarado, prelavado, lavado, aclarado, programa de lavado. Prancha: clasificación da roupa, pranchado a máquina.

Tema 8. Neutralización. Obxectivos. Neutralización de alcalinos e do cloro. O branqueo da roupa. Vantaxes e inconvenientes da lixivia e do cloro. Formas de aplica-la lixivia. Desinfección correcta. Branqueo químico con perborato. Os branqueantes óptimos. Danos dos branqueantes.

Tema 9. A limpeza de cuartos e zonas comúns. Pedidos de material ó almacén xeral. Stock de artigos e utensilios de limpeza no office. Coidados que se deben seguir no almacenamento dos productos de limpeza. Medidas de precaución cos líquidos inflamables ou tóxicos. Carro de limpeza. Medidas xerais da orde e limpeza do office.

Tema 10. A camareira de pisos: definición de funcións, horarios, carteleira e quendas de traballo. Numeración das cuartos. Follas de control. A chave mestra. Limpeza de cuartos. A cama: colchóns, almofadas, cobresomieres, moletóns, sabas, mantas, col

chas: clases e preparación. Cuarto de baño: elementos e limpeza. As alfombras. Limpeza de armarios. Terminación da limpeza de cuartos.

Tema 11. Control de cuartos. Cambio de cuartos. Entrada de residentes. Roupa de residentes. Control de desperfectos e avarías, partes. Bloqueo de cuartos, preparación e responsabilidade ante un bloqueo. Desbloqueo: definición e forma.

Tema 12. Montaxes: concepto. Colocación de mesas e cambio de mantelerías. Repaso do material: pratos, cubertería, cristalería, etc. Repaso do enxoval: aparadores, carros e outros utensilios. Distribución do enxoval. Supervisión da montaxe.

Tema 13. Formas de servir: servicio empratado, á francesa e á inglesa. Servicio con mesa auxiliar. Servicio de mesa, servicio de bebidas. Transporte de manxares ó comedor. Debrasar mesas.

Tema 14. Horas para face-las revisións. Formas de face-las revisións de cuartos. Revisión das zonas comúns e de servicio.

Tema 15. Control de entradas, saídas e de asistencia do persoal ó traballo. Partes de altas e baixas, xustificantes de ausencias, permisos e licencias. Cambios de quendas. Inventarios. Uniformes.

Grupo: III, categoría 005 (intendente//encargado/a establecemento//encargado/a almacén).

Tema 1. Clasificación do material. Proposta de clasificación: material inventariable. Material repoñible. Material funxible.

Tema 2. Ordenación dos stocks. Creación dunha nomenclatura. Nomenclatura do almacén. Existencia normal. Existencia de tránsito. Existencias de seguridade. Os excedentes de existencias ou surplus. Existencias de material recuperado.

Tema 3. Normalización do material. Designación dun artigo.

Tema 4. Cálculo de necesidades. A carpeta do artigo en existencias. A ficha de existencias. A documentación técnica do almacén.

Tema 5. O aprovisionamento e o reaprovisionamento das existencias. Plan de aprovisionamento: a provisión media das saídas.

Tema 6. O prazo de aprovisionamento. Período de aprovisionamento. As condicións de determinación da cifra de aprovisionamento.

Tema 7. Stocks activos e stocks de seguridade. Cálculo do stok de seguridade. Lote de aprovisionamento económico. A taxa de rotación da existencia.

Tema 8. Valoración real das reduccións de prezos: rappels e descontos polo tamaño do lote. Control efectivo dos stocks: método A.B.C.

Tema 9. Atribucións e responsabilidades dos almaceneiros. Relación do almacén con outros departamentos. Pedidos ós provedores.

Tema 10. A recepción das mercadorías. A recepción cuantitativa. A recepción cualitativa. A entrada do artigo.

Tema 11. A almacenaxe. Imperativo da almacenaxe. Conservación e salvagarda dos stocks.

Tema 12. Inventarios: momento máis favorable para o inventario. Inventario anual. Inventario rotativo. Diferencias. Implantación contable das diferencias. Rexistro dos inventarios sobre documentos.

Tema 13. A distribución. Elección de unidades de distribución. Documentos realizados. Anotación da saída.

Tema 14. Almacenaxes interiores: os andeis. Solucións modernas: palés, andeis porta palés, armarios, cabaletes, enreixados.

Tema 15. Almacenaxes exteriores: esteos e dispositivos especiais. Organización de parques exteriores, accesos e zonas de almacenamento.

Grupo: III, categoría: 006 (xefe/a servicios técnicos//encargado/a de matemento e outras).

Tema 1. Importancia e necesidade da conservación e mantemento dun inmoble. Xeneralidades. Instalacións básicas dun edificio.

Tema 2. Calefacción e auga quente sanitaria. Fases de producción de calor a partir de combustibles. Fases de intercambio de calor. Regra fundamental para a diminución do consumo de enerxía. Control de temperatura no interior dun edificio. Calefacción eléctrica: acumuladores.

Tema 3. Electricidade (1). Corrente eléctrica. Intensidade. Resistencia eléctrica. Lei de Ohm. Enerxía e potencial dunha corrente.

Tema 4. Electricidade (II). Lei de Joule. Xeradores e receptores. Forza electromotriz. Leis de Kirchoff. Potenciómetros. Shunt.

Tema 5. Electricidade (III). Corrente alterna. Relación de fases. Impedancia. Reactancia. Campo magnético. Inducción. Fluxo magnético. Autoinducción.

Tema 6. Regulamento electrotécnico para baixa tensión (I). Instalacións de enlace. Subministracións en baixa tensión e previsión de cargas.

Tema 7. Regulamento electrotécnico para baixa tensión (II). Instalacións receptoras. Inspección de instalacións.

Tema 8. Equipos asociados ás proteccións nas instalacións eléctricas (I). Transformadores de medida. Transformadores de intensidade. Interruptores automáticos. Proteccións en instalacións de baixa tensión.

Tema 9. Equipos asociados ás proteccións nas instalacións eléctricas (II). Dispositivos de protección regulamentarios. Protección contra sobrecargas. Protección de curtociruítos. Curtocircuítos fusibles.

Tema 10. Luminotecnia. Conceptos básicos de radiación luminosa. Unidades de luminotecnias. Normas para evitar cegamentos. Lámpadas de descarga. Lámpadas de vapor de sodio. Lámpadas fluorescentes.

Tema 11. Sistemas contra incendios. Sistemas fixos. Sistemas móbiles. Sistemas de detección. Centraliñas. Sistemas de alarma. Plano de emerxencia: conceptos básicos.

Tema 12. A pintura no mantemento. Reparación de superficies en mal estado: xesos. O gotelé. Témpera picada. Pinturas pétreas.

Tema 13. Aire acondicionado. Obxectivos do acondicionamento. Bomba de calor: conceptos básicos. Sistema auga-aire: conceptos básicos. Funcións do compresor. Refrixerantes.

Tema 14. Mantemento de xardíns. Coidados de índole xeral. A rega e as súas diferentes formas.

Tema 15. Informática (coñecementos básicos). Tratamento de textos. Bases de datos. Folla de cálculo. Paquetes integrados. Correo electrónico. Axenda.

Grupo: III, categoría: 011 (encargado/a agrario/a).

Tema 1. O tractor: descrición, uso e mantemento. Remolques agrícolas: tipos e utilización.

Tema 2. Preparación dun terreo: desarborado, descañotado, roza, labores primarios e secundarios. Principal maquinaria utilizada en cada fase.

Tema 3. Equipos para recolección: segadoras, ensiladoras, máquinas para herba seca, colleitadoras de gran, etc. Tipos e utilización. Breve referencia a outros equipos de granxa.

Tema 4. Praderías naturais e praderías sementadas: características e coidados. Preparación e mantemento nas praderías sementadas.

Tema 5. Principais cultivos forraxeiros de inverno, primavera e verán: sementeira, labores e fertilización. Aproveitamento. A súa utilización como alimento conservado.

Tema 6. Os cereais de inverno, o millo e o xirasol como cultivos para gran. Labores, sementeira e fertilización. Recollida e conservación.

Tema 7. Horticultura. O viveiro: organización e coidados. Técnicas de producción dos principais cultivos. Cultivo baixo plástico: invernadoiros.

Tema 8. O solo. Textura e estructura. Importancia da materia orgánica: estercado. O fertilizante mineral como aporte de nutrientes. Acción sobre a planta. Tipos de fertilizantes. Épocas de aplicación.

Tema 9. Producción de carne con gando ovino: sistemas utilizados e as súas características. Alimentación, manexo e coidados.

Tema 10. Producción de carne con gando vacún: sistemas utilizados e as súas características. Alimentación, manexo e coidados.

Tema 11. Producción de leite en gando vacún. Características, sistemas, alimentación, manexo e coidados. A muxidura: descrición, equipos e instalacións utilizados.

Tema 12. A auga na explotación gandeira: a súa necesidade. Auga potable: orixe, bombeo, depuración. Manexo do xurro: recollida, evacuación e tratamento. Eliminación do esterco.

Tema 13. Cercado de explotacións gandeiras de vacún e ovino. Cercas rústicas. Cercas de arame: tipos e materiais usados. A cerca eléctrica: características e utilización.

Tema 14. Estabulación de gando. Tipos de cortes para ovino e vacún. Ventilación e iluminación. Sistemas de limpeza. Instalacións anexas: descrición e uso.

Tema 15. O ambiente nas explotacións agrícolas e gandeiras: fontes de contaminación e sistemas e medios de control.

Grupo: III, categoría: 012 (mestre/a de taller).

Tema 1. A educación na Constitución. Evolución e organización actual. Os funcionarios públicos. Dereitos e deberes, incompatibilidades e responsabilidades.

Tema 2. Sistemas de representación: diédrico, axonométrico, cónico.

Tema 3. O proxecto: a súa función. Bosquexo e escalas. Prototipos e maquetas.

Tema 4. Ángulos. Paralelismo e perpendicularidade. Polígonos.

Tema 5. Corpos no espacio.

Tema 6. Traslacións, xiros e simetrías no plano.

Tema 7. Homotecias e semellanzas no plano.

Tema 8. Propiedades físicas da materia.

Tema 9. Física aplicada: máquinas simples e compostas.

Tema 10. Reaccións químicas. Materia e enerxía.

Tema 11. Acidez e basicidade.

Tema 12. O Renacemento: significación, valor histórico e cultural.

Tema 13. A Ilustración: significación, valor histórico e cultural.

Tema 14. Evolución do deseño desde a revolución industrial ó Racionalismo.

Tema 15. Evolución do deseño desde o Racionalismo ós nosos días.

Grupo: III, categoría: 014 (xefe/a de cociña).

Tema 1. A cociña. Condicións que debe reuni-lo local. Divisións do local de cociña. Maquinaria: xeradores de calor. Xeradores de frío: elementos empregados na conservación de alimentos perecedoiros. Elementos empregados na elaboración de sobremesas. Pequena maquinaria de cociña.

Tema 2. Calidades do cociñeiro. Categorías dentro da brigada de cociña segundo o convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia. Funcións de cada categoría profesional. Uniformidade e aseo do persoal ás súas ordes. Dirección, organización e planificación do traballo do persoal ó seu cargo. Quendas e carteleiras de traballo.

Tema 3. Perfecto aproveitamento dos restos de xéneros cociñados. Aforro de gastos inútiles. Rendemento de xéneros alimentarios. Cálculo de cantidades aproximadas de xéneros. Adecuación de emprego dos artigos. Os residuos de cociña: repercusión ambiental e medidas de control de contaminación que producen.

Tema 4. Condimentos: concepto. Clases, segundo a súa procedencia. O sal. O azucre. O vinagre. Condimentos de vexetais secos: coidados que requiren. Especias. Herbas aromáticas. Condimentos frescos.

Tema 5. Fondos de cociña. Concepto. Fondos fundamentais: fondo branco. Fondo escuro. Consomé clarificado. Consomé branco. Fumet. Xelatinas: naturais, elaboradas. Glacés. Ligazóns. Caldos. Marinadas. Aparellos. Farsas: conceptos e clases. Salsas básicas: concepto e clases. Salsas derivadas. Salsas especiais.

Tema 6. Hortalizas: concepto, propiedades, aplicacións. Conservación, preparación e condimentación. Métodos básicos do cociñado. Clases de hortalizas: hortalizas de primavera, hortalizas de verán, hortalizas de outono, hortalizas de inverno.

Tema 7. Ensaladas: concepto, propiedades, aplicacións, normas de elaboración e presentación. Clases: simples, compostas españolas, compostas internacionais.

Tema 8. Legumes secos. Calidade. Propiedades. Compra. Conservación. Clases. Preelaboración e cociñado. Limpeza. Remollo. Cocción. Adición de elementos graxos. As fabas. Os garavanzos. As lentellas. O arroz e as patacas.

Tema 9. Potaxes propiamente ditas. Propiedades, aplicación e clases. Potaxe de vixilia. Cocido. Fabada asturiana. Minestrone Piamontesa. Pequena marmita. Sopas: concepto, propiedades, aplicacións e clases. Sopas de peixe: bouillabaise de Marsella. Sopa ó cuarto de hora. Sopa de cebola. Sopa de allo. Sopa castelá. Sopa de fideos. Sopa Xuliana.

Tema 10. Consomés: concepto, propiedades, aplicacións, clases. Cremas: concepto, propiedades, aplicacións e clases. Entremeses: calidades e clases. Savouries: fríos e quentes. Aperitivos.

Tema 11. Peixe. Concepto. Importancia. Características xerais. Clases. Presentación no mercado. Valoración comercial. Limpeza e conservación. Métodos básicos de cociñado. Especies máis importantes: de auga doce, de mar.

Tema 12. Carne: concepto. Importancia. Características xerais. Clases. Normas sobre inspección de carnes. Características, aspecto e nomenclatura

das pezas e anacos dos distintos animais de carnicería. Clasificación e emprego dos anacos: boi, vaca, cordeiro, porco. As aves de curral: clases. A caza. Caza de pelo. Caza de plumas. Preparación das carnes de matadoiro, aves de curral e caza.

Tema 13. Os postres de cociña. Queixos. Froitas naturais. Xelados. As bebidas: augas, viños e licores.

Tema 14. Os alimentos e a súa función na organización. As proteínas. As graxas. Os hidratos de carbono. As vitaminas. Os minerais. A preparación culinaria e o valor nutritivo dos alimentos.

Tema 15. A cociña dietética. Dieta contra a obesidade: alimentos permitidos, alimentos prohibidos. Dietas para a arteriosclerose: alimentos permitidos, alimentos prohibidos. Dieta para diabéticos: alimentos permitidos, alimentos prohibidos. Dietas gastrohepáticas: alimentos permitidos, alimentos prohibidos.

Grupo: III, categoría: 017 (analista de laboratorio//axudante técnico de laboratorio).

Tema 1. Nomenclatura en química orgánica e inorgánica. Os reactivos en química analítica. Clasificación e pureza. Etiquetaxe dos reactivos: datos mínimos esixibles. Fichas de seguridade e de control. Manipulación e almacenamento de reactivos.

Tema 2. Preparación de disolucións: expresión da súa concentración. Disolucións patrón. Disolucións valoradas. Disolucións tampón. Conservación das disolucións. Solubilidade. Material utilizado.

Tema 3. Análise volumétrica, gravimétrica e potenciométrica. Fundamentos e tipos. Aplicacións. Material utilizado. Conceptos xerais de calibración e verificación de equipos. Uso e calibración de balanzas.

Tema 4. Separacións analíticas: precipitación, extracción, separación en columna, concentración, cristalización e destilación. Sistemas de filtración. Material utilizado.

Tema 5. Cromatografía xeral: fundamentos e tipos. Aplicacións. Material utilizado. Conceptos xerais de calibración e verificación de equipos. Tipos de detectores e fundamento.

Tema 6. Espectrometría xeral. Fundamentos e tipos. Aplicacións. Material utilizado. Conceptos xerais de calibración e verificación de equipos. Casos especiais: absorción atómica, ICP e infravermello.

Tema 7. Técnicas de análise bacteriolóxico, micolóxico, vírico e parasitario. Preparación e conservación dos medios de cultivo e outros reactivos para este tipo de análises. Material utilizado. Tipos de medios. Esterilización e desifección. Mantemento do material estéril. Recepción e tratamento previo das mostras nun laboratorio de microbioloxía. Precaucións e medidas de seguridade neste tipo de laboratorios.

Tema 8. Os cálculos en química analítica. Curvas de calibrado. Expresión dos resultados analíticos. Transformación de unidades. Conceptos estatísticos. Aplicacións e utilidades no laboratorio das follas de cálculo e das bases de datos. Materiais de referencia e cálculos de erros.

Tema 9. A calidade nos laboratorios. Acreditación e certificación. Esixencias da acreditación dos laboratorios. Normas internacionais de acreditación de laboratorios. A Norma UNE 17025: conceptos xerais. Manual de calidade. Procedementos normalizados. Validación de métodos. Auditorías.

Tema 10. Hixiene e seguridade no laboratorio: normativa. Prevención de accidentes: Plan de avalición de riscos. Medidas que cómpre tomar en caso de accidente. Primeiros auxilios no caso dos accidentes máis habituais. Sinalización de seguridade e saúde nun laboratorio. Clasificación dos productos químicos en función das súas características de risco. Símbolos de indicación do risco. Fichas de seguridade, as frases R e as frases S. Residuos: clasificación. Xestión de residuos dos diferentes tipos de laboratorio.

Tema 11. Toma de mostras para a súa análise: requirimentos segundo o tipo de mostra e o tipo de análise. Productos contidos nun gran número de embalaxes. Productos en montón. Productos sólidos en fragmentos de distinto tamaño. Productos higroscópicos e perigosos. Toma de mostras de solos. Toma de mostras de vexetais. Homoxeneización e reducción do tamaño da mostra.

Tema 12. Toma de mostras de gases: concepto de isocinetismo. Emisión e calidade do aire. Determinacións máis frecuentes. Equipos habituais e a súa base científica. Toma de mostras de productos líquidos en repouso. Toma de mostras de productos líquidos en movemento.

Tema 13. Preparación e consevación de mostras para a súa análise: requirimentos segundo o tipo de mostra e o tipo de análise. Conservación das mostras. Mostras de alimentos. Mostras de pensos e as súas materias primas. Mostras de forraxes frescos e ensilados. Mostras de fertilizantes orgánicos e inorgánicos. Mostras de solo.

Tema 14. Residuos agrarios e industriais. Preparación e conservación de mostras para análise de residuos. Tratamentos específicos. Lixiviación. Os límites de detección. Límites de cuantificación. Expresión de resultados. Preparación de patróns. Determinación da toxicidade. Tipos.

Tema 15 . Preparación e conservación de mostras de augas. A auga de mar: características especiais. A auga potable: determinacións de potabilidade. Augas de choiva. Recolección e pluviosidade. As augas residuais. Cálculos. Análise de ións máis habituais. Augas para rega. Determinacións máis frecuentes en cada unha delas.

Grupo III - categoría 049 (axente auxiliar da inspección de transportes).

Tema 1. Tipos de transporte. Condicións para o exercicio do transporte e das actividades auxiliares e complementarias del.

Tema 2. Os transportes de mercadorías. Autorización de servicio privado complementario e autorizacións de servicio público. Clases e regulación. Visado de autorizacións.

Tema 3. Os transportes de viaxeiros. Autorizacións de servicio privado complementario e autorizacións de servicio público. Clases e regulación. Visado de autorizacións. Tarifas.

Tema 4. O transporte regular permanente de uso xeral. Definición de procedemento de adxudicación. Itinerario, paradas e calendario. Tráficos. Tarifas.

Tema 5. Transporte regular de uso especial. Definición de procedemento de outorgamento, condicións de prestación. Tarifas. Transportes regulares temporais. Condicións de seguridade no transporte escolar e de menores.

Tema 6. Operador de transportes de mercadorías. Autorización. Réxime de funcionamento e responsabilidade das axencias de transporte, almacenistas-distribuidores e transitarios.

Tema 7. Transporte público en automóbiles de turismo. Normativa estatal, local, das CC.AA. que o regula. Procedemento de outorgamento das autorizacións. Réxime tarifario.

Tema 8. O aluguer de vehículos sen conductor. O aluguer de vehículos con conductor. Axencias de viaxe. Transportes turísticos. Estacións de transporte.

Tema 9. O transporte urbano de viaxeiros e mercadorías. O transporte internacional de viaxeiros e mercadorías.

Tema 10. As xuntas arbitrais de transporte. O réxime de responsabilidade derivado do contrato de transporte terrestre. En particular o transporte sucesivo.

Tema 11. A inspección do transporte. A competencia de inspección e sanción das diferentes administracións públicas.

Tema 12. Réxime sancionador. Persoas responsables. Procedemento sancionador. Infraccións e sancións.

Tema 13. Documentos e outros instrumentos de control en relación cos transportes públicos de viaxeiros e marcadorías por estrada. Distintivos dos vehículos que realizan o transporte.

Tema 14. O transporte de mercadorías perigosas. ADR. Conselleiro de seguridade.

Tema 15. Tacógrafo. Tempos de conducción e descanso. Limitador de velocidade. Os excesos de peso nos transportes de mercadorías.

Grupo III - categoría 050 (técnico especialista en xardín de infancia).

Tema 1. Papel, funcións e tarefas do educador infantil.

Tema 2. A organización do espacio, os materiais e o tempo como recursos didácticos. Características espaciais da escola infantil. Os materiais na práctica educativa. A distribución do tempo.

Tema 3. O ingreso do neno no centro infantil. O período de adaptación. O papel do adulto no proceso de adaptación ó centro infantil.

Tema 4. O currículo da educación infantil. A estructura curricular da educación infantil. O proxecto educativo de centro. O proxecto curricular de etapa. A programación. Elementos da programación. A presencia dos temas transversais no currículo. O tratamento da diversidade lingüística na educación infantil.

Tema 5. A educación infantil dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais. A importancia da intervención temperá. A integración na educación infantil. As adaptacións curriculares.

Tema 6. O crecemento e desenvolvemento físico do neno de 0 a 3 anos. O desenvolvemento sensorial e motor. O desenvolvemento cognitivo e lingüístico. O desenvolvemento emocional e social. Alteracións máis frecuentes do desenvolvemento.

Tema 7. Alimentación e nutrición. Necesidades nutricionais desde o nacemento ata os tres anos. Trastornos e dificultades na comida. A transición na alimentación. O desenvolvemento de hábitos para unha alimentación equilibrada.

Tema 8. A adquisición de hábitos de autonomía persoal. O control de esfínteres. A adquisición de hábitos de limpeza e hixiene nos nenos de 0 a 3 anos. O descanso: necesidades e ritmos do sono.

Tema 9. As enfermidades máis frecuentes na infancia. Enfermidades transmisibles. A infencción VHI. Os accidentes infantís. O papel do educador infantil na prevención dos accidentes infantís.

Tema 10. A importancia do xogo no desenvolvemento infantil. O xogo como recurso didáctico. A intervención do educador no xogo infantil.

Grupo III - categoría 052 (traductor/a//intérprete da Administración de xustiza).

Tema 1. Ortografía. O alfabeto galego. As regras de acentuación.

Tema 2. Ortografía. Usos de trazos e guións. Usos de maiúsculas e minúsculas. Usos das abreviaturas.

Tema 3. O artigo, o demostrativo e o posesivo. Usos, valores e contraccións.

Tema 4. Xénero e número dos substantivos e adxectivos.

Tema 5. O verbo: usos dos tempos e dos modos verbais.

Tema 6. O verbo: verbos de réxime preposicional.

Tema 7. O verbo: casos especiais de verbos transitivos, intransitivos e pronominais.

Tema 8. Usos das formas impersoais. O infinitivo persoal ou conxugado.

Tema 9. As construccións pasivas.

Tema 10. As perífrases verbais.

Tema 11. Os pronomes persoais. Formas tónicas e átonas. Amálgamas pronominais. Sintaxe do pronome átono.

Tema 12. Adverbios, preposicións e conxuncións. Locucións adverbiais, prepositivas e conxuntivas.

Tema 13. As expresións fixadas e as frases feitas.

Tema 14. Sinónimos e antónimos.

Tema 15. Corrección de interferencias léxicas e fraseolóxicas doutras linguas.

Grupo III - categoría 067 (capataz obras//capataz cuadrilla//xefe/a equipo e outras).

Tema 1. Dominio público hidráulico. Bens que o integran. Conceptos de leito, ribeira e marxes. Zonas de servidume e de policía do dominio público hidráulico (DPH). Limitacións ó uso. Lagos, lagoas e zonas inundables: conceptos e limitacións ó uso. Zonas húmidas: definición, zonas que teñen a consideración de zonas húmidas. Delimitación delas. Limitacións á actividade humana nas zonas húmidas.

Tema 2. Servidumes legais para a utilización do DPH. Servidume de acueducto, abrevadoiro e saca: conceptos e condicións. Usos comúns do DPH: principios xerais. Usos comúns especiais do DPH: principios xerais, enumeración e condicións que deben cumprir segundo tipoloxía.

Tema 3. Usos privativos por disposición legal do DPH: concepto e condicións para a súa autorización. Obras en zona de policía de leitos: limitacións para a súa autorización. Cruzamentos de leitos con liñas eléctricas. Condicións que deben cumprir.

Tema 4. Concesións de auga: principios xerais que rexen as concesións de augas. Acuíferos sobreexplotados: concepto e efectos. Concesións de augas subterráneas: condicións e distancias que deben cumprir. Características que definen unha concesión de augas subterráneas.

Tema 5. Verteduras ó DPH. Verteduras directas e verteduras indirectas: conceptos. Autorizacións de verteduras. Substancias contaminantes: definición e clasificación para os efectos de ser obxecto dunha autorización de verteduras.

Tema 6. Infraccións administrativa en materia de augas: leves, menos graves, graves e moi graves. Sancións. Procedemento sancionador.

Tema 7. Aproveitamentos hidroeléctricos: tipos e partes de que consta un aproveitamento hidroeléctrico. Elementos de protección da fauna piscícola nos aproveitamentos hidroeléctricos. Encoros: tipos de encoros. Partes básicas dun encoro.

Tema 8. Abastecementos de auga a núcleos urbanos: partes de que consta un abastecemento urbano. Estacións de depuración de augas residuais: concepto. Tipos de tratamentos de augas residuais.

Tema 9. Lei de estradas de Xunta de Galicia: obxecto e definicións. Competencias. Explotación. Uso e defensa das estradas (limitación da propiedade, uso das estradas, infraccións e sancións). Aforramentos: definición, usos e criterios de implantación.

Tema 10. Coñecementos básicos de xeometría e topografía. Figuras planas. Corpos xeométricos. Áreas. Volumes. Escalas. Nivelación. Perfís transversais. Perfís lonxitudinais. Curvas de nivel. Aparellos topográficos. Planeamentos. Xeometría das estradas.

Tema 11. Definición e descrición das obras de terras: as rochas e os solos e as súas clasificacións. Desmontes en terras e en rocha. Terrapléns e pedrapléns. Controis de obra e interpretación dos ensaios que hai que realizar.

Tema 12. Definición e descrición das obras de fábrica: materiais (mampostería, formigóns, aceiros, etc.). Execución das unidades. Encofrados. Descrición e interpretación dos ensaios de materiais e controis de execución.

Tema 13. Firmes e pavimentos: materiais e execución para subbase e base. Macadam e tratamentos superficiais: materiais e execución. Firmes con aglomerado bituminoso en frío: materiais e execución. Firmes con aglomerado bituminoso en quente: materiais e execución. Firmes ríxidos: materiais e execución. Descrición e interpretación dos ensaios de materiais e controis de execución.

Tema 14. Drenaxe e canalizacións: definicións. Gabias: tipos e usos. Drenaxes profundas: tipos e usos. Tubaxes: tipos e usos. Pozos: tipos e usos. Sumidoiros. Rexistros. Descrición e interpretación dos ensaios de materiais e controis de execución.

Tema 15. Sinalización, balizamento e defensa. Sinalización horizontal: materiais, criterios de utilización, instrucción de estradas 8.1.i.c. Sinalización vertical: materiais, criterios de utilización, instrucción de estradas 8.2.i.c. Sinalización de obras fixas, instruccción de estradas 8.3.i.c. Sinalización de obras móbiles. Balizamento: materiais e criterios e utilización. Sistemas de contención de vehículos.

Grupo III - categoría 069 (oficial servicios técnicos//oficial 1ª mantemento//oficial 1ª oficios varios//oficial de 1ª).

Tema 1. Carpintería: traballos que competan. Ferramentas manuais, máquinas e útiles empregados. Tratamentos de conservación da madeira para uso exterior.

Tema 2. Características dos principais tipos de madeira para carpintería interior. Taboleiros. Acabados de madeira: pintura, vernices e esmaltes.

Tema 3. Física: movemento, movemento uniforme, velocidade, velocidade lineal, velocidade angular e tanxencial. Traballo, concepto e unidades. Forza, concepto e unidades. Enerxía, concepto e unidades. Máquinas simples, panca, polea e parafuso. Presión, concepto e unidades. Calor e temperatura.

Tema 4. Instrumentación: manómetros, tipos. Termómetros, tipos. Termóstatos, tipos. Presóstatos, tipos. Vacuómetros, tipos. Caudalímetros, tipos. Tacómetros, tipos. Convertedores de sinal.

Tema 5. Electricidade, compoñentes e máquinas: constitución da materia. Corrente eléctrica, tensión e intensidade. Conductividade e resistencia. Lei de Ohm. Lei de Joule. Resistencias, díodos, condensadores, transistores, interruptores, tipos, contactores e relés térmicos, interruptores-horarios e reloxos de conexión, lámpadas e aparellos de iluminación. Aparellos de medida. Equipos de medida e rexistro. Máquinas eléctricas rotativas. Máquinas eléctricas estáticas. Planos e esquemas eléctricos: simboloxía. Interpretación. Circuítos electrónicos básicos.

Tema 6. Mecánica básica e aplicada: aparellos de medida e verificación. Realización de bosquexos. Coñecemento de materiais, aplicacións. Máquinas ferramentas. Soldadura: tipos e aplicacións. Oxicorte. Válvulas, tipos e aplicacións. Bombas, tipos e aplicacións.

Tema 7. Fluídrica: conceptos e propiedades dos fluídos, clases. Principio de Arquímedes. Principio de Pascal. Instalacións de G.L.P., regulamento, normas de seguridade. Circuítos de aire e os seus elementos fundamentais: compresoras, válvulas e cilindros.

Tema 8. Instalacións térmicas e frigoríficas; xeradores de auga quente, calefacción e vapor. Combustibles. Intercambiadores de calor. Purgadores. Coñecemento e aplicación dos materiais e elementos utilizados en instalacións de calefacción e auga sanitaria. Cámaras de conservación. Cámaras de conxelación. Aire acondicionado.

Tema 9. Instalacións de lavandería industrial: lavadoras. Centrifugadoras. Pranchadoras: rolo, prancha prensa, manequí. Secadoras. Instalacións de cociña industrial: marmitas. Fritidoras. Peladoras. Fornos. Salamandras.

Tema 10. Seguridade e hixiene: triángulo do fogo. Extintores, tipos e aplicacións. Sinalización. Equipos de protección, individuais e instalacións. Normas de seguridade e hixiene. Métodos orais e manuais de respiración artificial.

Grupo III - categoría 074 (oficial de primeira albanel).

Tema 1. Medicións: unidades e conversións. Cálculo de superficies e volumes de figuras sinxelas. Interpretación de bosquexos e planos: anotacións e escalas.

Tema 2. Materiais de construcción: Granitos, areniscas e calcarias, áridos, aglomerantes, cerámicos, bloques e viguetas prefabricadas de formigón. Características e usos.

Tema 3. Formigón e morteiros: características, tipos e utilidade.

Tema 4. Cantería e albanelería: ferramentas utillaxe. Pequena maquinaria e equipo.

Tema 5. Cimentacións superficiais. Solados e bordos. Apertura de gabias para canalizacións de auga, electricidade e teléfono.

Tema 6. Tabiques: xeneralidades e tipos. Revestimentos: gornecido, enfoscado, enlucido, revocadura e estucado. Alicatado.

Tema 7. A pedra: custo, limpeza, restauración, labra, molduras e acabados.

Tema 8. Muro de cachotería: tipos, construcción e características.

Tema 9. Muro de perpiaño: tipos, construcción e características.

Tema 10. Seguridade e saúde: riscos, proteccións persoais e colectivas nas obras de construcción.

Grupo III - categoría 078 (subgobernante/a).

Tema 1. Materias primas téxtiles. Fibras naturais. Concepto e clases: fibras artificiais ou químicas. Concepto e clases.

Tema 2. Aprovisionamento de lencería. Lencería nos cuartos e no comedor. Constitución cuantitativa e cualitativa do stock. Vales de cambio de roupa. Coidado que hai que seguir no cambio de roupa sucia por limpa. A roupa sucia do cliente.

Tema 3. A lavandería. O lavado de fibras naturais: normas de aplicación para cada clase. O lavado de fibras sintéticas: normas de aplicación para cada clase. O lavado dos tecidos de cor.

Tema 4. Fases do lavado: operación e finalidade de cada unha delas. Ferro. Clasificación de roupa e pasado a máquina.

Tema 5. Neutralización. Concepto e obxectivo. Neutralización de alcalinos e do cloro. O branqueo da roupa, vantaxes e inconvenientes da lixivia e do cloro, aplicación e desinfección, branqueo químico con perborato. Os branqueantes óptimos. Danos.

Tema 6. A limpeza de cuartos e zonas comúns. Pedidos de material ó almacén xeral. Stock de artigos e utensilios de limpeza no office. Coidados que se deben seguir no almacenamento dos productos de limpeza, medidas de precaución cos líquidos inflamables ou tóxicos. Carro de limpeza. Medidas xerais da orde e a limpeza no office.

Tema 7. A camareira de pisos: definición de funcións. Horario, carteleira e quendas de traballo. Numeración dos cuartos. Follas de control. A chave mestra. Limpeza de cuartos: a cama: colchóns, almofadas, cobresomieres, moletóns, sabas, mantas, colchas; clases e preparación. Cuarto de baño: ele

mentos e limpeza. As alfombras. Limpeza de armarios. Terminación da limpeza de cuartos.

Tema 8. Partes de avarías. Bloqueo de cuartos. Preparación e responsabilidade ante un bloqueo. Desbloqueo: definición e formas de realizalo.

Tema 9. Montaxes: concepto e definición. Colocación de mesas e cambio de mantelerías. Repaso do material: pratos, cubertería, cristalería. Repaso e distribución do enxoval: aparadores. Carros e outros utensilios. Supervisión da montaxe.

Tema 10. Formas de servir: servicio empratado, á francesa, á inglesa, con gueridón ou mesa auxiliar. Servicio de mesas e de bebidas. Transporte de manxares ó comedor. Desbrasar mesas.

Grupo III - categoría 084 (oficial primeira calefactor/a).

Tema 1. Conceptos básicos de presión, temperatura, cambios de estado, calor, transmisión. Vapor: tipos.

Tema 2. Combustibles. Características e aplicacións.

Tema 3. Caldeiras. Clasificación. Partes e accesorios. Seguridades. Rendementos.

Tema 4. Producción de auga quente sanitaria. Intercambiadores. Tipos. Funcionamento e control. Proteccións e seguridades.

Tema 5. Combustión. Queimadores. Funcionamento e clasificación. Control da combustión. Chemineas. Contaminación.

Tema 6. Tratamentos da auga: descalcificación, desmineralización, desgasificación, pH.

Tema 7. Conducción de caldeiras e o seu mantemento.

Tema 8. Sistemas de distribución na montaxe de calefacción individual e central. Técnicas que hai que empregar en cada unha delas.

Tema 9. Esixencias regulamentarias de mantemento en instalacións de centrais térmicas, instalacións de combustibles, auga quente e calefacción. Regulamento de aparellos a presión.

Tema 10. Climatización e aire acondicionado. Equipos. Sistemas. Funcionamento e control. Proteccións e seguridades.

Tema 11. Soldadura. Tipos. Técnicas de emprego.

Tema 12. Centrais de esterilización. Fundamentos. Equipos. Controles e seguridades.

Grupo III - categoría 090 (animador/a sociocultural).

Tema 1. A animación sociocultural. Concepto. Ámbitos de intervención. A figura do animador sociocultural. Estilos de A.S.C.: autoritario, permisivo, democrático.

Tema 2. O Plan de Acción Xove 2000-2003: caracteres definitorios da xuventude. Principios rectores.

Obxectivos. Comisión de seguimento do Plan de Acción Xove.

Tema 3. Programas da Dirección Xeral de Xuventude: a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de Verán e a oferta concertada, axudas para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea, Comunícate, Galicianet, Atlántida, Conducción segura, As riquezas do mar, Galica Verde, Espacios Naturais. Obxectivos, servicios ofertados e destinatarios. Carné euro <26. Carné Máis. Carné Internacional de Identidade do Estudiante (ISIC). GO'25 (IYTC). Carné Internacional Teacher (ISTC). Carnés de alberguista expedidos pola REAJ.

Tema 4. Programa de Acción Comunitario Xuventude. Acción 1 A xuventude con Europa. Acción 2. Servicio de Voluntariado Europeo. Acción 3. Iniciativas relativa a xuventude. Acción 4. Accións conxuntas. Acción 5. Medidas de acompañamento. Programa Euroescola.

Tema 5. Equipamentos para a xuventude. As casas da Xuventude: definición e actividades que se desenvolven. As instalacións xuvenís: ámbito de aplicación e clases. Condicións técnicas das instalacións. Procedemento de recoñecemento oficial e potestades da Administración. Dereitos e deberes dos usuarios. A Rede de Albergues Xuvenís de Galicia (RAXG).

Tema 6. Actividades ó aire libre. Tipos de actividades e promotores. Requisitos do persoal técnico dirixente e obrigas. Procedemento de autorización e limitacións. Inspección e asesoramento. Incumprimento das normas. Autorizacións.

Tema 7. Escolas de tempo libre. Regulación. Procedemento de recoñecemento das escolas de tempo libre. Normas sobre o contido dos programas de formación, a avaliación e a expedición de títulos.

Tema 8. Escola Galega de Lecer e Tempo Libre. Obxectivos. Composicións. Funcionamento e reunións. O censo de entidades xuvenís.

Tema 9. O Instituto da Xuventude de España (Injuve): natureza, fins, funcións e estructura. O Consello da Xuventude de Galicia. A Comisión Interdepartamental de Xuventude.

Tema 10. A Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. Obxectivos. O Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia. As oficinas municipais de Información Xuvenil (OMIX). Os puntos de Información Xuvenil (PIX).

Grupo III - categoría 102 (encadernador/a).

Tema 1. A evolución do libro.

Tema 2. A encadernación na Idade Media en España.

Tema 3. As encadernacións renacentistas en España.

Tema 4. As encadernacións barrocas en España.

Tema 5. A encadernación no século XIX en España.

Tema 6. Tipos de papel: características.

Tema 7. O papel e o cartón para encadernación.

Tema 8. Encadernación en pel. Tipos de peles.

Tema 9. Encadernación en rústica.

Tema 10. Encadernación en cartoné.

Tema 11. Encadernación en pergameo.

Tema 12. O serrado dos libros. Tipos de costura.

Tema 13. O dourado a man.

Tema 14. Conservación de libros e revistas.

Tema 15. Restauración de encadernacións.

Grupo III - categoría 105 (mestre/a de música tradicional).

Tema 1. Norma regulamentaria do IGAEM: Lei 4/1989, do 21 de abril (DOG do 9 de maio), pola que se crea o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro (DOG do 25 de xaneiro). Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989.

Tema 2. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do IGAEM: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rei de Viana e a Escola de Altos Estudios Musicais. O Grupo de Música Tradicional do IGAEM e o Centro de Documentación das Artes Escénicas e Musicais de Galicia

Tema 3. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do IGAEM: o seu orzamento. Os seus recursos humanos.

Tema 4. Área teatral. O teatro público e privado. Etapas da producción dun espectáculo. Produccións e coproduccións asociadas ó IGAEM. Área de música e danza pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro. Programa de axudas do IGAEM.

Tema 5. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación. Publicidade de espectáculos.

Tema 6. Aerófonos máis importantes dentro da tradición musical galega: gaita, requinta, ocarina, frauta traveseira e de bico. Historia, características e extensión musical.

Tema 7. Cordófonos máis importantes dentro da tradición musical galega: zanfona e violín. Historia, características e extensión musical.

Tema 8. Membráfonos máis importantes dentro da tradición musical galega: tamboril, bombo, pandeireta e pandeiro. Historia, características e extensión musical.

Tema 9. Definición dos termos tradicional, folclórico e popular no que atinxe ó ambito da música de raíz galega. Principales cancioneiros da música tradicional galega. Autores e momento histórico.

Tema 10. A linguaxe musical. Sipnose. A transcripción da música tradicional: problemas e inconvenientes.

ANEXO VI

Categorías do grupo V que se poden presentar, sempre que posúan a titulación e demais requisitos establecidos na convocatoria ó grupo III por promoción interna:

-Grupo V - categoría 1 (camareiro/a limpador/a e outras):

A gobernante/a e outras (III.4).

A xefe/a de cociña (III.14).

A subgobernante/a (III.78).

-Grupo V - categoría 2 (axudante de traballos e outras):

A xefe/a de servicios técnicos e outras (III.6).

A capataz de obras e outras (III.67).

A oficial 1ª servicios técnicos e outras (III.69).

A oficial 1ª albanel (III.74).

A oficial 1ª calefactor/a (III.84)

-Grupo V - categoría 11 (limpador/a e outras):

A gobernante/a e outras (III.4).

A xefe/a de cociña (III.14).

A subgobernante/a (III.78).

-Grupo V - categoría 12 (peón e outras):

A xefe/a de servicios técnicos e outras (III.6).

A capataz de obras e outras (III.67).

A oficial 1ª servicios técnicos e outras (III.69).

A oficial 1ª albanel (III.74).

A oficial 1ª calefactor/a (III.84).