Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 29 de decembro de 2003 Páx. 16.236

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de subministración.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de contratación:

Subministración, instalación e posta en marcha dun sistema de alimentación ininterrompida-SAI-(expediente 044/2003).

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, ata o 19 de xaneiro de 2004 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, ou a través da Internet, na seguinte dirección : www.sergas.es, ata o 19 de xaneiro de 2004 (incluído). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono: 981 54 64 31.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (Referencias técnicas) e nº 3 (Proposición económica) abriranse o día 28 de xaneiro ás 9.00 horas.

Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2003.

Blanca García Varela

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061