Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 29 de decembro de 2003 Páx. 16.236

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de concurso, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de transporte de sangue, hemoderivados e outras subministracións do Centro de Transfusión de Galicia.

A Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, para lles dar cumprimento ós artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 69 00, fax: 981 59 31 51.

2. Obxecto e orzamento do contrato: servicio de transporte para a recollida e entrega de unidades de sangue, hemoderivados, medicamentos e outras subministracións da actividade do Centro de Transfusión de Galicia. (Nº de expediente 08/2003).

Orzamento primeiro ano de contrato: 300.000 A (IVE incluído).

Orzamento segundo ano de contrato: 300.000 A (IVE incluído).

Duración: 2 anos desde a data da sinatura do contrato.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación do servicio solucións alternativas ás definidas nas condicións técnicas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Fianzas e garantías: provisional ó 2% do orzamento. Garantía definitiva por importe do 4% do valor de adxudicación.

5. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e de condicións técnicas particulares pódense solicitar no Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n,

15706 Santiago de Compostela en días laborables desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

6. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido no punto 2.2º do prego de condicións xurídicas.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de condicións técnicas particulares.

8. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14.00 horas do día 3 de febreiro de 2004.

9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de condicións xurídicas e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada en acto público na sala de xuntas do Centro de Transfusión de Galicia, a partir das 11.00 horas do día 9 de febreiro de 2004.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2003.

Carlos Areal Méndez

Director técnico da Fundación Pública Centro

de Transfusión de Galicia