Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 29 de decembro de 2003 Páx. 16.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2003 pola que se someten a información pública os proxectos sectoriais do Salto de Touro (nº 2) nos concellos de Touro e Vila de Cruces e do Salto de Brandariz (nº 1) nos concellos de Arzúa, Touro e Vila de Cruces, pertencentes ó aproveitamento hidroeléctrico integral da bacía do río Ulla, titularidade de Unión Fenosa Generación, S.A. (Clave 5/244/33).

O 29 de novembro de 2001 o Consello da Xunta acordou aprobar definitivamente como plan sectorial de incidencia supramunicipal o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías Hidrográficas de Galicia Costa que fora declarado, por acordo do 10 de maio de 2001, de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

A sociedade Unión Fenosa Generación, S.A. presentou para a súa tramitación e en desenvolvemento do Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías Hidrográficas de Galicia Costa, os proxectos sectoriais relativos ós aproveitamentos hidroeléctricos no río Ulla denominados Salto de Brandariz (nº 1) e Salto de Touro (nº 2), pertencentes á dita sociedade en virtude das resolucións de Augas de Galicia do 23 de abril de 2001 e do 9 de maio de 2001.

Así pois, de conformidade co procedemento legalmente establecido e en cumprimento do disposto nos artigos 25.3º da mencionada Lei 10/1995 e 13.2º do Decreto 80/2000, sométense a información pública os referidos proxectos sectoriais co fin de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada nos saltos de referencia poida examina-los citados proxectos, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza de Vigo, 2, entresollado, 15706, Santiago de Compostela) podendo presentar, perante a presidencia de Augas de Galicia, as alegacións que se consideren oportunas no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ó da última das publicacións da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ou no xornal La Voz de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia