Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 29 de decembro de 2003 Páx. 16.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da variante aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Sabón-A Grela, entre os apoios 160 e 162, no termo municipal da Coruña. (Expediente IN407A 03/267).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo para efectos de notificacións na avda. de Arteixo 171, 15707 A Coruña; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primero.-Con data do 8 de agosto de 2003, a citada empresa solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto da citada instalación, para o obxecto do presente proxecto é afasta-la liña eléctrica das construccións existentes no contorno do Campus Alto da Zapateira, presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Variante da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica 132 kV. Sabón-A Grela, entre os apoios 160 e 162, no municipio da Coruña, consistente en:

A modificación dos apoios 160 e 161, implantando os novos apoios números 160A, 160B, 161A e 161B. A lonxitude do trazado é de 467 m en apoios metálicos, de celosía, o conductor tipo LA-455 e cablee de fibra óptica OPGW2.. 64F.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública mediante Resolución do 26 de agosto de 2003, publicada no DOG do 8 de agosto, no BOP de A Coruña do 19 de setembro, e na Delegación Provincial de Industria da Coruña.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, de se-lo caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período no que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente ten o informe favorablemente pola Delegación Provincial de Industria da Coruña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 8/2003,

do 18 de xaneiro, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la variante da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV. Sabón-A Grela, entre os apoios nº 160 e nº 162, no termo municipal da Coruña.

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas