Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 29 de decembro de 2003 Páx. 16.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2003, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado do enlace de Pardiñas (autovía AG-56 Santiago de Compostela-Brión), clave AC/99/043.01.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas, do 13 de maio de 2003, aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado do enlace de Pardiñas (autovía AG-56 Santiago de Compostela-Brión). Clave AC/99/043.01.

De acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o devandito proxecto de trazado sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as observacións que crean convenientes relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global do seu trazado.

Estando a exposición ó público para estes efectos no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, na Dirección Xeral de Obras Públicas e nos concellos de Santiago de Compostela e Ames.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2003.

Antonio López Blanco

Subdirector xeral de Estradas