Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a prestación do servicio de conservación e mantemento do céspede do estadio de San Lázaro I e do campo de adestramento San Lázaro II do Concello de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: establécese un tipo de licitación de 4.000 euros/mes, IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración dun ano, coa posibilidade de prórroga por mutuo acordo das partes por outro ano máis.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe homónimo do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 10.00 horas o segundo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde