Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a prestación dos servicios de coordinación e desenvolvemento do programa

municipal de dotación e dinamización dos espacios de lectura e xogo da rede sociocultural do Concello de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: establécese un prezo de licitación de 90.600 euros IVE, incluído.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración dun ano, coa posibilidade de prórroga por outro ano máis.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Clasificación do contratista: son os sinalados no epígrafe homónimo do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación: 1.812 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 10.00 horas o segundo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde