Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do trece de novembro de 2003, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso para a subministración de equipos e sistemas para o cambio do sistema central de procesamento do Servicio de Informática do Concello de Lugo mediante operación de leasing. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipos e sistemas para o cambio no sistema central de procesamento do Servicio de Informática do Concello de Lugo (servidor central cooperativo, sistema xestor de base de datos e subsistema de acceso e servicio a usuarios departamentais, mediante operación de leasing.

b) Prazo de entrega: o prazo máximo de entrega será 3 meses a partir da formalización do contrato administrativo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O prezo máximo do contrato fíxase en 350.000 euros, IVE incluído, non obstante o prezo do contrato será o ofertado polos licitadores nas súas propostas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: rolda da Muralla, 197.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

g) Dirección por internet: www. concellodelugo.org.

6. Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata o día 12-1-2004.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: rolda da Muralla, 197.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: rolda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións, excepto no caso de aviso de presentación de proposicións por correo.

9. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

10. Gastos dos anuncios: 1.416,16 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

11. Data de envío de anuncio ó Diario Oficial de las Comunidade Europeas: 21 de novembro de 2003.

Lugo, 19 de novembro do 2003.

P.D.

Francisco Félix Fernández Liñares

Tenente alcalde delegado da Área de Economía